sábado, agosto 22, 2009

Cebrián saltou sobre a xugular de Zapatero


Moito lle tivo que doer a Juan Luis Cebrián, consellerio delegado do Grupo Prisa, para que saltase como un dobermann sobre Zapatero por aprobar o decreto lei que vai regular a Televisión Dixital Terrestre (TDT) de pago en España. Nun artigo de opinión (Tribuna) que publicou onte El Páis, co título de Un desatino, e nunha entrevista que concedeu á Cadena Ser (pódese ler a transcripción premendo aquí), non aforra ningunha crítica ao goberno socialista e apura ata os límites da legalidade vixente os calificativos que emprega para disentir coa medida tomada.
Partindo da idea de que “a ideoloxía non é ningunha fronteira para a incompetencia” nin para “a corrupción”, Cebrián considera “un abuso gobernamental perpetrado o pasado 13 de agosto cando o Gabinete aprobou por decreto ley a implantación do sistema de pago na Televisisión Dixital Terrestre”. Xa é un pouco raro que tan alto dirixente de El País tardase tantos días en percatarse do suposto abuso, ou que polo menos non se pronunciase tan radicalmente sobre el ata onte, día no que deixou caer que “a sospeita de que a verdadeira urxencia para a aprobación do decreto lei é favorecer os intereses dunha empresa cuxos propietarios están vencellados por lazos de amizade ao poder foi suxerida mesmo polos que aplaudiron a medida”.
Aínda levando a razón en varios dos argumentos que plantexa na súa diatriba, Juan Luis Cebrián deixa ver demasiado claramente por onde lle doen os cadrís. É magoa que non se manifestase tan radicalmente sobre outros temas igual de importantes para a sociedade española e pode resultar algo inquietante que empregue tanta contundencia democrática para analizar un tema sobre o que, por razóns inherentes ao alto cargo que desempeña no Grupo Prisa, mesmo pode carecer da máis mínima independencia. Quen non criticou nunca con tanta xenreira a ningún goberno español, pode resultar chocante ver como agora arremete contra o de Rodríguez Zapatero por tomar unha medida que afecta á empresa que o crítico dirixe.
En fin, que a televisión é o que ten. Que segue quentando os ánimos dos gobernantes e dos poderes fácticos. Xornalistas-empresarios incluídos.

16 comentarios:

O Sultán Pampo dijo...

I eu que creía naquelo de que o can non come carne de can... Pois non. O país -que para os vellos progretas de chalé, cátedra e trienios coincide co El País- anda do máis caníbal nos últimos tempos. Será que lle falta o plus de beneficio dalgún canal de pago coma o que lle regalou irregularmente Felipe de mi vida hai non sei cantos anos. Será que Zapatero mudou de moza vista a inminente creba de Prisa. Será unha rosa, será un caravel. Ai, eses amores traicioados. Son os peores.

Anónimo dijo...

Cando hai cartos polo medio exaltanse as mais fondas conviccións democráticas. Unha mostra do que podemos fiarnos dos productores de opinión e entretenimento.

Anónimo dijo...

Como era o País cando vostede estaba nel?

Anónimo dijo...

Que relación personal tiña vostede co señor Cebrián?
(Engado)

Viriato dijo...

Que ambiente se respiraba naquela redacción nos seus tempos, Perfecto? Había bo rollo? Quen mandaba realmente? Cebrián era un tipo accesible ou distante? Que papel xogaba Ernesto Ekaizer? E Arsenio Escolar? E Martín Prieto?

Anónimo dijo...

Gozaba vostede autonomía dentro do País?

Anónimo dijo...

Cebrián é de esquerdas?

Pistaria dijo...

Que relación terá hoxe Cebrián con González?

Anónimo dijo...

E que pensará González do que dixo Cebrián?

Anónimo dijo...

Como vai a edición galega de El País?

Anónimo dijo...

Alguén ten lume?

Fumeta dijo...

Claro!

Anónimo dijo...

Ah, cando o tema é serio, andamos de cachondeo.
Se o Grupo PRISA NOSTRA pía pola biqueira do académico Cebrián, amosando un malestar de fondo que vai traer todo tipo de lixo e algazo ás praias de Rodríguez Zapatero, a mensaxe está clara:
para "servizos públicos de pago", aquí estamos nós, o apoio mediático de calquer goberno central ou autonómico, de valía profesional probada.
A situación bursátil de PRISA, as débedas a curto prazo xa renegociadas, o fracaso de varios negocietes dixitais, a crise na que vive a prensa escrita..., explicarían o estado de axitación que aniña na comandancia do grupo.
PRISA quere o seu, quere trincar cacho e estar en todas as merendas.
Claro, un tipo como Zapatero, que saca en pleno requemón de agosto esta medida, non é de fiar nen un pelo...

Anónimo dijo...

http://www.elpais.com/articulo/Pantallas/Dudas/elpepirtv/20090814elpepirtv_1/Tes

Pódese dicir máis alto, pero non máis claro.

Anónimo dijo...

Primeiro coma un bo vampiro chuchou da xugular todo o que puido; agora que xa estiñou querea morder...veña home...

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,