viernes, julio 13, 2007

Baltarín recasou na Mezquita


Hai xente que non casa nunca. Parte dos curas, por exemplo. E outros que repiten casamento. Xosé Manuel Baltar Blanco, vicesecretario do Parlamento de Galicia, o célebre Baltarín, sucesor in pectore do seu pai Xosé Luís Baltar na ponte de mando da barca de pedra que é a provincia de Ourense, acaba celebrar o seu segundo matrimonio, contraído agora con María Xosé Caldelas, “unha profesional da preparación de eventos”, segundo a define o cronista social do xornal La Región, Moncho Conde Corbal (fillo dun sonado cirurxián ourensán xa falecido e sobriño do gran pintor Xosé Conde Corbal), que asistíu á boda e autor que acabo de de descubrir por recomendación da miña amiga Maribel Outeiriño.
Aló polas terras de Felipe Fernández Armesto, Augusto Assía, e de Luís González Seara, pola Mezquita, vaia, tivo lugar a boda que reuníu a unha parte importante do actual gotha ourensán, poderes político e económico incluídos. Entre os convidados, Xosé Cuíña, por exemplo, para que non se diga que xa non se leva ben co clan Baltar. E, polo visto, moita e preocupante repetición de vestidos entre as convidadas. “Dúas con vestidos comprados en Zara, e outras dúas con roupa de Antonio Pernas, como non ían coincidir?”, sóplame na orella unha comadre das Burgas.
En fin, que Baltarín casou con aquela moza que un bo día meteu da súa man na política logrando que ata chegara a deputada. Pódese dicir del que non coloca mal as súas mulleres. A anterior, Olga Mojón, coa que é pai dunha filla, agora é directora do Teatro Principal de Ourense.

4 comentarios:

adaxe dijo...

O que vende no seu blog é a “alta política”, e non o mundo rosa, en contra do que poidera imaxinar vostede. O pior é que ninguén se podería imaxinar que o Perfecto Conde, o roxo -á vexez viruelas- tería a ben convertir no seu xénero xornalístico favorito, a crónica rosa.

¿É son os baltarines parte da alta política, amigo pluscuanperfecto?

Anónimo dijo...

En galego voda é con "v".
De nada.

Anónimo dijo...

Baltar.....Colócanos a "toos".......

Anónimo dijo...

Visit www.theclothing.net to buy Tanks, Bridesmaid, Mary L Couture, Clogs, Basix, Wraps, T Necks, eDressMe Private Collection, Persaman, Bootcut Jeans, Nightwear, Sherri Hill, Cleaners, Cardigans, Flip Flops, Shoulder Bags, Ema Savahl on sale designed by WkShP Clothing, Decades Denim, Dar-Ti, Pelle Moda, Fortune Favors the Brave, eDressMe Private Label, Bec & Bridge - always on sale!