miércoles, julio 25, 2007

O BNG cebra



Que os do BNG son xente que anda á moda e algo evidente. Da maneira de vestir, sempre elegante, orixinal e rechamante de Beiras os que agora agarran a tixola polo mango e o mango tamén van máis de Zara, pero tamén se ve que coidan moito o seu loock. Non hai máis que ver a Quintana que ata se quixo diferenciar no do Audi, e elixíu de coche oficial o estilizado C6 co que a marca Citröen sucedeu o histórico tiburón, un coche que lle gustaba moito ao meu amigo Alexandro Finisterre, o inventor do futbolín.
Na manifa do 25 de xullo –xa case ninguén di Día da Patria–, como acostuma pasarlles a algunhas mulleres nas bodas, iso de ir á última moda fixo que coincidiran na vestimenta varios persoeiros. A camisa a raias disparatadamente grosas que levaba Quintana parecía que se clonaba nas que vestían o conselleiro de Industria, Fernando Blanco, e o delegado provincial na Coruña deste departamento, Xosé Luís Barcia. Se non fora porque xa case todos tiramos as fotos con enfoque automático, aínda lles íamos agradecer este estilo cebra de poñer a camisa. Sempre nos podía servir para facilitarnos a toma de foco aos que imos perdendo a vista.
Esta tendencia víuse tan marcada hoxe que ata Xurxo Lobato, que agora parece reconvertido en fotógrafo de cámara dos nacionalistas, tamén levaba unha camisa a raias que, se non fora pola verticalidade do estampado, podía parecer que lla comprara a un deses dous presos que se fugaron do cárcere de Ourense. Anda que, se caeran no chan os que levaban estas camisas, a xente ía pasar por riba deles pensando que eran o paso de cebra.
A min todo isto, que queren que lles diga? Pois que boto de menos a Beiras mostrando a súa fogosidade coa súa roupa e os seus sombreiros brancos coma os vestidos de María Kodama e caribeños coma os sacos de García Márquez. Po certo, o señorito da Reboraina volveu a tirar da pancarta este ano dende a Alameda á praza da Quintana e, como non?, vestido á súa maneira. A el non lle fai falta estilista. Chégalle con Aurichu.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Beiras é Beiras e Quintana por mais que lle escriban os discursos, o vistan ben ghuapo e lle cronometren os tempos para os seus movementos nunca vai ser máis que un oportunista tipo Zapatero. Baleiro de todo contido e sen caracter.

Anónimo dijo...

Mo bo iso de BNG cebra. Ou BNG raiado. Carallo, polas fotos, a manifa parecía a boda de Baltarín.

Anónimo dijo...

Vostede equivócase. Lobato non é o fotógrafo de cámara dos nacionalistas. Só o é de Antón Losada e de Quin. Anda a ver se se coloca con Jacinto Rey.

Anónimo dijo...

Quen cona é o señorito da Reboraina? Sodes todos unha panda de entrópicos que andades a falar en clave como se forades membros dalgunha masonería de pacotilla.

Anónimo dijo...

Fódase pa, Perfecto Conde! Por que non te metes coa túa amiga Lola Villarino que se lle víu a pluma facendo de víuva dos bispos e comadre dos milicos na célebre Ofrenda? Polo que se ve, a ti o que che vai é mallar nos do Bloque, pero os do PSOE e os do PP déixalos en paz. Non será algo freudiano?

Anónimo dijo...

Sr Conde, está vostede no bo camiño. Se esta xentiña se alporiza e que vai ben...

Anónimo dijo...

A Beiras hai que roelo, póñanse como se poñan Paco Rodríguez, Quintana, Antón Losada e algún máis, mesmo Camilo Nogueira.