miércoles, mayo 28, 2008

Ferrín e Fierros, dous dos mellores


Xosé Luís Méndez Ferrín acaba de ser bendecido pola cultura oficial galega. Tempo era. Concedéronlle o Premio Nacional de Literatura ao autor vivo de máis valía. Hai poucos días, Francisco Fernández del Riego dicíame que “as letras galegas non teñen aínda a ninguén que supere a Ferrín, a pesar de que agora se prodigan todo tipo de libros e de escritores”. Ferrín é moito máis ca un escritor, pois tamén é un político de raiceiras ben presas na terra, pero fundamentalmente é o autor que anovou e dignificou a literatura galega máis ca ninguén.
Outro galardonado é o catedrático da USC Francisco Díaz Fierros, ao que se lle acaba de conceder o Premio Nacional de Pensamento e Cultura Científica pola súa “capacidade para colocar na axenda da cultura galega a cultura científica”. Fierros, ademais, é un digno continuador de Otero Pedrayo na interpretación da paisaxe e a xeografía do país e un magnífico conciliador do ecoloxismo e o desenvolvemento sostíbel.
Esta vez acertaron plenamente os distribuidores dos premios nacionais galegos.

8 comentarios:

Luisfoz dijo...

Bem merecidos ambos e polo que nos toca já vês: um amigo e um meio paisano.

Anónimo dijo...

Luís:
No meu caso coido que se trata de dous amigos. E, logo, ademais, dun paisano.
Perfecto Conde

Anónimo dijo...

Por sorte para Díaz-Fierros só se valorou a súa traxectoria científica e non as súas componendas. ¿Alguén sabe cómo entrou a súa filla no posto no que entrou e se por casualidade esa praza foi recurrida?

¿Ou se Díaz-Fierros ten algo que ver cos sucesivos despidos improcedentes ocurridos na casa da que é vicepresidente e membro da Comisión Executiva?

Jorge Guitián dijo...

Por alusións:

Eu son quen recurríu esa convocatoria de prazas do Consello da Cultura Galega. Como son un dos que foron obxecto de despido improcedente e cesión ilegal de traballadores polo CCG, segundo sentenza do sala Nº2 do social de Santiago e do TSXG. Non o único, lamentablemente. Nin o único con sentenza a favor.

Pero, do mesmo xeito que entendo que como Vicepresidente da Institución o señor Díaz-Fierros tivo que ser parte (por acción ou por omisión) nesas lamentables situacións laborais, e que mentres o TSXG non resolva o meu recurso prefiro non facer comentarios ó respecto, teño que dicir que a traxectoria científica de Díaz-Fierros, que entre outras cousas foi discípulo do meu avó, o profesor Francisco Guitián (e non digo isto por engadirlle méritos, senón por deixar claro que coñezo o seu traballo desde sempre), está fora de toda dúbida.

Lamento que a estas alturas un home da súa talla intelectual se vexa inmerso en tan deplorables asuntos, pero unha cousa non quita a outra.

Así que á marxe das miñas antipatías persoais, que son evidentes neste caso cara a quen é Vicepresidente da institución que me deixou no paro do xeito ilegal que esta o fixo, quero deixar constancia do meu respeto cara o seu traballo científico.

Aínda que só sexa para que ninguén teña a tentación (como xa lle pasou a algún) de adxudicarme o comentario anónimo que hai máis arriba.

Jorge Guitián.

Anónimo dijo...

Jpder, aquí tiran con balas que non son de posta. E a min cóllenme no medio porque son amigo de Díaz Fierros, e pasiano, pero tamén amigo dalgúns dos que levan o apelido Guitián e respecto, ademais, a figura do profesor Francisco Guitián en todo o que que ten de rescpectábel, que non se preciso que diga eu que ten moito de respectábel.
O que me colle un pouco de lado é esa polémica que parece haber spbre este asunto. De calquera xeito, poden estar seguros os dun lado e os do outro que se queren servirse deste pequeno medio de expresión para expoñer as súas posicicións serán todos ben recibidos e eu non lles servirei máis ca de ponto de encontro posíbel entre eles.
Ou é que alguén agarda de min outro papel? Estaría equivocado.
Perfecto Conde

Jorge Guitián dijo...

Gracias pola oferta, pero pola miña banda o tema deu de si o que tiña que dar.

Únicamente quixen deixar o meu comentario asinado porque comezaban correr os email adxudicándome o anónimo.

Teña vostede por seguro que o día que pretenda acusar a alguén neste blog o farei co meu nome e apelidos por diante, do mesmo xeito que hoxe quixen deixar clara a miña postura e evitar máis equívocos.

Mágoa, en calquera caso,que Díaz-Fierros a estas alturas da película se vexa pringado nestes asuntos. E mágoa tamén que en canto alguén ten a pouca valentía de tirar a pedra e esconder a man me carguen a min co morto, cando fun dos poucos, ata o momento, que cando tivo queixa fixo o que tiña que facer, pero sen agocharse.

En fin, como dicía, deamos por pechado o asunto. Salvo que alguén quixera máis datos, claro, que aí están para quen os precise.

De novo o meu agradecemento.

Jorge Guitián.

Eloy dijo...

Coincido en lo declarado por Jorge, salvo en el apartado de méritos del Sr Fierros. ¿Alguien se ha parado a comprobar la relación con el Consello de los 15 miembros del jurado? Salvo María Bouzas, todos los demás mantienen o mantuvieron hasta hace poco una estrecha relación con el Consello y por lo tanto con el señor Fierros. Eso, a mi entender, resta mucha credibilidad a ese premio. Por cierto, puedo corroborar todos y cada uno de los aspectos legales que menciona Jorge en su respuesta. Mi nombre: J. Eloy González, y también tengo sentencias favorables tanto en primera instancia como en el TSXG. Gracias

Anónimo dijo...

yeezy shoes
bapesta
moncler
kyrie 6
jordan 11
supreme new york
golden goose sneakers
off white
supreme t shirt
ggdb