miércoles, mayo 21, 2008

A Filesa de Touriño

Pinta mal este asunto da suposta axente electoral do PSdeG-PSOE. A súa compare-
cencia esta mañá no Parlamento de Galicia, no que respondeu con voz segura de si mesma e a desenvoltura propia dos que non parecen terlle medo á verdade, pon enriba da mesa o que vai camiño de converterse na pequena Filesa do goberno de Emilio Pérez Touriño.
María Isabel Blanco, de tratarse dunha impostora, sería, dende logo, unha intérprete digna de ser contratada inmediatamente polo Centro Dramático Galego para ver se así despertaba este trebello insitucional que pouco fai máis que comerlle cartos ao contribuínte. O seu labor, pagado por parte do PSdeG con diñeiro procedente das arcas públicas galegas, como acaba de apresurarse a dicir o PP nun comunicado, ficou hoxe máis esclarecido que nunca e nin sequera o terceiro grado a que quixo sometela, con técnicas do mellor interrogatorio policial, o voceiro socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, conseguíu evitar que esta moza se pareza cada vez máis a aquel chileno que puxo barriga enriba o que rematou sendo o famoso escándalo Filesa. Non sei que teñen estes “latinochés” que sempre acaban poñendo en apretos ao PSOE.
Confirmou que foi contratada polo actual alcalde de Muxía, Félix Porto, do que recibíu diñeiro para exercer de axente electoral na Arxentina. Que traballou nun sindicato afín aos socialistas, que pagou a súa nómina cunha subvención otorgada pola Consellería de Traballo. Que a deputada Marisol Soneira lle xestionou os billetes para viaxar a Buenos Aires, pagados pola Secretaría Xeral de Emigración, e que esa viaxe non foi precisamente para visitar a súa irmá pola sinxela razón de que a súa irmá estaba en Galicia cando ela viaxou. Por non calarse, ata contou que está recibindo ameazas procedentes de varias persoas relacionadas co PSOE, entre eles, Evaristo Oroña, número dous dos socialistas españois en Arxentina.
Segundo a versión que hoxe prestou no Parlamento, foi casa por casa pedindo o voto para Félix Porto, función na que tampouco se mostrou moi eficaz pois este candidato só obtivo 38 votos favorábeis en Arxentina. E tamén contou que ela lle prestou servizos electorais ao propio Emilio Pérez Touriño, para o que dixo que chamou por teléfono, dende o Grupo Parlamentario Socialista, pedíndolle aos seus coñecidos arxentinos que votasen polo actual presidente da Xunta.
Antonio Rodríguez Miranda, voceiro do PP na Comisión de Investigación que está tratando de clarexar este asunto, foi lapidario: “É un escándalo do que pediremos explicacións no seu momento”. Cando será ese momento?

11 comentarios:

Anónimo dijo...

Pero como é que ninguén do Bloque ou do PSOE lle fai calar a este renegado?

Anónimo dijo...

O anónimo último ten que clarexar inmediatamente que o seu comentario é unha coña. ¿Mandar calar a don Perefeuto?. Nin a don Perfeuto nin a ninguén. ¿Renegado? O único que fai e criticar os que cree que o fan mal. Si ten argumentos, póñaos sobor da mesa. Si noné así, deixe falar a don Perfeuto, que faino ben.

Anónimo dijo...

De coña, nada de nada. Riende rien! E o lambellocú de don Perfeuto que me contestou, que vaia rascala.

Anónimo dijo...

¿Considera o primeiro anónimo que o Bloque ou o PSOE deberían ter autoridade para pechar o blog de Perfecto Conde?.
Se así fora, non quero vivir na sociedade que poda ter na cabeza, se ten cabeza.
O señor Conde está transparentando (na medida das súas posibilidades, que son moi poucas) a acción do Goberno. Esa é unha das primeiras obrigas do bo xornalista.
¡Para que debater obviedades!

Anónimo dijo...

Boas tardes a todos.

(Don Perfeuto, acabo de recibir o seu regalo. Deus llo pague. Pensei que xa non me quedaba amigo ningún, pero vexo que algún aínda teño... Cen mil apertas, irmán! Como di un coñecido catedrático (agora xubilado) da USC, será a miña lectura desta noite. E no meu caso, ademais, será verdade. Grazas polo seu afecto e por todo o seu talento)

Almiral Mouchez

Anónimo dijo...

Tranquil, Jordi, tranquil! Refírome aos catro primeiros anónimos. Cónstame que non hai ninguén no PSOE nin no Bloque con intención de pechar o meu blog. E, aínda que se lle ocorrira tamaña desvergonza a calquera, felizmente non poderían facelo.
E, se o fixesen, eu facería como fan as anduriñas libres. Erguer o vó do tellado do que me botaran e pousarme nunha eira que me fose propicia. Non é tan doado poñerlle portas ao campo. Ou engánome?

Anónimo dijo...

A súa entrevista a Don Paco del Riego, Señor Perfeuto, é naturalmente insuperable.

Parabéns.

Almiral Mouchez

P.D. É interesante esa apreciación que el fai sobre a literatura galega actual, dicindo que despois de Ferrín non atopa narradores de importancia. Creo que é un aserto sobre o que habería que reflexionar. Sobre todo, vindo de onde vén.

Saúdos a todos.

Anónimo dijo...

(Perdón, son eu facendo prácticas. É que quero ver se consigo que saia arriba o seudónimo)

Perdón por dar a lata, xa marcho...

Almiral Mouchez

adaxe dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

A o que me chamou "lambellocú" de don Perfeuto decirlle que rascar a rasco, pero cando me cadra e no cando me o menda facer un allatolah de mercd (Lembra vostede: "allatolah, allatolah, non me toquela pirola"). Vostede en un fascista do carallo que manda calar o que analiza e non engade ningún argumento ao debate.
Don Perfeuto, di vostede moi ben, sempre terá un ponla na miña casa para dicir pio pio e mais pio, ainda que a algúns non lle goste o seu piar.

Anónimo dijo...

A ver, imos co tema.
O uso e disfrute dos recursos da administración pública é algo tan, tan, tan extendido entre os partidos políticos e o grupo que xeran desde o seu interior para se beneficiar, que resultan raro que alguén se sorprenda.
Entendan-me.
O número de asesores, ou sexa, persoas que poden ou non ter recoñecida capacidade en algo e que son contratados con sueldazos diretamente, sen concurso, sen proba algunha, para informar ou subministrar argumentos aos políticos no poder, o número de asesores medra con cada goberno, e o que hoxe soportamos en Galiza non mudou o costume.
O número de colocados e colocadas, non bo senso da palabra, como esta boa señora de hoxe, medra pero dun xeito novidoso: dou-che un chollo vía Consellería de Traballo ao que non vas na vida, mais pasas a adicarte a cuestións do partido, tal é carretar votos da emigración ao peto do PSOE (por certo, ónde anda o embaixador aquel que era profe na canteira máis grande cargos públicos do Governo Progresado Galego que temos enrriba? Onde a chica aquela, ex-concelleira de Vigo, amante nai de Llerena, que cobra un Potosí en Bos Aires?).
Entre asesores e contratados con cargo ao erario público, a suma de pasta pública mal empregada é de tal magnitude que un maquineto de sumar ten dificultades para mostrar todos os ceros correspondentes.
Antes, con Manolo Fraga acontecía algo semellante; agora, cos progresistas progresados con dente afiado nos cantos das mesas de restoráns de cinco, 5, garfos, tamén.