martes, mayo 27, 2008

Necionalismos


Vou ter que rezar unha penitencia. Hai máis de seis meses, López, o meu humorista de cabeceira, mandoume unha viñeta que eu non souben valorar no que valía. É a que agora reproduzo aquí enriba. Onte, no xornal ABC, o xenial Mingote publicou a que aparece debaixo da de López. Xúrolles que é unha auténtica coincidencia, pero ten graza o conto pois nin Mingote puido inspirarse en López –só eu tiña a viñeta– nin López inventou a coincidencia –o seu debuxo leva no meu ordenador dende hai preto de medio ano–.
Lamento que eu non fose máis espabilado e non me dera conta antes de que a viñeta de Lopez é xenial. Ou que a miña pregiza me impedira aproveitar o debuxo dos “necionalismos”. I’m sorry, López! Congratulations, Mingote!

1 comentario:

Anónimo dijo...

É certo que o xogo de palabras para estes chistes é o mesmo, pero, teño para min, que están feitos desde ópticas totalmente opostas, o de Mingote desde o nacionalismo central ou español e o de López desde o nacionalismo periférico. Non sei.