Nin que fose o banquete da súa boda. Ou polo menos unha despedida de solteira. A conselleira de Cultura convidou no hotel Presidente da Habana con 400 “mojitos”, 90 refrescos, 160 buffets e 168 merendas. Todo por un importe, propina incluída, de 1.626 dólares que non saíron do seu peto particular senón dos fondos públicos da Consellería que goberna. Se fose Fraga o que convidase, a que lle armarían os do Bloque.
Tal gasto foi ocasionado durante a estancia en Cuba da ambaixada composta por case trescentos escritores, inteletuais, artistas, políticos e algún que outro enchufado que viaxaron ao Caribe co gallo de celebrar na Habana a Feira Internacional do Libro. Apúntome para que me conviden a min tamén na próxima e, a ser posible, que incluán no fort-fait algunha visitiña pola noite ao Tropicana con botellas de Havana 15 e Cohibas Siglo VI.
13 comentarios:
Atención ó dato: actúa como representante da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural Nancy Pérez Rey, ex bolseira do Arquivo da Emigración de Galicia, ex bolseira do departamento de Historia Contemporánea da USC e vencellada laboralmente a ese departamento.
¿En calidade de qué actúa en representazón da D.X.? ¿En calidade de qué estaba en Cuba coa delegación galega?
Non sei quen será esa bolseira afortunada que seguramente tomou varios mojitos por conta dos contribuíntes,pero teño claro que eu tamén quero que me apunten na lista de convidados da próxima cuchipanda. Pero a min que non me poñan Havana 15. Se é posible, que o camarada Chávez mande unhas botelliñas de Santa Isabel Gran Reserva e os meu puros que sexan de Cohiba, pero non Siglo IV, coma os que pide o Conde, senón un bo Robusto, por exemplo, coma os que fumaba Fidel. Son muller, pero non idiota e tamén quero que me toque algo das prebendas que reparte Ánxela Bugallo.
Que non é Santa Isabel, analfabestia, que é Santa Teresa. E non é Siglo IV, que é Siglo VI. Estas mulleres dadas á bebida!
Excuse-me, please! En que estaría pensando? Nos mojitos seguramente.
Nancy é a muller de Pablo Milanés. Non sei máis.
Em todas os departamentos nom só da Junta mas de qualquer administraçom, existe crédito reservado para este tipo de despesas (despesas protocolares). E nom raro alcançam cifras superiores.
Facturas assi som pagadas em qualquer direcçom geral da Junta, nom só para fazer relacionamentos culturais beneficiosos para o povo galego, como foi por ocasiom da participaçom galega na Feira do Livro da Havana.
Este post parece esquecer isso, quando fala de que se Fraga tivesse feito um gasto similar a ver que teria feito o BNG. Suponho que o autor nom é tam ignorante como para nom saber que Fraga também dispunha de dinheiro nos orçamentos públicos para gastos similares, e que os gastava.
Quem veja nisto algo reprovável só poderá ser por oportunismo, má fé ou ignoráncia. Ou talvez por sede de mojitos.
Home, un protocolo de 400 mojitos éche moito protocolo de deus.
Éste é o meu Perfecto!
Agora ben, gastos fáciles a costa do erario público hai en máis sitios da administración. Por exemplo, Touriño tamén oferta viño e canapé (metan un na boca e falen de "País", verán qué ben pronuncian) o Vice, seguro, tamén, e a Dirección Xeral de Emigración edita uns libros a todo luxo que deben costar un pastón.
Entre mojito de Nazón e viño sen Estatuto de Nazón, a administración pública tira cartos, tira moitos cartos, mais, segundo a opinión do compañeiro que escrebe en idioma luso, isto venche sendo o famoso "chocolate do loro". O loro, claro, está rufo que te cagas.
O Poder é o que ten, que gastas pensando e sabendo que os cartos non son teus e como, total, vas estar catro aniños na poltrona antes de brincar a outra do tipo Portos de Galicia, pois tiras de carteira e que apande o que veña detrás.
carallo, perfe, indo como iban 175 tipos ou así, non chuparon máis de dous por barba, ou?
en cáterin non andas moi posto
O anterior debe ser un dos que chupan do bote. Sabe moito de "caterinadas".
1) Será o primeiro goberno que consegue que 1200 dólares sirvan de catering para 170 persoas. Se non boto mal a conta, saíu o servizo de catering a 7 €. A min non me parece moito.
2) Como se observará, nesa factura non hai viño. Quizais se puxesen rioja, a pailarocada galega estarían máis contentos... Pero cantos riojas beben 170 persoas? Só dous por barba? Estaría ben botar as contas e non a lingua a pacer...
1200 €, quería dicir
off white outlet
kd 15
bape outlet
Publicar un comentario