lunes, mayo 26, 2008

Imagenio imaxinado

–Ring! Ring!
–Diga.
–É vostede Perfecto Conde Murais?
–Non, son Perfecto Conde Muruais.
–Bueno, iso.
–Dígame o que quere.
–Son instalador de Imagenio de Telefónica, e chamo para averiguar cando vai estar na casa para ir poñerllo.
–Imagenio? Que Imagenio?
–Vostede o saberá, que foi o que o contratou.
–Eu non contratei ningún Imagenio.
Pasaban cinco minutos das dez da mañá de hoxe cando tiven que manter esta conversación telefónica, se é que se lle pode chamar conversación porque telefónica sí que a era porque procedía dun empregado ou subcontratado desta compañía. Namais colgar, marquei o 1004 e preguntei que era o que pasaba. Pedíronme o DNI e sentenciaron:
–Mandámoslle un instalador de Imagenio porque vostede contratou este servizo noso.
–Onde consta iso e quen introducíu eses datos?
–Na nosa base de datos, e pediríao vostede.
–Eu nunca pedín nada de Imagenio. Nin sequera sabía que estivese disponíbel para a miña liña. E agora que?
–Pois dámolo de baixa, se non o quere.
–Fágano inmediatamente e coiden de non cargar nada na miña conta.
Agora terei que mirar con lupa os recibos do Banco. Curioso sistema este de Telefónica para engrosar a carteira de clientes.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Está vilmente atrapado na arañeira de Telefonica (sen til), don Perfeuto. Vaille ser moi difícil saír dela. Calcule que vai ter que investir en desfacer o entorto máis de trinta horas de tempo e máis de tres mil quilos de mala hostia.

Anónimo dijo...

Grazas polo aviso, Don Perfeuto...!!!

Almiral Mouchez

Anónimo dijo...

Entrou Zaplana en Telefónica e xa temos os problemas. E os que teremos no futuro.
Calquera día destos vende esta multinacional a China e se nos vai para Miami como fixo o Vallalonga o amigo de pupitre do xenocida de bigote.Son como nenos voraces.