viernes, mayo 09, 2008

A sobriña espida de Rouco Varela


Con algo de retraso, acabei lendo –sobre todo mirando– a historia de Magdalena Rouco Hernández, sobriña do cardeal Antonio María Rouco Varela, arcebispo de Madrid e presidente da Conferencia Episcopal, e curmá de Alfonso Carrasco Rouco, bispo de Lugo. O que se di toda unha familia cristiana a desta xente de Vilalba que, a falta dun conde Lucanor calquera, acaban de sumar á súa árbore xenealóxica unha desnudista que mostra os seus peitos caídos nas páxinas de Interviú. Válianos Deus Noso Señor, que dirá o Papa!
Frivolidades aparte, a verdade é que o caso dá que pensar. Conta Magdalena que o seu importantísimo tío non para de repetir que “a familia é sagrada, e hai que respectala, pero logo el despreza e abandona a súa”. Considera que a través do seu tío descubríu “a hipocresía da Igrexa, que predica unha cousa e fai a contraria”. Pon de exemplo o comportamento do cardeal Rouco cando morreu o seu irmán Xosé Euxenio Rouco Varela, pai de Magdalena. O arcebispo nin lle foi ao enterro nin lle deu o pésame á víuva, que é cuñada súa.
Hai dous meses a sobriña de Rouco, acuciada polos problemas domésticos, chamouno para pedirlle axuda, aconsellada polo bispo de Lugo, curmán seu e sobriño tamén do cardeal. O home de Magdalena perdeu o traballo que facía nunha empresa de catering que presta servizos ao Bispado de La Laguna (Canarias). Ademais, un irman seu, sobriño tamén polo tanto de Rouco, é toxicómano e está cumprindo condea por roubo. Onde pode ir un buscar axuda se non é na familia? No Arcebispado de Madrid pasáronlle a chamada e a escena transcorreu así, segundo conta Magdalena en Interviú: “Só me deu tempo a dicirlle: ‘Tío…’ E el contestou: ‘Adiós!’”. Volveu a chamar, e a secretaria díxolle: “Laméntoo moito, pero dixo que non ten nada que falar contigo”. Todo un comportamento digno da mellor familia cristiana.
Só hai unha cousa que non me gusta de Magdalena. En realidade son dúas porque os seus peitos tampouco me gustan. É que diga que non se espíu por diñeiro. Muller, se os cartos tampouco son tan malos. Sobre todo para os que non os temos. En cambio, encantoume que diga que espíndose ela tamén deixa en bolas a Rouco Varela. Mesmo diría eu que a quen se lle ve todo agora é ao cardeal-arcebispo de Madrid.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois... ¿que quere que lle diga? Atopo ben máis interesante esta foto que a do vice.

Se cadra é que vou vello.

Saúdos, e non se alporice que os mares da rede sonlle así: voan as labazadas de todas as partes. Xa se ve que na rede perfectos, perfectos... nin vostede.

Anónimo dijo...

(Por certo, esquencíame: eu sonlle votante do BNG. Gústame Quintana, pero insisto en que prefiro á sobriña do Rouco, aínda que as teña caídas. Con gusto axudaria eu a erguerllas ben).

Anónimo dijo...

Señor Conde: Machadas debería vostede facer e dicir as xustas. Nin unha máis. A de hoxe sobre as tetas sobriñanzas de Rouco Varela pase, pero non se deixe levar en exceso pola súa antencedencia "interviuval".

Anónimo dijo...

Boas tardes a todos, meus queridos amigos...!!!

Están por aquí MarcialG e os camaradas todos...?

Que tal anda vostede, meu querido Don Perfeuto?

Temos que facer un congreso...!!!

PERO IMOS Á CUESTIÓN:

Ultimamente teño que saír tanto en defensa de Rouco Varela (de familia moi levada coa miña, si señor, para xa ven vostedes o que eu lle debo...) que xa me empezo a preocupar de maneira seria.

Pero neste caso tampouco podo evitalo, porque nada do que se está a dicir é verdade.

Miren vostedes, esa rapaza, á que eu non recordo, pero creo que si ao seu pai, non di a verdade. E crean que non me gusta citar, baixo un seudónimo, a persoaas que non se poden defender.

Mais o certo é que a cuestión nin sequera se parece ao que se está a dicir. Rouco fixo, no seu día, ben. Eu, no seu caso, tería feito exactamente o mesmo.

Miren: O hoxe cardeal tiña e ten unha irmá, Visita, un tanto raiante pero boa muller. Grazas a Deus aínda lle vive. Ela, Visitación, quedou moi nova viúva e con catro nenos. Nunha situación económica dificilísima. Permítanme obviar os detalles.

Cando os seus pais -aos que ela coidara- morreron, Tucho estaba en Alemaña. Xa se ordenara sacerdote, e era un profesor novo.

Acordaron partir o capital, e el díxolles: Mirade, eu son sacerdote, e para min non quero nada. Amañade vós a vosa maneira. Pero a casa deixádella a Visita, que está aí cos nenos, e foi quen coidou a papá e mamá.

E os seus irmáns, incluído o pai desta pajarita do Interviú, dixeron que diso nada, que todos tiñan fillos, e que a cada un o seu.

Fíxense vostedes que incluso chegaron a provocar que a casa na que Visita estaba cos fillos saíse a subasta..!

E Rouco, que non tiña os cartos pero que os buscou (isto non o sabe case ninguén, agora sábeno vostedes), pediu os cartos onde puido.

Dise que llos deixou quen hoxe é un importante coengo en Santiago. Falso.

Eu creo que foi un dos poucos galegos dos que se sabe que non quixo ser bispo, poeta extraordinario e sacerdote queridísimo. Pero iso dá igual.

O caso é que Tucho lle comprou a casa a Visita, en silencio.

Pero iso si, despois díxolles aos irmáns, con todo o sacerdote que era e hoxe un señor cardenal de la santamadreiglesia:

ASÍ O BUSCASTES, E ASÍ QUEDA ISTO. O QUE QUIXESTES, FOI. PERO QUE SAIBADES QUE NUNCA EN VIDA MIÑA ESTE CAPITAL SE PARTE. QUE LEVE AS LEIRAS QUEN QUEIRA, QUE COLLA A AUGUA QUEN A PRECISE E QUE COLLA A HERBA QUEN TEÑA FALTA DELA, PERO MENTRES EU VIVA ESTE CAPITAL QUEDARÁ SEN PARTIR.

Así fixo, e fixo ben.

Boas tardes a todos e, como agora di ata Zapatero, boa sorte.

Almiral Mouchez

Anónimo dijo...

¿Manchas de grasa sobre la fotografía? ¿ Qué tipo de grasa o líquido blancuzco se observa en las fotografías que no veo en las originales?