viernes, mayo 23, 2008

Voda de coalición

No oficio ao que pertenezo adoitamos consagrar o tópico de que non hai que confundir rumor con noticia. Logo case ninguén respecta o principio. Pásanos con isto aos xornalistas como lles pasaba aos cristianos co xaxún de non comer carne en Venres Santo.
Vén isto ao caso de que está moi extendida a especie de que Cupido cravou a súa frecha no mesmo colo do Consello da Xunta de Galicia. Un conselleiro importante, socialista, e unha conselleira, que non é menos significada, nacionalista, convertéronse no Romeo e Xulieta do bipartito e estarían mesmo a piques de pasar pola vicaría civil para oficializar os seus amores. Haberá voda de coalición?
O tema, aínda que ben puider pertenecer exclusivamente ao terreo dos sentimentos e da vida privada, de ser certo, adquiriría inmediatamente relevancia social e política debido á importante significación pública dos supostos noivos. Segundo parece, o propio presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, estaría preocupado polo alcance e as repercusións que puider ter o caso, e xa tería mostrado o desexo de que a parella de conselleiros non pasase polo altar antes de que teñan lugar as próximas eleccións autonómicas.
A min, se este rumor remata sendo noticia, pareceríame o feito máis importante que se producise ata agora na Xunta. Algo parecido a que Carme Chacón mandara poñerse firmes coa barriga de futura nai. Demostraríase que estamos gobernados por persoas que son coma todos nós. Como na vida mesma, vaia.

11 comentarios:

Anónimo dijo...

Don Perfecto, esa noticia (si o é) foi publicada na primeira páxina de Galicia no Faro hai case que un mes.
Había rumores había moitos meses, pero non creo que sexa un asunto de importancia para que vostede lle adique o mínimo espazo do seu blog, e menos se non aporta dato algún.

Anónimo dijo...

E logo quen son os tortoliños? Se cadra el chámase Ánxel Bugallo e ela Xosefa Ramona Fernández?

cneirac dijo...

Pero home, se xa en xaneiro falaban diso en http://calidonia.blogaliza.org/2008/01/03/quelquun-ma-dit/

E antes diso en todos os pasillos de San Caetano.

E máis para atrás...

Luisfoz dijo...

Também publicou a notícia "La Opinión A Coruña" há umha semana mas sem falar de casamento.

Anónimo dijo...

Do idilio xa se falaba nos mentideiros hai máis dun ano longo. E que? Ten acaso algunha importancia quen se deite con quen?

Anónimo dijo...

Non parece que don Perfeuto a publique con intencións de "scoop". Reflexiona e fai ben. Eu tamén reflexiono: ¿suporá iste romance unha ainda maior desviación orzamentaria da Cidade da Cultura?
Por outra banda, frente a quen dí que non hai comunicación entre as dúas formacións políticas gobernante, semella que hai entendemento, e dabondo. ¿E si cunde o exemplo e consíguese unha aproximación entre a Pesca e o Medio Rural, por poñer un exemplo? ¿Ou entre o Benestar Social e as Obras Públicas? ¿E Vivenda e Medio Ambiente?

Anónimo dijo...

Pois xa circula un chistiño ó respecto que non me reprimeirei en lles reproducir eiquí. Preocupada anda a xente polo que poida sair de tal coxunda e algunha razón on lle falta, poisque o que tal pode sair é un nacionalsocialista, disque.

Anónimo dijo...

A min daríame vergoña contar un chiste tan malo e tan cargado de ramplonería reaccionaria. Mesmo coido que oadministrador do blog debería meterlle a tesoura.

Anónimo dijo...

Coincido co baixo nivel mental do chiste, pero daría a vida para que o anónimo responsable poidera contalo.

Anónimo dijo...

Certo que o chiste non é moi bo, pero tamén e certo que abundan neste espazo de comentarios os censores vocacionais.

Luisfoz dijo...

Se calhar é algo excessivo que se dê a vida para que se podam escrever brincadeiras como as de um dos anónimos. Por mim que se fagam, gosto da liberdade de expressom mas porque nom dar a cara quando se di algo que pode chocar? Porque utilizar o cómodo anoninmato.