Dame preguiza ser eu o que fale disto, pero voulle meter o dente. Non hai nada que se teña menos acaído á evolución democratica deste país de países ca administración de xustiza, agás unha cousa, a puñetera Igrexa Católica que segue pensando que andamos pola Idade Media. Aquí refórmouse o Exército, a Garda Civil e ata a dereita franquista anda pensando que ten que deixar de selo, pero a que continúa coma sempre é a famosa cega da balanza.
Nos tempos de Franco dicíase que pobre de ti se un funcionario de Xustiza tecreaba o teu nome nunha máquina de escribir. Con razón ou sen ela, sabías que ías fodido. O que non sabiamos daquela é que podiamos rematar botados, con nomes e apelidos, a un caixón do lixo. Era o que nos faltaba e é o que nos acaba de chegar, segundo a noticia de que o Consello Xeral do Poder Xuducial abríu unha investigación sobre unha reportaxe emitida por Telecinco na que se mostraron documentos xudiciais que foron botados ao lixo por diversos xulgados de Madrid, Barcelona, Sevilla, Valencia e A Coruña.
Pobres de nós, nin Lei de Protección de Datos ni hostias benditas están para socorrernos. Teña vostede a desgraza de pasar por un xulgado e rematará como o lixo en calquera canle de televisión, que é onde ultimamente vai parar sempre calquera forma de lixo. Ou sexa, que primeiro condenarano ou absolverano, pero finalmente rematarán con vostede no caixón do lixo . É unha maneira como outra calquera de tomar de coña a xustiza. Pero, iso si, tomada de coña polos que din defendela e cobran por vivir dela.
Teño un amigo que di que a desgraza do que nos pasa é por estarmos gobernados por profesores do que sexa que renegan do ensino para dedicarse a someternos a pagar impostos, e eu engadiría que tamén estamos gobernados por profesionais da Xustiza que, en vez de dedicarse a amañar o seu, se puxeron a facer estradas ou a organizar cantarelas. E así andamos.
A conclusión que tiro é a de que, en vez de xuíces superstar coma Garzón ou ministros que proveñen do ramo pero só poñen a ponla, a min gustaríame ver na testa dos xulgados humildes servidores da deusa Temis, e iso debería comprender que a Xustiza non acabase nunca no lixo.
2 comentarios:
Grande verdade a que vostede pronuncia, don Perfeuto. Que cousa máis xusta podería haber que unha Xustixa xusta? Pero, xa ve, estamos no que estamos. E a pobre deusa cega anda caíndo nos caixóns do lixo. Oxalá que no apodreza definitivamente antes de levala a Sogama.
Aos xuíces poñeríaos eu a traballar de picapedreiros e co coiro dos seus collóns, cando lles caísen, facería lubas para protexer as mans dos traballadores.
Publicar un comentario