lunes, julio 06, 2009

Miguel Ángel Souto, La Voz e Xornal de Galicia


“Miguel Ángel Souto, delegado de la Voz de Galicia en Ferrol desde el año 2002, abandonó ayer sus responsabilidades al frente de la edición de la ciudad departamental. El periodista solicitó poner fin a su relación lavoral con La Voz”. Así despachaba, o pasado 1 de xullo, o xornal de Santiago Rey a saída voluntaria do responsábel dunha das súas delegación máis importantes.
¿Qué paosu? Dous días antes, o xornalista que deixou La Voz presentouse na central da Coruña dicindo que quería librarse das súas obrigacións contractuais coa empresa na que traballaba dende había máis de dez anos. “¿Cando te queres ir?”, preguntáronlle. “Mañá mesmo”, respondeu el. “Sabes que tes un prazo de preaviso”, retrucáronlle. “Éme igual, quérome ir xa”, insistiu. ¿Non marcharás a outra empresa xornalística?”, indagaron aínda. “Si, pero non podo dicir cal é porque me pediron que non dixese nada”, contestou el.
Nos dous días que pasaron antes da súa marcha definitiva, rematou confesando que se ía para ocupar o cargo de director xerente en Xornal de Galicia, directamente fichado polo propietario do periódico, Jacinto Rey, do que tamén dixo que lle anunciou que, se por casualidade Xornal de Galicia non tira para diante, que non se preocupase pois sempre podería ter continuidade laboral en calquera das empresas do Grupo San José.
De Jacinto Rey tamén dixo Miguel Ángel Souto que, coa súa fichaxe, andaba buscando un “espía con despacho” que o manteña ao tanto do que vaia ocorrendo en Xornal, incluído todo o que respecta á actual dirección do periódico.
Por outra parte, dase a circunstancia de que Miguel Ángel Souto está casado con Ana Enma Martínez Carballal (foto da voda arriba), filla do empresario pontevedrés Luciano Martínez, propietario do Talaso Hotel Louxo da Toxa e de outros estabrecementos hosteleiros, entre os que figura o Hotel Palace Galicia de Pontevedra, no que comparte propiedade co Grupo San José. Luciano Martínez empezou tendo un clásico da hostelería viguesa que foi o Hotel Galicia. Precisamente no hotel do que é propietario na Toxa, o Louxo, tivo lugar hai dous anos unha polémica relacionada co idioma galego ao descubrirse que había unha norma interna de persoal na que se impoñía “mantener posturas correctas delante del público, no hablar de temas personales con los compañeros y no hablar galego” (foto de abaixo). Luciano Martínez mantén relación persoal e de negocios co presidente de San José.
Pola súa parte, Miguel Ángel Souto é un xornalista que estivo ligado durante algún tempo ao Opus Dei e que gozou da confianza da alta dirección de La Voz de Galicia, xornal que causou unha gra sorpresa e enorme malestar a súa marcha á un periódico da competencia e no que este asunto está a piques de desencadear unha reestruturación xornalística.
Segundo información de última hora, o caso está tamén a piques de producir movementos internos en Xornal de Galicia.O que non se sabe aínda é que está tratando de reorganizar Jacinto Rey neste periódico. Miguel Ángel Souto non é precisamente un galeguista e moito menos aínda nacionalista, polo que de aterrar na alta dirección de Xornal podían abrirse incógnitas sobre a futura orientación da publicación de Jacinto Rey ¿Estará virando Xornal de Galicia cara a dereita que gañou as eleccións do 1 de marzo e reemprazou o bipartito? Nos próximos días hase saber.

27 comentarios:

Anónimo dijo...

Se o que vostede di é certo verbo deste personaxe e a súa nova aventura mediática, e o vexo moi ben informado, o que eu flipo é que na prensa deste país sempre hai máis espazo á dereita, parece un saco sen fondo chico. Pero non estará xa atomizada dabondo? A esquerda e o galeguismo non mercan/len prensa?
En canto ao do hotel e o galego, moi ilustrativo verbo das imposicións idiomáticas REAIS que existen neste país. Fíxose no seu momento eco disto xa non El Mundo senón La Voz?
Ramiro Cartelle

Anónimo dijo...

Os galeguistas, os nacionalistas len moito periódico, pero ningúen aposta por ese campo, nin o Xornal que naceu como estratexia para restarlle clientes a La Voz e para atraer de paso a lectores non galeguistas nin nacionalistas ao bilingüismo. Unha estratexia demencial. O Xornal, estivo de entrada mal prantexado, mal ideado, mal planificado e finalmente mal practicado. Non satisface a ningúen, nin ao non galeguistas nin aos galeguistas ou nacionlistas.
Se agora tenta sobrevivir escorándose a dereita teno moi dificil, non che é La Voz bisoña en tales operacións.
Creo que o Xornal está en fase de extinción e esto é un coletazo, anodino.

Anónimo dijo...

Paréceme moito especular...

Touceda dijo...

Especulación ou non, o caso pode resultar sintomático do panorama que presentan os medios de comunicación de Galicia. Algún vai de sobrado e outros de a ver se tiro porque me toca. Independentemente de se é bo ou mal periódico, Xornal de Galicia debería tirar para diante e non convertirse nun medio conservador máis. Xa hai abondos. Mellor dito, todos son conservadores.

Anónimo dijo...

Se no estado existe un xornal como El País que é o máis vendido e tén grande influencia e prestixio na opinión pública, en Galicia tería que haber un claro espacio para un medio como O Xornal coa súa actual liña editorial. Terá que ir millorando, pero pode ser útil.
Discutír quen é o seu propietario, resulta absurdo:
O propietario do grupo Prisa era Polanco, antigo falanxista.

Anónimo dijo...

Cita para a historia:

"Os galeguistas, os nacionalistas len moito periódico"

Anónimo dijo...

Non sei se será correta a afirmación de que Polanco foi falanxista, que pode ser, eh, non digo que non.
Tamén coñezo algún que foi decano e xurou os principios do Movemento Nacional...
Isto da prensa en Galicia é o conto de nunca acabar; bon, acabaría, sí, se as administracións públicas non soltaran cartos a estas empresas privadas en forma de subvencións, publicidade institucional, cartos para adecentar sedes, renovación de maquinetos informáticos...
Claro, se fixeran eso coa prensa e máis co audiovisual, e coas Mesas, e coas Mulleres Rurais e os Homes Urbanos, o "tecido social galego" desaparecería.
Por outra banda, o dono de "La Coz de Galicia" pratica o que sabe facer moi ben: eliminar contrarios dentro do seu espazo ou nicho de negocio, e se o protonacionalista Jacinto Rey quere xogar no campo onde o pai daquel chico que andaba coa presentadora aquela de televisión (a quen deixou tirada na autoestrada do Atlántico... ai, eses prontos que teñen os ricos) xoga e compra árbitros, debe entender don Jacinto que os capitalistas non son almas caritativas senón señores que queren tirar o máximo beneficio posíbel, o que significa normalmente que hai que eliminar aos competidores.
Difícil tarefa a de desbancar ao pai do chico que saía con Teresa Táboas. Don Santiago sábeas todas.
E, desde meu ponto de vista, tampouco é o responsábel último da desfeita e derrota do goberno "Bi".
Se fora así, estaría tirado, quero decir, estaría fácil.

Anónimo dijo...

Como din os ex-quintanistas e agora mais BNG, hai que abrirse a sociedade, suponse que de pernas ou de c. para que penetren os de dereitas.
O Xornal estivo dende o inicio mal asesorado, unha pena de capital, rescursos e enerxía desperdiciados.
Pero os listos de empre non dan mais!

Mairabel dijo...

Pois anda que os listos de nunca si que dan moito.

Anónimo dijo...

Pero se abertos están, degluten case todo.
Outro asunto, e grave, é que a sociedade (léase pobo) non lles presta moita atención.
Talvez non saben explicarse.

xOsse dorrío dijo...

Agora venme a memoria cando a Sra. do Sr. Quintana, nunha Asemblea Comarcal de Allariz, me decía que o que tiñamos que facer os nacionalistas era comprar este novo xornal e esquecernos de todos os demais. Erá a época na que perdéramos unhas elección por culpa da Voz. Non sei moi ben o que querían meternos polos ollos.

Supoño que todo terá que ver con algunha alianza estratexica -dicilo así resulta máis fino que falar directamente de intereses particulares-.

Anónimo dijo...

Que dos cuarenta mil votos que o BNG perdeu en Galicia, trinta mil fosen no entorno da Coruña é algo que lle temos que agradecer a Don Santiago.

Anónimo dijo...

E falando de don Santiago, quen terá informes do que se publica no blog de don Perfecto, despois de fichar a ese home de Zara (vaia golpe para o empresariado galego), acaso tentará diminuir o poder do Opus Dei no seu entorno, sobre todo na Fundación que él paríu, despois de se abrir aos discípulos do santo Jose María?.
Vivir para ver.
O Opus facendo negocios sobre as sobras non trincadas polos fillos de don Santiago; o Opus xestionando pro domo súa os cartos e propiedades dunha persoa divorciada; o Opus, que é de Deus, traballando sempre na Terra.

Anónimo dijo...

Outro ruxe ruxe.
amigo Croques, sabe Vde que relación hai entre o conselleiro de cultura e o xerente do Xacobeo que el mesmo nomeou?

Marco Antonio dijo...

O do ruxe-ruxe que non trate de desvíar o tema. Agora estamos co que estamos. Por certo, tanto na redacción do Xornal como na da Voz, xa non se fala doutra cousa.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

O CR do xornalismo galego.
E, sobre o que di o último anónimo, o que todos sospeitabamos: que nas redaccións dos xornais é máis interesante o que lles pasa a eles que o que pasa fóra. Por outra parte, idéntico ao que ocorre noutros ámbitos da vida cotiá.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Perdón non é o último anónimo: é Marco Antonio, supoño que Boronat, entrenador con Augusto César, Lendoiro, i presume.

Marco Antonio dijo...

Non son o de Lendoiro ni tampouco o de Cleopatra. Nin sequera o de Perón. Son simplemente un lector de Croques e de motísimos máis medios que se publican en Galicia, en España e no mundo (incluído algún dos italianos que le vostede) e, ás veces, entérome das cousas. Neste caso é moi simple: contóumo un amigo que traballa en Xornal e por iso sei que o tema do tal Souto está que cada vez ferve máis.
Conforme, Arume?

Anónimo dijo...

ah, por fin chegou Arume a arumearnos coa súa sabedoría infinda, esa mesma que lle impide a acceder a información fóra da que lle marcan en LVG.

MJ dijo...

Xa é oficial o nomeamento de Souto como conselleiro-delegado e xerente de Xornal de Galicia, SA:

http://www.xornal.com/artigo/2009/07/08/sociedad/comunicacion/miguel-angel-souto-releva-xavier-martinez-cobas-conselleiro-delegado-xerente-xornal-galicia-sa/2009070800072962616.html

Anónimo dijo...

Retomemos o fío.
Xira ou non xira o Xornal á dereita?
Hai futuro para este medio impreso?

Anónimo dijo...

Á dereita non sei, pero no consello o que prima e a xente do PSdG, máis tras da incorporaciómn de María Xosé Porteiro.

E Gómez alardea de sintonía con Blanco

Anónimo dijo...

E é certo que houbo sete despidos traúmaticoa (con policía local polo medio) no Faro de Vigo?

Alguén sabe algo

Anónimo dijo...

Tamén poden vostedes preguntar polo xerente de Vieiros e os despedimentos masivos -si, masivos para unha empresa dese tamaño- que están practicando xustamente estes días. E os sindicatos mamando hostias por aí.

Ah, os empresarios progrsistas

arume dos piñeiros dijo...

Amigo Marco Antonio, non quixen nin moito menos enoxalo, por favor. Quixen corroborar o que vostede dicía: que o que sucede no interior das redaccións sempre resulta de maior interese que o que ocorre fóra. E, xaora, non discutía que fora verdade o que vostede revelaba sobre os ruxe-ruxes xornalísticos. Sinto, en todo caso, que puidera minimamente molestarse cos meus pésimos xogos de palabras sobre Marco Antonio.

E, sobre o que di o anónimo posterior, se cadra se confunde conmigo. Eu non teño nada que ver coa LVG. Eu leo todo o que cae nas miñas mans ou na miña pantalla de ordenador. E, xaora, tampouco teño quen me mande. Fago, afortunadamente, o que me peta.

Marco Antonio dijo...

Debín expresarme mal para que vostede pensase que me anoxaba polo que me dicía de Lendoiro. Créame que non me pareceu mal nin nada. Arume, ademais, eu son un dos lectores do seu blog e teño por vostede unha admiración que non quero disimular.
Estéase tranquilo, non me conto entre os que lle podan querer mal. Máis ben, todo o contrario.

Anónimo dijo...

Lo peor de esta entrada es que faltan datos como por que el soto fue nombrado delegado de la coz en Ferrol (amancebado de paco Sánchez, barón de la coz y opusiano empedernido), o como el souto fue permanentemente ninguneado por los demás jefazos de la voz, como no daba una puntada sin consultar a las altas esferas (pongamos paco Sánchez), y como fue literalmente el esclavo de Juan fernandez (opus) a la hora de dirigir la edición local de Ferrol.

Lo que mas cuadra de todo esto es lo del espía con despacho, porque efectivamente ese es el siniestro perfil de este personaje, que no es nadie ante los jefes y se arrodilla y acojona a la mínima, pero que con sus empleados aplica las estrategias mas viles, incluido el mobbing psicológico.

Pero lo