miércoles, agosto 05, 2009

Adeus aos muíños de Fernando Blanco

La Voz de Galicia anuncia hoxe o que viña parecendo invetíbel dende hai varias semanas. Que a Xunta vai tumbar mañá o decreto eólico firmado polo BNG mentres estivo no goberno, coa conseguinte anulación do reparto de 2.300 megavatios efectuado pola Consellería de Industria o 26 de decembro do ano pasado.
Fernando Blanco, titular dese departamento cando se levou a cabo a decisión máis polémica do bipartito e a que seguramente determinou o curso das pasadas eleccións autonómicas, debería agora dicir algo. O BNG resultou moi tocado polas polémicas medidas que tomou mentres gobernou este lugués a golpe de decreto. Todo o contrario do que está facendo agora a súa camarada de Cangas, Clara Millán, que se nega a firmar a paralización das obras de Marina do Atlántico en Massó se antes non o aconsellan os informes técnicos.

6 comentarios:

Touceda dijo...

E agora que? Xa marca a axenda de goberno La Coz? É Santiago Rey quen di o mércores o que hai levar ao consello do xoves? Imos aviados!

Anónimo dijo...

Só por completar a información: a noticia abre hoxe tamén a primeira páxina do Faro de Vigo, como se pode ver neste enlace: http://www.farodevigo.es/galicia/2009/08/05/xunta-anulara-adjudicacion-2300-megavatios-concurso-eolico-bipartito/355436.html
Dígoo polo da axenda e esas cousas...

Anónimo dijo...

As situacións son un algo diferentes. En Cangas só queren o porto deportivo: Caixanova, a promotora de Ubaldino e mais o PP. A Alcaldesa dubida entre a vontade popular e os intereses financeiros do seu partido.
No caso do decreto eólico, o ex-conselleiro, o seu partido e as empresas concesionarias tiñan puntos de acordo.
Nesta situación, a Sra. Alcaldesa de Cangas debe tensar a legalidade se quere estar decididamente ao lado do pobo.

Anónimo dijo...

Parabéns a Don Santiago Rey. Gañou as eleccións e xa goberna.

Xaquín dijo...

Non sei ben a razón, pero eso de que "goberna don Santiago" soame moito a tempos pasados de varias e grandes simplificacións (panfletos, consignas...). Tan pouco avanzamos en Galicia?

Anónimo dijo...

Fernando Blanco xa dixo algo onte no Xornal e o que dixo, para min, é indiscutible.