A Quintana empezaron a medralle precocupan-
temente as ínfulas autoritarias. Se cadra é porque nos imos aproxi-
mando a unha contenda electoral, pero o caso é que o vicepresidente da Xunta está dando mostras de que quere marcar terreo ciscando acó e aló a súa impronta de gobernante que sabe e quere pegar unha puñada enriba da mesa. Parece ir por este camiño a carta que lles mandou a oito alcaldes do PP anunciándolles a rescisión unilateral dos contratos que firmara con eles para o estabrecemento das galescolas, un produto social que non foi precisamente inventado polos alcaldes de Núñez Feijóo.
Dame a impresión de que se equivocou gravemente o gobernante nacionalista. Unha cousa é sentir o “desagrado e sorpresa” que manifesta na carta polas “calificacións insultantes” que puido recibir dos alcaldes conservadores, un dos cales chegou mesmo a calificar de “mafia siciliana” as prácticas da Vicepresidencia da Xunta. Outra, ben distinta, debería ser o respecto escrupuloso que debería ter o vicepresidente por todo o que firma representando a Administración pública.
O insulto é unha figura penal que está suficientemente tipificada na legalidade vixente e ben puido Anxo Quintana recorrer ao amparo da Xustiza, como persoa e non como institución porque dificilmente se alcanza a insultar un ente por moi concreto que sexa. E quede clarísimo que eu non considero propio de ingunha “mafia siciliana” nada do que fai o vicepresidente da Xunta. Dende que se lle foi Antón Losada –e hai que ver que non era santo da miña devoción– parece como se o ex alcalde de Allariz non tivese ao seu carón asesoramento experto suficiente para non caer nestes vicios de afecionado.
Porque hai que ser aínda ben novato en lides políticas para poñer por escrito nunha carta oficial dirixida aos alcaldes que se lles retira unilateralmente o que foi contratado e que se lles deixa “o mesmo” que levaban cos gobernos de Fraga “máis o IPC”. Menos mal que non se lle ocorreu dicirlles que os retrolevaba aos tempos de Franco.
Un político que, coma Quintana, fragou a súa experiencia persoal e pública na confrontación pura e dura, cousa que non ten nada de malo senón todo o contrario, debería ter lido máis a bibliografía de e sobre Winston Churchill. Aquilo de que un político que non é quen de tomar a parva cun sapo todos os días non vale para exercer un oficio que debería ser noble, aínda ten algún valor. Ou debería telo.
PD: Por se algún lector desavisado me confunde, quero deixar claro que votei BNG en case todas as eleccións que houbo dende 1995. Antes vivía en Madrid e estaba censado alí. O que xa empezo a dubidar é o que vou facer nas próximas.
11 comentarios:
Conde: Non levas ningunha razón. Quintana abondo lles aguantou a esa panda de desestabilizadores e nemigos da cultura galega que non lles colle na cabeza máis ca o estado dos colonizados. Son máis de España ca Franco. E era hora de que lles parasen os pés.
Non o tomes a mal, pero esta vez andas errado, que non ferrado.
Non dubide tanto, señor Conde, e decídase dunha vez a votar o PP xa que tanto sae en defensa dos seus alcaldes. Os escribidores coma vostede son os que están a foder a Nación galega. Teñen tanta culpa coma Fraga de que todo vaia como vai.
Hai tempo que viña penando que vostede é un renegado, pero agora xa saín de dúbidas: é algo pior aínda.
Quintana non é que vaia de sobrado. Quintana sobra cando se pon así. Un gobernante que irrespecta a lexislación vixente en materia contractual como acaba de facer o vicepresidente da Xunta, só merece que o leven aos tribunais de Xustiza acusado de suposta prevaricación e esixíndolle as correspondentes responsabilidades por rescindir unilateralmente oito convenios que el mesmo asinou.
Se este caso non recibe o tratamento político e legal que merece, haberá que empezar a pensar que vivimos nunha república bananeira.
O Conde (das Vaguedades) di que case sempre votou BNG dende 1995 e que antes estivo censado en Madrid. O de votar nacionalista se cadra foi porque estivo a soldo desa organización política. E o de estar censado en Madrid debería repensalo e volver outra vez para Castela.Aquí o que se precisa é xente que arrime as costas para erguer a Nación galega.
No sei se se dá conta Perfecto Conde que o que retrata ben a Anxo Quintana non é o que el escribe senón a foto que acompaña o texto. Por curiosidade piquei sobre ela e oh marabilla! Que expresión de gustazo se reflexa na súa cara por baixar docoche oficial! Diante del, un solitario chan empedrado que pode levar ao inferno, ao purgatorio ou á algunha ignota gloria. E, en retagarda, un taxi coa luz verde posta. Será unha premonición? Singificará que Quintana ha ter que volver pronto a coller taxis coma calquera outro contribuínte?
Segue sendo certo que unha boa foto vale máis ca mil palabras. Que lle imos facer os escritores.
Os que tanto lles preocupa a nación galega deberían preocuparse máis pola desfeita que está a facer o señor Quintana, que botará pola ventá 30 años de duro labor político, máis que as vicisitudes vitais do señor Conde. Esa tontería chámase matar ao mensaxeiro. Tema vello.
Quintana, que sí debe ser obxecto de comentario, porque está no público e manexa cartos públicos, colleu o BNG por enriba do PSOE e xa o ten pola metade.
Nas próximas, 6 deputados.
Xa xes, cara Perfecto, que abrir a biqueira para criticar ao Poder significa que se abre a fervenza dos comentarios. Perfecto, non te signifiques, que a crítica non está ben admitida.
Claro, a ver quen fala críticamente da preciosa movida do realoxamento de poboación cigana en Pontevedra ou do modelo de urbanismo BNG en Poio ou do papel que xoga o BNGas coa planta de Reganosa en Ferrol.
Non te signifiques, Perfecto.
Non sabía que houbese unha delegación do KGB en Galicia. Teña cuidado sr Conde, que estes non esquecen e se poden, farán un Gulaguiño na serra do Suido para xentes como vostede. Vélese..
Por favor, que os nosos inteletuais de Nazón e de PRISA-NOSTRA publiquen algo en apoio do Vice.
¿Por qué precisa "o noso vice" dun escribidor?.
¿Non sería mellor pedirlle ao "noso vice" que non sexa tan cafre e que asuma funcións para as que está capacitado?.
¿Non podería mellor que alguén lle diga que ten superado amplamente o seu nivel de competencia?.
kd13
off white shoes
kobe shoes
off white hoodie outlet
moncler jackets
Publicar un comentario