lunes, febrero 09, 2009

As dúas Galicias

Fraco favor lle fixeron Galicia Bilingüe, Rosa Díez e algúns dirixentes do seu propio partido a Alberto Núñez Feijóo montándolle unha Aljubarrota a tres semanas das eleccións do 1 de marzo. Observando o resultado final da manifestación que houbo o domingo en Santiago, e a correspondente contramanifa protagonizada por varias ducias de radicais independentistas, pode entrarlle a un a dúbida e o medo de se non estamos volvendo ás dúas Españas de Machado que, neste caso, habería que traducir ao galego: “Galeguiño que vés ao mundo, que te garde Breogán: unha das dúas Galicias pode entalarche o corazón”.
O candidato e líder do PP tivo a precaución de tomar distancia e atoparse en Buenos Aires mentres ardía Troia nas rúas compostelás, pero non beneficia nada a súa faciana moderadora e supostamente moderna que varios e importantes segundóns da súa alternativa política (Alfonso Rueda, Ana Pastor, Corina Porro, Carlos Negerira, Ignacio López Chaves) aparecesen máis preto de Rosa Diez, Albert Rivera, Antonio Robles ou do pintoresco Miguel Cancio que dos “boinas” de Xosé Luís Baltar, aos que nin en pintura se lles ocorreu apoiar a manifestación que deu orixe a unha das cargas policiais máis violentas dos últimos tempos.
Logo do episodio protagonizado polo que encabezaba a lista do PP na provincia de Ourense, Luis Carrera, é case seguro que a Baltar matouno de risa ver como acabou como o rosario da unha manfestación na que o PP no debeu mezclarse nunca, se aspira a ser alternativa de regreso ao poder nunha Galicia que sume e xunte e que non divida ata límites preocupantes como dividíu a triste xornada do domingo en Santiago. Se había indecisos que ata poderiamos pensar que a deriva última do bipartito en dispendiosos gastos públicos e algunha forma de caciquismo debería ter unha resposta de castigo exemplar, votando mesmo a alternativa opositora ou absténdonos, os sucesos do domingo despexáronnos boa parte desas dúbidas. Persoalmente prefiro un Touriño dilapidador e un Quintana travestido de Manuel Fraga antes que un Núñez Feijóo cautivo de Rosa Díez e de Corina Porro, por non dicir que espido por Pedro Arias e Miguel Cancio.
Despois do que se acaba de ver nas rúas de Santiago, non me queda máis remedio, o 1 de marzo será co nariz tapado, pero votarei. E non será, dende logo, polo PP.

10 comentarios:

Carallocampante dijo...

Hai dos conversos, son os peores esta Rosa de España (conversa) intenta enfrontar ao persoal deste estado español, é máis perigrosa que un mono con revólver nun carto escuro. Non digamos de Cancio e Arias. A culpa non é deles, todiña a culpa de de quen lle fai caso.
Ollo a esta Rosa de España aparte de conversa está moi resentida e unha muller resentida, despechada é como unha fiera e lle importa unha merda o galego o castelán ou o esperanto se calquera medio xustifica os fin. Pobriños de nós que clase política nos tocou vivir. Que mágoa comezan a aparecer os Gil Robles, Primos de Rivera, Primos de Franco e outras herbas ponzoñosas.

Anónimo dijo...

Bon, despois do seu comentario, señor director, non poderemos negar que Galiza ten unha democracia avanzada.
Se en Italia tardaron varios lustros en ir votar co nariz tapado, acó en menos anos adoitamos xa as formas dos sistemas democráticos europeos.
O pir, señor director, é que a súa mensaxe non transmite ilusión, non anima, e non deixa máis peneira que votar "á contra", entenda-me, votar en contrario, votar para que non saia o outro e non votar por un proxecto ilusionante, ou ilusorio, case estou por preferir o último.
E teña en conta que, con esa máxima ou consigna eleitoral, podemos botar anos, porque sempre estarán aí novos/vellos Baltares e Rosas de España.
Por certo, vostede que é xornalista de investigación, ben é certo que agora en nómina da Seguridade Social, pregunto-lle se a comandanta de "Galicia Bi" era filla dun fulano que, alá polos anos 60 do século XX, estivo empapelado por aquel asunto de bebidas alcohólicas adulteradas que, seica, levou por diante a algunha persoa.
Se for certo, ao mellor este feito (e certo contaxio co material velenoso) explicaría o penoso funcionamento neuronal que adoita manifestar, que tamén podemos achacar ao uso de fixador para a melena ou á brillantina no caso dos homes.

Anónimo dijo...

Concordo co Vde, señor Croques e pregúntome: que pensarán tantos e tantos dirixentes do PP de concellos medianos e pequenos que desenvolven a súa actividade cotiá (pública e privada) en galego, cando ven aos seus dirixentes máximos manifestarse ambiguamente ou fuxir por non asumir unha normalización lingüística máis que razoable e deixar todo en mans dos sectores máis clasistas elitistas que saben que no fondo os desprecian?

Burgas dijo...

Mandando Fraga, o PP nunca estaría nunha manifestación coma do domingo en Santiago.

Anónimo dijo...

Pero esa Corina Porro por que non se dedica a esnifar o apelido?

Anónimo dijo...

Teñen vostedes uns procedementos para tirar inferencias das noticias que eu non entendo.As ideas dos de Galicia Bilingüe poden ser refugadas pero a min o que me preocupa, son eses encarapuchados que acantazaban os bilingües. Se vostedes queren vivir nun país onde esa xente teña poder, teñen vostedes un problema e eu, outro. Ademais, cheirar, mais ben feder, fede aquí e acolá. QUe lle pregunten a Carallo Campante, (Portela Valladares), sobre o que conta nas súas memorias

Anónimo dijo...

O que me preocupa a min non é o grupo de contramanifestantes, xa que todo o mundo sabe que teñen moi difícil opter representación parlamentar e é, en consecuencia un grupo marxinal. O malo é que haxa grupos políticos actuantes en Galicia, medios de comunicación e forzas económicas que apostan pola división social, o enfrentamento civil trasladado a rúa e a desobediencia as leis emanadas do parlamento galego.

Anónimo dijo...

logo, os grupos ao marxen poden acantazar, aldraxar, estragar contenedores, aos que non pensa coma eles...Espero que non teña que aturalos algún día cando vostede defenda algo do que els non gorentan...leve casco..

Anónimo dijo...

¿Toda "Aljubarrota tiene su "Padeira"?

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,