martes, febrero 10, 2009

A Voz dos empresarios

Definitivamente, Santiago Rey, presidente e editor de La Voz de Galicia, meteuse nun fregado do que veremos se sal escaldado. Aínda levando toda a razón que leva en parte dos seus alegatos, a súa irrupción intempestiva en pleno proceso electoral galego, seguida agora por unha perigosa estratexia de apuntar no xornal do que é propietario a lista dos que están con el –algo que sen dúbida vai provocar a nómina dos que están contra el– paréceme algo absolutamente desatinado por parte do editor do periódico que máis difusión e influencia alcanza en Galicia. Se Rey pensa que este é o camiño da independencia, equivócase de medio a medio.
Se a firma do amo de La Voz fose tan habitual no xornal como son as de Xosé Luis Barreiro e Roberto Blanco Valdés, por exemplo, estaría perfectamente xustificada a súa intervención directa na campaña, pero non é ese o seu caso. Santiago Rey calou a boca durante os 16 anos que gobernou o PP, algo que lles permitiu a moitos pensar que o seu silencio existiu porque La Voz estivo abondantemente pagada con diñeiro procedente dos fondos públicos. Polo tanto, subirse ao púlpito agora como se subiu el, en plan cardeal laico da sociedade galega, para lérllela cartilla aos políticos a través dun Yo protesto mal traducido do francés de Zola, non é que pareza sospeitoso. É que é sospeitosísimo.
Que busca Santiago Rey? Acaso que alguén o confunda co salvapatrias que non precisa Galicia para nada? Quere facer política? Pois que se presente ás eleccións e trate de gañalas. A súa posición, máis que corresponder á que debería soster un editor independente, preséntase coma dun pretencioso gurú que desexase dirixir o comportamento das urnas do 1 de marzo. Co artigo do domimgo pasado iniciou unha carreira que só pode levalo a unha radicalización que pode rematar dañando a imaxe e o comportamento do seu xornal, que polo de agora é, con todos os seus defectos, o mellor de Galicia.
E, se se equivocou escribindo o seu J’accuse, máis erra aínda abrindo unfa fronte cos que di o seu xornal que “ensalzan la llamada de Santiago Rey Fernández-Latorre a la sociedad civil”. É como se Santiago Rey se transmutase, coa chegada das eleccións, nunha Gloria Lago capaz de afondar na posíbel e perigosa existencia de dúas Galicias. Xa nos chegaba con Galicia Blingüe, e non facía falta que viñese o empresario coruñés vertendo máis gasolina no lume.
O caso aínda é máis alarmante se se tén en conta que Rey parece estar disposto a case todo por turrar coa súa teima. Só así se entende que La Voz de Galicia titule hoxe dicindo que “Empresarios, agentes sociales e intelectuales se adhieren al artículo del presidente de La Voz”, e na redacción da peza só aparezan os nomes de José María Arias (presidente do Banco Pastor), Antonio Fontenla (presidente da Confederación de Empresarios de Galicia), José Manuel Fernández Alvariño (presidente dos empresarios pontevedreses), Jesús Chenel (presidente dunha ascoiación de empresarios de Santiago), Jesús Bahíllo (director do Club Financeiro de Vigo –deste podíanse engadir máis cousas–), Manuel Casteleiro (director da Escola de Camiños da Coruña), Daniel Ramos (presidente da Asociación Marineda de Empresarios) Ana Isabel Ulloa (presidenta da Asociación de Empresarios da Coruña), José Ramón Franco Caaveiro (presidente da Asociación de Empresarios de Ferrolterra), Luis Fernández Ruenes (presidente da Federación Galega de Parques Empresariais), Elena González (presidenta da Federación de Asociacións de Veciños Eduardo Chao de Vigo) e Edmundo Varela (decano do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña).
Pero cantos destes son “intelectuais” e cantos “axentes sociais” non figuran na lista? Vaia apuro que debeu pasar o xornalista que tivo que titular a noticia. Por este camiño, Rey ha ter que facer algún cambio na cabeceira: quitar a palabra Galicia e susbituíla por Empresarios.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Ao cacique ese da Coruña podíaselle cantar máis alto, pero non mellor do que lle canta vostede. Debe pensar que é Aristóteles (Onassis).

Iacocca dijo...

Aínda cambiando o nome e facéndose chamar dos Empresarios, o xornal de Santiago Rey nunca será o da Empresa galega. Somos moitos os empresarios, pequenos, medianos e algún grande, que non comulgamos coas súas rodas de muíño.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Sen entrarmos na substancia da súa crítica, o presidente da Voz xa escribiu noutras ocasións: a propósito do Plan Galicia se non lembro mal. Non teño aquí a hemeroteca.

Mire, en todo caso, esta curiosidade impagable:Santiago Rey columnista de xornal.com.

Touceda dijo...

Realmente manda máis en Galicia Santiago Rey ca Touriño e non digamos ca Quintana. Acaba de dar unha mostra: púxoos firmes co seu polémico artigo e, dous días despois, "La Voz de Galicia" publica unha entrevista con Quintana ridiculizándoo. Cando lle tcará a Touriño beber a mesma cicuta?

Anónimo dijo...

Isto non será unha rabexa do interfeuto S. Rey. ¿Recibeu o mesmo diñeiro público estes últimos catro anos como cando estaba o PP?. Esa é a pregunta do millón.
Rabexa das eólicas ou non. digo eu
Oes, non vexo ningunha felicitación dos axentes sociais, ou sexa da maioría dos galegos.
Cando só felicitan os aquí nomeados, empresarios, bancos etc. Non me interesa o que diga este bo Sr.Non representa a ninguén, só representa os seus intereses e Galicia lle importa unha merda.

Anónimo dijo...

Un dos que saíu rapidamente a dar os parabens a Santiago Rey polo seu patético remedo de Zola foi Ramón Villares. A min gustaríame saber se o presidente do Patronato da Cultura Galega está dacordo co manifesto. En especial cando fala da imposición do idioma galego, ou se simplemente está pagando os moitos favores.

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,