sábado, febrero 07, 2009

A delegación de Medio Cartelle

Ata agora o único conselleiro intocábel da Xunta parecía que viña sendo Alfredo Suárez Canal. Ese porte seu de cabaleiro incorruptíbel incapaz de matar unha mosca sen ordear antes un estudio a fondo da sostenibilidade do tal díptero, dáballe unha certa aura de político sobrenatural, case divino, que parecía poñelo a recaudo das tronadas coxunturais.
Se cadra por representar o rostro maís humano, moderno e conviviador da UPG, polo político de Allariz –Belén do que tamén procede o vicepresidente da Xunta– podíase apostar firmemente como o valor máis seguro e por riba de calquera sospeita dentro da ristra cada vez máis reducida de executivos non de serie que van quedando no BNG.
Porén, a noticia que publica hoxe La Voz de Galicia sobre o comportamento do delegado de Medio Rural en Ourense, Xosé Rodríguez Cid, quizais acerca demasiado a Suárez Canal á simple condición humana e á súa Consellería ao promedio da administración pública galega.
Conta La Voz que Rodríguez Cid, coñecido como Pepe o de Cartelle, empregou na delegación que goberna a 72 veciños do seu concello, e que por iso xa lle chaman ao seu departamento “a delegación de Medio Cartelle”. Será que son tan listos os de Cartelle e tan expertos nas cuestións de medio rural que lles gañen aos do resto do mundo mundial en méritos para traballar por conta da delegación esa? A información que porporciona La Voz de Galicia apunta a que influíu máis que nada a condición de militantes nacionalistas deses veciños de Cartelle favorecidos por Rodríguez Cid que, ademais, tamén é el de Cartelle e aspira a ser alcalde algunha vez do concello do que é natural.
Non sei se era Spengler o que apuntaba a inclinación da historia a repetirse. Fose quen fose, se vivise agora en Galicia, seguro que lle soaba de algo o que pasa na delegación de Medio Cartelle, e lembrariase de cando Vítor Vázquez Portomeñe estivo a piques de despoboar Chantada traendo os seus naturais a traballar na Xunta de Galicia.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Home D. Perfecto podia vostede, como bon periodista que é, contrastar un pouco mais as informacións sobre todo vindo de onde veñen.

http://novas.xunta.es/node/13837

Perfecto Conde dijo...

Agradézolle ao comunicante Anónimo anterior a súa puntualización. Non sabía da emisión desa nota emitida pola Conselleraía de Medio Rural que gustosamente reproduzo a continuación e que desexo moito que sexa verdade.
Perfecto Conde

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2009.- Medio Rural sinala que as únicas 2 persoas procedentes de Cartelle que aparecen citadas na información divulgada polo Partido Popular aprobaron a oposición en anteriores lexislaturas, e na actualidade están en postos de libre designación, o que evidencia a falta de rigorosidade da documentación publicada coa pretensión de confundir á opinión pública. Na mesma información cítanse persoas sen vinculación coa Consellería do Medio Rural, cun interese oculto por confundir á cidadanía.
En canto á contratación de veciños do municipio de Cartelle en Seaga ou no Centro Tecnolóxico da Carne, insiste en que os criterios de selección de persoal son transparentes, xa que contan con baremos públicos para avaliar aos aspirantes. Pode haber persoas simpatizantes ou militantes procedentes de calquera municipio e forza política, pois iso non é motivo excluínte para desenvolver estes traballos.
Unha proba da transparencia é o feito de ter recorrido ao INEM para cubrir postos vacantes en Seaga, o que garante que entraron todos os profesionais que optaron a traballar nesta empresa pública, previa superación dunha proba de aptitude física precisa para desenvolver as tarefas encomendadas, polo que resulta imposible a recomendación de persoas por simpatía, afiliación política ou municipio de orixe.
Na información publicada, cítanse tamén nomes de persoas sen vinculación coa Consellería do Medio Rural, mestres e veterinarios de profesión que traballan no Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, en Fontefiz, o que desvirtúa as afirmacións realizadas en base a datos sen contrastar.
Para Medio Rural, este tipo de acusacións sen fundamento e malintencionadas obedecen a unha estratexia desesperada por querer deturpar o labor realizado por profesionais cualificados, que conseguiron a súa praza por méritos propios, e que demostran a súa valía ao servizo da Administración pública e dos cidadáns.

Anónimo dijo...

Coas mentiras e medias verdades que leva largado La Voz nos últimos días con tal de atacar ao BNG non me fiaría moito do que veña dese xornal.

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,