martes, febrero 10, 2009

A culpa é das mulleres

Realmente sen desper-
dicio a entrevista que lle fai César Casal a Anxo Quintana e que aperece hoxe en La Voz de Galicia. O candidato que chegou a declarar nalgún momento que había que dinamitar o Gaiás, agora di que lle anda buscando unha xestión eficaz á Cidade da Cultura.
Cando o entrevistador lle pregunta se lle parece ético que con fondos públicos se pague transportar a 4.000 mulleres a Silleda e convidalas a comer para que escoiten un mitin seu, o vicepresidente da Xunta contesta que “foron elas as que pediron unha festa como final das súas actividades. E como máximo responsable do departamento pareceume ben estar alí, con elas, con normalidade”.
Xa o dícia Cachopal, a culpa é das mulleres.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

As mulleres din que está de bo ver e que é moi atractivo. Elas o din, que lle imos facer.Outros non podemos dicir o mesmo. Agora lémbrome daquela canción dos anos 70 -non recordo o grupo- "que se mueran los feos"

Anónimo dijo...

Non xeneralice Sr.Anónimo que todas as mulleres non pensamos igual. Digamos que da imaxe de aspecto saudable , mais o "atractivo" é outra cousa .