sábado, febrero 14, 2009

Menos Obama e máis Celtiberia Show

Sinceramente, o obamismo aínda non pasou entre nós do caso de Luis Carrera. Se de verdade os grandes partidos políticos quixeran imitar o presidente de Estados Unidos en algo máis que no reggaeton, tería que producirse inmediatmente o que non vai pasar: dimisión ou cese do ministro de Xustiza, Mariano Fernández Bermejo; apartamento do xuíz Baltasar Garzón dunha investigación que contaminou con andanzas cinexéticas dignas da corte de Franco ou da Rumanía de Ceaucescu; dimisión ou apartamento da cadidatura do PP pola provincia da Coruña do cabeza de lista Carlos Negreira pola súa suposta implicación coa empresa Segurisa na rede de corrupción descuberta en Madrid (ver xornais de hoxe). E, tamén, dimisión ou apartamento da candidata nacionalista Tareixa Paz por estar condeada (ata o Tribunal Supremo) por oaccionar ao alcalde de Barbadás (Ourense), Xosé Freire.
A que non ocorre nada de todo isto antes do 1 de marzo? Logo, menos Obama e máis Celtiberia Show.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Por certo, xa que vas de Luis Carandell, podías incluir tamén o teu amigo Belloch, alcalde de Zaragoza, por bautizar unha rúa co nome do fundador do Opus Dei.

Sandra Barboni dijo...

¿E logo, ía ser menos Belloch que Bono coa Madre Maravillas ou que o noso Bugallo que fala todos os anos co Apóstolo cando a Oferenda? Ora, para Celtiberia Show a que se está argallando en Ferrol, coas cofradías de Semana Santa baixo sospeita, o extraño caso do ordenador cheo de material "sensible", o preboste dimisionario que non cedía as chaves nin flaxelado polos saións, o xulgado de instrucción atento á xogada, e dálle que dálle, e chove que chove (sobre mollado).

Anónimo dijo...

Nestes días de tanto polítiqueo boto en falta a Almiral.

Anónimo dijo...

Eu a quen boto de menos en toda esta parafernalia é ao bo de Antón Losada. Con el si que habería ceses.

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,