miércoles, febrero 25, 2009

Compañías e transportes

Arde Troia. Estamos rematando a campaña. Frase con picante de Touriño na Ser: “Cada uno debe ser consciente de las compañías que escoge y de los transportes que utiliza”. Din que falou así referíndose aos garbeos de Quintana no iate de Xacinto Rey.
No seu caso, compañias e transporte son coñecidos: Audi Force One de 480.000 euros e a “nena” Caride. Outra frase do candidato do PSOE na mesma emisora: “Dificilmente me verá ningún gallego en ningún restaurante de lujo”. No me extraña que tivese que pechar Toñi Vicente. A onde levará Touriño a comer a Xosé Luís Méndez e ao presidente de Citröen? Aínda ha levalos ao Gato Negro.

12 comentarios:

Anónimo dijo...

Se estivera caladiño o Sr. Torito, gañaba moito máis. Coido que estáse a endiosar e lle fai moito caso a un señorito que ten de asesor e que Perfeuto coñece moi ben.
Xa non lle fai caso a niguén, nin siquera a moitos do seu partido. O meteron fai catro anos nunha bola de cristal e agora......manda carallo na Havana.
Que se cale, xa que calando gaña votos. Cada vez que fala maís abstención.

Anónimo dijo...

Ten razón. Se todo un Presidente autonómica está nas mans de alguén que coñecemos como Petene, aviados imos.

Anónimo dijo...

Compañías, transportes, viaxes, barcazos..., bah.
Somos ou non somos unha Nazón?
Pois iso.
E como tamén hai que atender ás necesidades intelectuais, a Consellería de Cultura editou hai algúns meses un tremendo libraco titulado:
ILLAS DE SAN SIMON E SAN ANTONIO. A RECUPERACION DUN SITIO HISTOR ICO I. HISTORIA E MEMORIA. II. PLAN DIRECTOR E REHABILITACION.

Bon, se teñen a sorte de atopalo e despois de dispor de 85 euros, ou 106 dólares, verán que, cando menos nos tórculos, somos Nazón e das ricas.
O conxunto de libros e máis un cd veñen nunha caixa azul e informan da andiana do proxecto do arquitecto pontevedrés de Nazón, César Portela, con planos, trazados, plantas, etc, todo atoda cor, todo imprentado sobre un papel que te cagas e ilustrado como só saben ilustrar en nazóns avanzadas.
Completá-se o conxunto cun libraco de fotos a toda cor que houbo de tiralas un profesional xaponés de Xapón, que veu especialmente para o chollo, e digo chollo porque foi iso mesmo. Unha pasta que atrapou o asiático.

Ou sexa, que a diversión polas rías está garantida, o deporte tamén e tan só botabamos en falta a lectura. Pois aí está.

Gourmetdeprovincias dijo...

Anónimo:

Son un dos autores do libro ó que te refires. Igual preferías que o traballo, que foi rematado no ano 2004, seguira nunha caixa unha vez pagado con cartos públicos. Igual preferías, xa de paso, que o conxunto monumental da Illa seguira en ruinas tal e como estivo nas últimas cinco décadas. Probablemente preferirías que a Consellería de Cultura investise eses cartos en viaxes e copas para os amigos no canto de en publicar traballos de investigación e valorización do patrimonio cultural galego.

Persoalmente moitos dos asinantes do traballo, comezando por César Portela e seguindo por Xosé Fortes parécenme profesionais de grande rigor ós que non vexo motivos para criticar. A contratación do fotógrafo xaponés, ademáis da de outros colaboradores entre os que me conto, non a fixo a Consellería para a publicación senón que son parte do traballo de recuperación integral do conxunto (traballo que, como saberás, consiste en algo máis que levantar muros e inclúe documentación gráfica, seguemento arqueolóxico, botánico, histórico-artístico, traballo de investigación en arquivo...) e foron reutilizadas para a publicación. Unha vez pagadas penso que é mellor que dean un servizo público e non que permanezan inéditas.

O que non che oin, por certo, é nin unha palabra sobre a calidade das mesmas ¿Pensas que son malas, que hai moitas publicacións deste tipo con fotos moito mellores? Direi, por último, que as devanditas fotos non foron pagadas nin hoxe nin onte. Levaban anos aprodecendo. Por certo, xa que o sabes ¿Canto cobrou o fotógrafo polas imaxes?

En canto ós volumes, como saberás se os viches non hai un só con fotos. O primeiro deles é o que recolle os diversos estudos técnicos mentres o segundo, complementado coas fotos pero tamén con planos e textos, expón o proxecto arquitectónico.

Se hai algo que boto en falta en relación con San Simón é que nos últimos cinco anos, desde que remataron as obras, no lle souberan dar un uso. E que a Fundación que se creou para xestionala polo de agora fixera máis ben pouco. Non acabo de entender que a divulgación da súa historia sexa criticable. Pero será cuestión de gustos.

Jorge Guitián

Anónimo dijo...

Que non, Jorge, que non ía por ti.

Anónimo dijo...

"Se hai algo que boto en falta en relación con San Simón é que nos últimos cinco anos, desde que remataron as obras, no lle souberan dar un uso. E que a Fundación que se creou para xestionala polo de agora fixera máis ben pouco. Non acabo de entender que a divulgación da súa historia sexa criticable. Pero será cuestión de gustos".

Efetivamente, de gustos é a cousa.
En cinco anos, nen uso, nen desfrute: derroche e gastar por gastar, gastar sen medida, gastar en luxo.
Só o libro, e o fotógrafo xaponés, claro.

Anónimo dijo...

Esta claro que os do bloque deberían estar como sempre: nun furancho, diante dunhas cuncas de viño de Barrantes e cantando aquela de " traio un andar miudiño, miudiño, miudiño..." e cousas así. Da alta política e da cultura con maiúsculas xa nos encargaremos outros.

Gourmetdeprovincias dijo...

Nin me dera por aludido, anónimo. É, sinxelamente, que vexo cousas bastante máis criticables.

Pero morra o conto.

Gourmetdeprovincias dijo...

Ó segundo anónimo dicirlle, únicamente, que no ano 2003 xa había un proxecto para o uso dos edificios da Illa, que no 2005 o novo goberno o considerou pouco axeitado (había un proxecto de centro de interpretación da historia das rías que seica non gustou) e decidíu cambialo por outro que, polo que se ve, tampouco acaba de callar.

É dicir, ideais hai. O que falta é vontade política.

Anónimo dijo...

Doume conta que a crítica que fai o anónimo sobre o libro de San Simón non ía por o tal Jorge. Coido que máis ben ía contra quen o editou, xa que se se fai un libro desa categoría e case ninguén o coñece é cómo si non se fixera. ¿Foi feito soamente para os amigos con cartos públicos?. Ese é o problema. Moito libro (por certo que o vin e me pareceu moi bo) pero San Simón está a apodrecerse.

Gourmetdeprovincias dijo...

Concordo plenamente con que un libro, e máis destas características, se non ten difusión perde boa parte do sentido. Pero cando menos o traballo quedou feito e está nas bibliotecas.

Por suposto que preferiría que estivese á venda e tivera un prezo asequible. Supoño que esa é a finalidade dun traballo como este. Nese sentido, asumo a crítica malia non ter moito que dicir nese sentido.

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,