jueves, febrero 05, 2009

O luxo é bo para a saúde de Touriño

É case seguro que nada pode xa desgustar tanto ao presidente da Xunta como o editorial que publica hoxe El País, titulado El arte de innovar (curiosamente non o encontro na edición electrónica). Nin sequera as escandalosas informacións que vén publicando ABC dende hai varios días e que, sen dúbida, son as que provocaron a reacción editorial do xornal progresista no que aínda manda Juan Luis Cebrián.
El País, dende que publica unha edición para Galicia, mantivo unha praxis xeral máis ou menos semellante á que caracteriza no seu conxunto á prensa autóctona de Galicia. Sen chegar nunca á complacencia vergonzosa cos poderes económicos e gobernantes de turno que acostuman mostrar case todas as cabeceiras galegas (agás ultimamente La Voz de Galicia), as páxinas de El País tampouco arrostraron actitudes críticas especiais nin sequera dirixidas contra a dereita de Núñez Feijóo. Félix Monteira primeiro e agora Xosé Hermida viñeron facendo unha edición “regional” sen pena nin gloria que procuraba non desentoar coa mansedume habitual do contexto.
Abondou, porén, que o rotativo conservador ABC iniciase unha acometida do que antes se chamaba “xornalismo de denuncia” contra á inclinación xa case perversa que mostra Emilio Pérez Touriño dende que preside a Xunta cara o luxo asiatizante, para que El País comenzase a ensinar os dentes. O editorial de hoxe é unha excelente peza de posicionamento crítico ante os desmandos das politicas gobernantes. Mágoa que non fose precedida por unha praxis informativa coma a que destapou a ola podre da enfermiza afección ao luxo en tempos de vacas fracas.
Polo demais, dificilmente pode un deixar de aplaudir os argumentos do editorial de El País, auténtico misil dirixido contra a cabeza de Touriño, ao que lle di o editorialista que “debería intentar transmitir el entusiasmo con que ha acometido esa remodelación, en vez de callar y cerrarse en banda”. Non sei se quen escribiu esta peza –o editorial no seu conxunto– é galego ou non, pero está claro que hai moita retranca no seu contido, como demostra a parrafada seguinte: “Un ventanal con vistas a un jardín con estanque, una mesa elíptica para las reuniones y la oportunidad de pisar un pavimento de vidrio: trabajar en un medio propicio, construido con materiales nobles y equipado con la tecnología más moderna quizá no garantice la excelencia de cuanto vayan a a producir allí los políticos gallegos, pero seguro que es bueno para su salud”.

8 comentarios:

arume dos piñeiros dijo...

Eso é exactamente un editorial de EL PAÍS? Ten as súas características (o anonimato, entre outros), pero leva outro nome, non é?. Pregunto, amigo Croques, que vostede sabe disto moito máis ca min.

En todo caso, fóra deste asunto de terminoloxía, a dureza do comentario é para facer notar. O que non quita que teña moita razón. Pero como non estamos afeitos nos xornais a este nivel de crítica, ata nos parece incrible. Pero así tería que ser o xornalismo.

Perfecto Conde dijo...

Arumoso Arume:
Non sabe canto lle agradezo que me visite. É vostede totalmente benvido. Desgrazademente non lle pod responder nada concreto á súa pregunta,que tamén ma fago eu a min mesmo. Por que "El Pais" enseñou a orella tanto como acaba de facelo? Se me permitise vostede respnderlle con outra pregunta eu preguntarialle se non terá nada que ver o feito de que a Moncloa de Zapatero xa hai tempo que divididiu os seus amores xornalísticos poñendo celoso o xornal de Cebrián co emerxente "Público". Quizais vai por aí ou, se cadr, abondaba cos motivos que lle deu Touriño para que o converteran no mandatario dunha república bananera. Vaia vostede a saber.

Hildegart Canido dijo...

Son unha desas persoas que, por razóns profesionais, recibo as notas de prensa da Presidencia da Xunta de Galicia. Aacaba de chegarme a última, na que se dá conta de que o presidente Touriño sobrancea “a transparencia e austeridade que preside a acción do Goberno galego” e atribúe á “estratexia electoral dun partido político que non ten nada que dicir, que propor nin que contar” os intentos de converter o proceso electoral “nun barrizal”. O titular do Goberno presiste na súa teima de que “a Xunta de Galicia actúa con absoluta transparencia, cumprindo a lei e a norma” e apoiase, par dicilo, en que empregou o mesmo proceso que utilizou o anterior goberno para construir a residencia oficial de Monte Pío “cunha diferenza pequena” de contía. A min todo isto, sóame a cántiga pasada, incluido o falar dun “barrizal” (non se dirá bulleiro en galego?).
Home, eu non son simpatizante do PP, pero dicir que non “ten nada que dicir, que propor nin que contar” a forza política que máis votos arracada en Galicia paréceme desprezar indebidamenmte a unha parte moi importante dos electores galegos. E botar man do exemplo da residencia de Monte Pío, onde el e a súa familia, por certo, pasan ricamente boa parte da súa actual existencia, pode parecerme algo así como argumentar que, como o veciño fixo unha casa moi grande, eu teño que construir outra meirande. Se fose cos meus cartos, non habería discusión, pero dase a casualidade de que Touriño é construtor con cartos públicos.
Coido snceramente que Touriño debe facerlle esta vez caso a “El Pais” e agarrar o castrón polos cornos explicándonos a todos que é o que lle está pasando. Se non o fai antes do 1 de marzo, imos ser máis dos que cabemos nun taxi os que, por moi bo tempo que faga ese día, non nos acercáremos ás urnas para nada. Será, sen dúbida, a nosa maneira de facerlle un corte de mangas para dicirlle que non queremos un presidente que nos custe máis ca opresidente do Imperio, polo menos en coches blindados.

Sandra Barboni dijo...

Eu o que percibo é un cheiriño,e non a alecrín, precisamente, de vésperas electorais. No choio do mobiliario de Touriño El País vai ao rebufo do ABC, tan preocupado agora por onde asenta o cu Don Emilio. Así sentara en cadeira de pau e gastase zoquiños de madeira a bulra ía ser a mesma. A que a dereita armara cando Don Manuel Azaña y Díaz decidira residir no Palacio de Oriente. Cuspidiña á de certos coruñeses cando o Alcalde Merino optara polo campismo para desfrutar das súas feiras.

Anónimo dijo...

Doña Sandra:
No lie entiendo a vostede. Lo del ex alcalde coruñés Merino, que no lo del cura de mismo nombre, no le sé a que viene.

Anónimo dijo...

Vístedela última? Manquiña apoia a manifa de Galicia Bilingüe. Pero este Manquiña non era íntimo de Suso Iglesias, Josito Pereiro, e todos eses neonacionatas?

Xandro dijo...

Un ten que pensar sempre na misma direción cos amigos. Habera solo unha verdade? Teremos que calar calquer opinión que no entre na casilla que nos asignaron...

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,