martes, febrero 17, 2009

Cervantes versus Castelao

Que se prepare Miguel de Cervantes porque vai ter competencia. Se o BNG de Quintana consegue votos abondos para gobernar, ao autor do Quijote vaille facer a competencia o de Sempre en Galiza, Alfonso R. Castelao. Diante de medio cento de profesionais da vida cultural galega, o candidato nacionalista prometeu fundar e por en marcha o Instituto Castelao para darlle á cultura galega “a inxección de autoestima en vea que sempre precisa”. Nin que fose drogadita.
Como somos ricos, dentro de pouco teremos embaixadas, institutos Cervantes, centros galegos subvencionados e agora tamén institutos Castelao. Sumados aos que podan ir espallando igualmente polo mundo adiante calquera das outras 17 autonomías, é moi probábel que nalgúns países empece a resolverse a crise inmobiliaria polo aumento que poda experimentar a demanda de sedes nos downtowns de Buenos Aires, Montevideo, Bruselas, etc. Se cadra é unha maneira de ir rebaixando o paro: nomeando embaixadores culturais. Propoño que manden a Xurxo Souto a Sevilla, a Reixa a Hollywood, a Luis. A. Pousa a Roma e a Xavier Alcalá a Bahía (a Blanca ou a preta, dá igual). Dígoo porque son os que saen sorrindo máis na foto con Quintana.

15 comentarios:

Anónimo dijo...

Reixa a Jolibud, moi bo, haha, moi bo.

Anónimo dijo...

E aínda queredes dar-lles o voto a esta xente?
Non vedes que están tolos, que gastan o que non hai, que moven panoja que non é súa e,precisamente por iso, falan de abrir centros culturais no estranxeiro ou embaixadas como as dúas que ten o PSOE en Sudamérica.
Son os mesmos patriotas que declaran que a Cidade da Cultura é un monstruo... que eles encheron de contidos e puxeron a disposición do pobo galego, sen mirar o que vai custar: o que veña detrás, que apande.
Esta xente, Quintana, Touriño o 009, son uns manirrotos e uns elementos perigosos.
Eu non penso votar a esta xentuza.

Anónimo dijo...

NON VIN A SUPER PIÑEIRO NESE ENCONTRO CULTURAL

Arturo dijo...

Ao Piñeiro quitano cos vellos, cos da cultura dalles vergonza. Cada quen no seu sitio!

Así nos vai! dijo...

Ninguén poderá negar que a cultura galega, á par que pola calidade incuestionable da maioría dos seus creadores, destaca pola firmeza intelectual e a irredutible vontade de independenza fronte ao poder político das súas xentes, sempre reacias a aceptar premios pagos -directa ou indirectamente- con cartos públicos, viaxes turísticas de balde e todas as formas posibles da subvención

Anónimo dijo...

E porque non unha delegación cultural en Israel e Piñeiro ao fronte.

Anónimo dijo...

Discrepo de "Así nos vai", agás no seu alcume.
Precisamente na foto, aparece un ex-Director Xeral que ocupaba cargito cando a Xunta do AP, atención, de AP. Dicía aquel home que él estaba no seu posto porque tiña unha responsabilidade coa cultura galega (o que non sabemos é a cánto se pagaba a adicación á cultura galega).
Xurxo Souto ten un programa, bastanta bo, na Radio Galega, experiencia que non lle ven dos seus anteriores traballos, pois era vocalista e acordeonista d'Os Diplomáticos de Monte Alto.
O patriarca Reixa, despois do fracaso do seu filme Hotel Tívoli (creo que se chamaba así), continúa ao frente dos manexos do audiovisual galego (unha industria cargada de futuro grazas á fervenza de cartos públicos; tan só funciona de seu o apartado de debuxos animados) e foi un dos intelectuais de Nazón que contribuiron a dar "contido" á Cidade da Cultura.
Non quero entrar nas viaxes a Cuba nen nas bebidas frías que alí se toma, pero sí lembrar que desde os tempos do Xefe Rexional do Movemento, camarada Pérez Varela, as asociacións de intelectuais de Nazón receben subvencións cuantiosas para os seus encontros privados.
E non falemos do teatro galego. Mellor, falen cos profesionais do sector e escoiten o que dín.
En fin, neste eido estamos abondo "normalizados": trincamos igual ca os cataláns e madrileños.

Sandra Barboni dijo...

Un matiz. Eu diría que ese señor (¿el non será un dona?) do pendente, o que está de esguello, non é Xavier Alcalá. Nin o queixo, nin a meleniña son seus. Tampouco o vexo tan aplaudidor de ninguén, por certo.

Anónimo dijo...

O Alcalá non estará nesa foto, pero está noutras do mesmo acto. Foi precisamente o que apuntou cara a Bruxelas.

Anónimo dijo...

Un favor. Cando falen de Piñeiro, aclaren. Este é o ano xubilar de Ramón Piñeiro.
Por certo, se alguén afirma nas tertulais de bar ou de lar que Piñeiro, Ramón, foi un axente desprazado pola CIA a Galiza para o que todos sabemos, cál é a razón pola que non se mira e estuda se entre os documentos declasificados pola nai de todas as axencias hai documentos relativos a tan eficaz elemento?

ms dijo...

Alguén reparou en que nas fotos Quintana parécese cada vez máis, fisicamente, a Artur Más?

Señores asesores do benexé, que diola está pasando aquí?

ms dijo...

Unha pequena matización a un dos Anónimos que di que "Xurxo Souto ten un programa, bastanta bo, na Radio Galega, experiencia que non lle ven dos seus anteriores traballos". Iso non é certo: Xurxo Souto dirixiu e presentou durante varios anos un programa musical en Radio Coruña (Cadena Ser).

Eu tampouco vexo a X. Alcalá de aplaudidor de ninguén, cousa que me congratula.

Por outra banda, non hai país no mundo (descontando, se cadra, Cataluña) no que a lingua/cultura galega estea máis subvencionada ca neste e no que os resultados desas políticas sexan máis baleiros.

Non precisamos un "Instituto Castelao" para que catro filólogos estranxeiros aprendan a nosa lingua, senón facer que o galego non se perda nas novas xeracións de rapaces na nosa terra. Tampouco precisamos do floripondio de organizacións linguísticas e culturais xa existentes dedicadas a facer o mesmo ou parecido. Refírome a todo o tinglado de consellos, institutos, e academias da lingua e/ou cultura galegas. Eses cartiños podíanse gastar doutra maneira.

Anónimo dijo...

Dito todo o antesdito, porque non empezamos a analizar tamén o que pasa co Instituto Cervantes que o ministro de cultura utiliza para colocar aos seus amigos con máis que dubidosos resultados? Ou isto nono pagamos tamén? E que hai das axudas en todos os eidos : cine (malísimo), teatro,literatura (promoción exterior de autores que ninguén le), zarzuela ( a ver cando a prohiben), etc. E todo sae do noso peto ( do dos galegos tamén).

Anónimo dijo...

O instituto cervantes depende do ministerio de asuntos exteriores, non do de cultura.

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,