viernes, febrero 06, 2009

O merlo branco de Feijóo era unha anduriña

O merlo branco de Núñez Feijóo, Luís Carrera, xa ex cabeza de lista do PP por Ourense, resultou ser unha anduriña pasaxeira. Parece mentira, un tiburón das finanzas coma el reresulta que se esquenceu de decrarlle á Facenda Pública que cobrou 240.0000 euros do Banco Privado Portugués por buscarlle inversores españois que aportaron 50 millóns de euros entre os anos 2004 e 2005.
Se a un lle pagan vía illas Caimán, coa sona de paraíso fiscal que tén tal parte do mundo, o normal é que caia na tentación de esconderlle ao fisco tan suculentas ganancias. O malo é que Luis Carrera tamén se esquenceu de contarlle este episodio a Alberto Núñez Feijóo cando, en contra da opinión de Xosé Luis Baltar, por certo, catapultou a súa figura ao primeiro posto da candidatura conservadora por Ourense.
Que ocorreu? Que na Cadena Ser, seguramente moi preocupados por atopar algún scoop despois de non ser eles os que se enteraron da vidreira máxica de Touriño, andábanlle enriba da pista e non lle quedou máis remedio que dicirlle a Alberto: "Mira, tronco, que me han pillado y no sabes cuanto lo siento”. Feijóo, que algo rapidiño aínda sabe reaccionar, só tardou horas en sinalarlle o camiño da porta. “Eu si que vou facer coma Obama”, pensou mentres lle mandou a Mar que chamase aos xornalistas.
Mira por onde Pedro Arias acaba de gañar puntos para ser conselleiro de Economía, se ao PP lle fose ben nas eleccións do 1 de marzo. Aposto algo a que aínda se ha revalorizar a foto que teño del en pelotas cunha carteira de ministro na man.

3 comentarios:

O mundo non se acaba... ou si, dijo...

Seica o segundo apelido da anduriña é Pásaro. Entón, trátase dun Pásaro que acabou sendo un bo paxaro.

Hildegart Canido dijo...

Polo menos Feijóo soubo estar á altura das circunstancias e tomou medidas sen tembrarlle o pulso. Ata agora é o único candidato que pode presumir de parecerse a Obama. Gustoume iso de que dixese que "esta (referíndose ao comportamento de Luis Carrera) non é a postura que desexo nin para o meu partido nin para o próximo goberno de Galicia".

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,