miércoles, febrero 25, 2009

O barco de Quintana

A foto de Anxo Quintana co empresario Xacinto Rey, a bordo dun barco de recreo deste empresario pontevedrés, abrindo hoxe a portada do xornal madrileño ABC, non é precisamente o que máis lle convén ao BNG a cen horas de abrirse as urnas do domingo 1 de marzo.
En realidade, ABC non descubre a pólvora senón que dispara o cartucho cando salta a lebre. Eramos moitos os que sabiamos que o político nacionalista navegeou polas rías en compañía de Xacinto Rey, pero case ninguén ata agora vira a foto de Quintana sentado na bañeira do luxoso barco do dono do Grupo San José como se fose un incipiente Onassis sen María Callas, que agora se podería chamar Marta Souto.
É moi probábel que a foto que publica ABC, prestada por La Nación, publicación extremadamente dereitista, fose tomada hai polo menos dous veráns, moito antes polo tanto da polémica concesión de licenzas para explotacións eólicoas, pero se cadra daquela Rey estaba en pleno apoxeo do seu plan de inversión en medios de comunicación como A Nosa Terra e Xornal de Galicia. Non digo que a presenza de Quintana a bordo do barco de Rey sexa algo parecido as cacerías de Bermejo con Garzón, pero xa verán agora a punta que lle vai quitar Feijóo ao lápiz nestes días que quedan de campaña.

16 comentarios:

Anónimo dijo...

Equivócase, don Perfeuto, equivócase. A foto de Quintana non é de hai dous veráns. É do verán pasado. O que pasa é que o de Allariz leva xa varios anos visitado a Jacindo Rey no seu barco. En realidade, barcos, porque ten dous.

Anxo dijo...

Parece que tamen hai fotos da porta da casa de Quintana.

Anónimo dijo...

Mal se lle poñen as cousas a Quintana con esta foto e a que tamén publica hoxe La Voz de Galicia. Claro que ten razón Feijóo: debería dar explicacións inmediatamente e, dende logo, antes das eleccións do domingo. Bermejo polo menos dimitiu.

Anónimo dijo...

Pois a min paréceme alucinante que se lle poidan pedir contas a Quintana por aparecer nun barco cun empresario galego.
E aínda me alucina máis que sexa motivo de escándalo para o PP. A non ser que pense que o trato con empresarios é da súa única competencia.
Tamén póde ser que se pense que o empresariado galego é por definición corrupto e antidemocrático.
Eu ,pola contra, agradezo que Quintana intente gañar para o proxecto nacional ao empresariado galego. É un vello anceio do nacionalismo.

Anónimo dijo...

Nesta campaña os poderes mediáticos están botando o resto. Na Voz de Galicia hai orde de que alomenos saia unha noticia anti BNG (case sempre en portada).

Anónimo dijo...

Se o BNG desvía vellos para un mitin, a culpa é dos vellos (por certo, cal foi a miña sorpresa ó ir a Madrid e comprobar que en El País de Madrid a información desvío de vellos saía moito máis grande que en El País de Galicia, curioso...). E tamén curioso que saia a foto o día que Quin di nunha entrevista: "En la democracia que yo quiero para mi país, deciden los ciudadanos y no cuatro señoritos". Pero parece que el se inclúe entre eses señoritos. Pero claro, Quin estaba en chancletas no barco coa rojigualda polo ben de Galiza...

Anónimo dijo...

Vexan: premer

Anónimo dijo...

Que a Vd lle pareza un secuestro o asunto de Oia e non se escandalice polo voto emigrante que sí esta secuestrado e co aparato de estado en marcha (embaixadas incluidas) si que é curioso. Quero lembrarlle que "eso" favoreceu alternativamente a PP e PSOE e é un asunto que non pasaría o menor filtro democatico ( en calquera democracia decente, por suposto).

país, país dijo...

A min mon me sorprende o que poida facer Quintana. O que me sorprende é que llo dean por ben feito os que despois din defender o pensamento de Castelao.
Quere dicir iso que no seu lugar farían o mesmo?
Supoño que si.

Anónimo dijo...

Sospeito que os que lle piden a Quintana un "distanciamento ético" de poderes económicos e mediáticos do país (cousa que nunca lle pediron nin a PP nin a PSOE ) son os que nunca lle votaron nin lle votarán. Os que sempre votamos BNG máis ben estamos encantados.

Anónimo dijo...

Pois seguide así, encantados. Que xa vos desencantará outra vez a dereita o domingo que ven. Non tedes perdón. E vergonza menos aínda.

Anónimo dijo...

Non vin máis propaganda de navallas na miña vida que esta.
Que carallo me importa que o Kin esté navegando con dios bendito.
O que temos que ollar en plan estratéxico é o que quere facer o PP: chamar a atención sobre un accidente (que non existiu) e un paseo nun iate, para anular a que lle está a caer en Madrid e ao mesmo tempo fomentar a abstención que é o voto-sin-voto que lle favorece ao PP. Un 23 F mediático iso é o que queren. O que pasa que neste 23F non ten ao Borbón que saia a defendelo.
Non son bloqueiro, considerome de esquerdas e sempre analizo as estratexias do meu enemigo de clase, sempre usaron as malas artes desde sempre. Antigamente cando perdían usaban aos milicos, agora usan os milicos mediáticos, non matan axiña, pero matan lentamente. Aprenderon de carallo a usar a mentira e a calumnia.
Pode haber un F. de P. en calquera goberno de esquerdas, pero é o meu F. de P.

Anónimo dijo...

Pois que che aproveiten os F. de P. Eu non os quero.

Anónimo dijo...

Que triste. Tragar cos F. de P. se son teus, coma con Leite Río, ese amiguito de los niños nacionalistas... Que lle pregunten ós gandeiros, a ver se é tan amigo dos galegos Leite Río. Así vai Galicia en xeral e así vai o BNG en particular. Eu non quero F. de P., sexan de aquí ou de acolá.

Anónimo dijo...

Cada un que faga o que lle pete. Pero tede en conta, carallo, que eso de ser F. de P. (ay, que finos están agora estes do Bloque-Telesforo Monzón) contáxiase coma un andazo de malaria. Que vos den pola popa, agás que vos goste.

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,