martes, junio 02, 2009

Directivos de varias multinacionais ían no Airbus desaparecido

A prensa europea, particular-
mente a francesa, estase a mostrar moi prudente na información aportada sobre a desaparición do Airbus A330-200 cando volaba de Río de Janeiro a París na noite do domingo pasado. A falta aínda de que nin Air Frace nin os gobernos de París ou de Brasilia desen a coñecer a lista oficial de pasaxeiros e tripulación, o xornal brasileño O Globo está avanzando, dende onte, unha relación desas persoas afectadas, entre as que hai polo menos dúas de nacionalidade española. Nesa lista aparecen varios directivos de empresas brasileñas e multinacionais, varios médicos de prestixio no Brasil, algún político italiano e un arxentino especialista en temas de desarme e narcotráfico.
Entre os desaparecidos no avión están as seguintes persoas: Erich Heine, presidente do consello de administración da Thyssen-Krupp Companhia Siderúrgica do Atlántico. Luís Roberto Anastácio, presidente da Michelin para América do Sur. António Gueiros, director de Informática da Michelin. Christine Pieraerts, funcionaria de Michelin Francia. Luís Cláudio Alves de Monlevad, da multinacional Saint Gobain en Brasil. Adriana Francisco Sluij, periodista da petroleira brasileña Petrobas. Juliana Ferreira Braga de Aquino, cantante brasileña. Roberto Corrêa Chem, cirurxán plástico director do Banco de Peles e xefe do Servizo de Cirurxía Plástica da Santa Casa de Porto Alegre, que ía acompañado pola súa muller e a súa filla. Deise Possamai, fiscal de Nova Veneza. Marcelo Parente Gomes de Oliveira, xefe do gabinete do gobernador de Río de Janeiro. Leonardo Veloso Dardengo, oceanógrafo. Pedro Luiz de Orleans e Braganza, descendente de don Pedro II e cuarto na liña sucesoria ao trono brasileño. Rino Zandonai, director da Asociación Trentina no Mundo Onlus. Giambattista Lenzi, conselleiro rexional de Trentino-Alto Adigio. Luigi Zortea, alcalde da pequena cidade italiana de Canal San Bovo (Trento, Italia). Silvio Barbato, ex director da Orquesta Sinfónica do Teatro Municipal de Río de Janeiro. Joao Marques da Silva, directivo do Estaleiro Atlántico Sul. José Roberto Gomes da Silva, profesor da Escola de Negocios PUC-Río. Octávio Augusto Antunes, profesor do Instituto de Química da Universidade Federal do Rio de Janeiro. Izabela María Furtado Kestler, do Departamento de Letras Anglo-Xermánicas desa Universidade. Paulo Valle Brito, empresario. Francisco Eudes Mesquita Valle, director da tranposrtista de combuestíbeis TLW. Marco Antonio Mendonca, directivo da empresa Vale do Río Doce, etc.
Tamén están na lista o arxentino Pablo Dreyfus e a súa muller, Ana Carolina Rodrigues. Dreyfus era investigador da organización non gobernamental brasileña Viva Río, coordinador do Proxecto de Control de Armas desa organización, investigador asociado do Instituto Superior de Estudios da Religiao, consultor do proxecto Smail Arms Survery do Graduate Institute of International Studies de Xenebra, profesor da Facultade Latino-Americana de Ciências Sociais de Brasil e coordinador do Grupo Brasil de Reflexao em Segurança Regional da Fundaçao Friedrich Ebert.
Pablo Dreyfus, formado en Ciencia Política na Universidade de Buenos Aires, era mestre en Relacións Internacionais e doutor en Relacións Internacionais polo Institut Universitaire des Hautes Études Internationales. Entre a súa ampla experiencia no control de armas, figuran as enquisas A industria brasileira de armas leves e de pequeno porte: produçao legal e comercio e Posse de armas de fogo no Brasil: mapeamento das armas e seus prpietários, publicadas no libro Brasil: armas e vítimas. A súa muller integraba o equipo COAV (siglas en inglés do proxecto Crianças e Jovens em Violência Armada Organizada) e traballaba no proxecto de Proteçao de Jovens em Território Vulnerável da organización Viva Río.

6 comentarios:

Porteño dijo...

Sandro Raccanelli, ex piloto de Alitalia, en declaraciones al diario bonarense "Clarín", sostiene que la hipótesis del rayo en la desaparición del avión es "improbable", y especula con "un fallo estructural o una bomba".
"Es raro –dice– que en el medio del Atlántico haya un área de comunicaciones dificultosas. No descartaría la hipótesis de una bomba".

Almiral Mouchez dijo...

Magnífica información, meu amigo.

Magnífica.

Hildegart Canido dijo...

Segundo acaba de lembrar o xornal parisino "Le Figaro", a seguridade no aeroporto de Rio non é tan draconiana como en Europa, Estados Unidos, Asia ou algúns países de Latinoamérica. Puidera suceder que algúns terroristas dispostos a atacar avións decidisen aproveitar este "eslabón froxo". A inexistencia, polo de agora, de reivindicación non é un argumento en contra. Dous dos máis graves atentados aéreos, contra o Boeing de Lockerbie en 1998 e contra o DC-10 de UTA en 1989, rapidamente atribuidos a Libia, non foron reivindicados. A explosión dun avión enriba da auga fai aínda máis difícil, senón imposible, a investigación que poda acreditar a presencia dunha bomba abordo. A desaparición do vóo TWA800, en 1996, segue sendo obxecto de debate por falta de probas. A explosión deste Boeing 747 sobre o Atlántico, vinte minutos despois de despegar de Nova York, atribuiuse oficialmente a unha "probable" inflamación no depósito de combustible, pero a hipótese terrorista subsiste dez anos despois, e a verdade seguramente non chega a saberse nunca.

Anónimo dijo...

Sempre estamos co medo a voltas. O unico medo e o medo aos nosos medos.
e desde o ataque ás torres en New Yor,os políticos de quenda xustificaron barbaridades (suma e segue)á conta de crear medo ao persoal, e quizais algúns desdes medos foron creados polos mesmos que o queren combater (ataque ao Pentágono).
Moitos xa estamos fartos de que se xustifique, invasións, guerras (preventivas ou non preventivas), torturas legalizadas (Irak, Guantánamo e outras conachadas) a conta de meternos medo, inclusive con actos terroristas que aínda hoxe non sabemos quenes foron, se Bin landen esa cousa tan virtual que a sacan da chistera cando se quere xustificar unha barabaridade "democrática". Coa historia tan tenebrosa dos gobernantes Ianquis, pódese agardar todo o imaxinable.

Anónimo dijo...

http://galicianrightswatch.wordpress.com/

Anónimo dijo...

Magnífica nova xornalística.
Perfecto, estás estupendo.
Parabens.
Enormes parabéns.