domingo, junio 07, 2009

Un Berlusconi sen "veline"

Xa temos o noso Berlusconi. Agora xa só nos faltan as veline. Aínda non sabemos onde vai radicar Vila Certosa. Se cadra en Sanxenxo. Nos Peares non parece que haxa condicións relumbrantes, nin aeroporto capaz de acoller avións oficiais, e a Sanxenxo sempre lle queda a posibilidade de recuperar o vello aeródromo da Lanzada. O das veline témolo moito máis dificíl de resolver. Non vexo eu a Rosa Vilas capaz de competir con Noemi Letizia.
Digo isto porque quen acaba de gañar as europeas en Galicia é Alberto Núñez Feijóo, revalidando con creces a súa vitoria do 1 de marzo. E Núñez Feijóo e Rosa Vilas foron os que, sen tomar a molestia de velo antes, censuraron a emisión dun documental da TVG que debía emitirse o pasado martes. Igual que fixo Berlusconi en Italia coas fotos das súas veline na mansión de Sardeña.
Que se vaia preparando Anxo Lorenzo, que lle han facer moito caso agora. E de veline, que se esqueza. Que o Opus non está polo labor.

7 comentarios:

Tranquilo, Jordi, tranquilo dijo...

Pero non, ho, don Perfeuto. Que o resultado segue a ser o mesmo -como non podía ser doutro xeito- que o das eleccións de hai apenas un par de meses en Galicia. Porcentualmente, o PP gaña por maioría absoluta, o que non obsta para que a suma dos votos de PSOE e BNG supere á dos conseguidos polo partido de Feijoo. Seguemos a ser un país bífido, partido -e non só pola lingua- en dous. Coma moitos outros de Europa e do mundo.

Anónimo dijo...

De onde saca vostede (refírome a Tranquilo, Jordi) que a suma dos votos PSOE e BNG supera a dos conseguidos polo partido de Feijóo. Esta vez iso non lle é verdade.

Tranquilo, Jordi, tranquilo dijo...

Corrixo o erro, efectivamente. Acabo de revisar os datos e resulta que fixera a suma correspondente ao ano 2004 nos datos comparativos que ofrece a web do Ministerio do Interior. Desculpas.

Vicente Araguas dijo...

Caro Perfecto, se reparas no membro do nachiño de Vila Certosa, que sae na foto de El País, verás que aí si que non andan a xogar as bolas. Ou ás velas. Si coas "velinas" famosas. Entre nós a cousa é máis de mesa-braseiro, e rosario do Padre Peyton. E máis que vai ser. Apertas e parabéns polo blog

Balonga dijo...

Coido que seremos quen de parar a Reconquista de España de DANFeijóo e mailo seu sarraceno Jesús Vázquez. En parte tamén pola su blogosfera. España non escollerá gallegos pra gobernala, collerán un "pata negra".
Parabens!.

ms dijo...

Vaia... como é que os conservadores que nos meteron na crise (tal e como dicían os carteis electorais do PSOE) van ser os que non saquen dela?

A esquerda europea tería que reflexionar sobre o que pasou nestas eleccións.

En Galicia, o PP tivo un número similar de votos que nas anteriores, mentres que os votantes do PSOE e o BNG quedaron na casa.

U-la renovación do BNG? Foron os que máis baixaron porcentualmente.

Anónimo dijo...

E que é, por certo, un Berlusconi sen "veline" (o plural de velina non será velinas)? E que vai ser? Pois nada de nada. Unha feixoneta sen gasolina e coa roda da lingua pinchada no pau da incuria.