miércoles, junio 10, 2009

Profesionais de prestixio a 7.000 euros ao mes

Compre ler hoxe El Pais para ver o que cobra cada un dos membros do consello de adminis-
tración da Compañía de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG). Máis de 80.000 euros anuais, ou sexa, 7.000 euros (case 1.200.000 das antigas pesetas) cada mes. Igual ca un conselleiro da Xunta, coa diferencia de que os da CRTVG non teñen nin que acodir a diario ao traballo. Isto si que é un consulado, e non o que tiña Roberto Varela en Nova York.
E, por riba, están todos os que están, unha ducia, pero non son todos os que están, pois a designación parlamentaria da que foron obxecto no día de onte incumpriu, unha vez máis, a condición legalmente estabrecida de seren “profesionais de prestixio”, relacionados coa comunicación, os que ocupen postos no citado Consello. A penas unha minoría dos elixidos (Arturo Maneiro, Roberto Cid, Ana Peón…) cumpren esa condición. O resto, empregados de banca, sindicalistas, alcaldes, apparátchiki, calquera cousa vale. Aquí si que non hai que pasar ningunha oposición con galego o sen el.
A min os que máis me sorprenden son os do Bloque. Mandaron ocupar as poltronas e levar os cartos para a casa a Montserrat Prado, responsábel de Organización, e a Manuel Antelo, responsábel de Acción Municipal. Dúas esferas que xa se sabe que teñen moito que ver coa televisión e coa radio públicas. Será que, por facer certas cousas igualiño que o resto das forzas políticas, o BNG recibe menos votos ca ninguen cando hai eleccións? Ou non será que o Consello da CRTVG para o único que serve é para axudar a financiar a vida partidaria?

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Polo que se ve, sempre deberon de estar ben pagas estas canonxías.

O outro día, o Conde malo dicía nunha entrevista publicada no diario Xornal que se decidira a apoiar a Fraga porque saíra do seu cargo de conselleiro de cultura "cunha man diante e outra detrás" e tiña "necesidades económicas", ademais de que Piñeiro lle comentaba que había que colaborar co novo goberno. O resultado foi que Conde, o malo, estivo no consello da administración da CRTVG naqueles anos de infausto recordo da Tele-Fraga.

Carqueixa dijo...

Don Perfeuto, non é por xustificar o inxustificable, mais os do Bloque entregan o 50 % dos ingresos ao partido.
Xa sei que é unha canonxía e un cemiteriode elefantes, e non hai dereito que existan cousas como esas nun país que ten 5 millóns de parados, pero bueno o entregar a metade ao partido élle un pouquiño máis piadoso e menos mintireiro.
Saúdos.

Xarxa dijo...

Tampuco hai dereito a que, nese mesmo país, se paguen nove millóns de euros a un paisano por correr detrás dun balón.
É máis os autores de tales despropósitos debían ir á cadea.

Anónimo dijo...

Entrega o 50% o que o entrega. Pois despois de moitos anos militando no bng non fun capaz de saber nada acerca dos ingresos da miña comarca, canto cobraban os asesores na deputación, ou canto aportan os concelleiros do meu concello a caixa comarcal. Esto é o que leva ao bng a perder apoios eleccion tras eleccion, para que despois Suarez Canal critique a Rueda.

Touceda dijo...

En calquera caso, ese 50 por cento de aportación partidaria habería, logo, que contabilizalo como contribución do Consello da CRTVG á financiación dos partidos. Os partidos, comas igrexas, deberían financiarse por si mesmos.

Carqueixa dijo...

As dúas persoas que acaban de saír do consello da RTVG pertencentes al BNG, o Sr Obelleiro (xa falecido) e Cecilia Pérez Orxe, pódolle asegurar e con coñecemento de causa que entregaban o 50 % ao partido.
Isto non xustifica a existencia da canonxía, nin por exemplo o de firmar polos 15.000 €uros de específico aos altos cargos da Xunta que botasen dous anos neles, pero éllo o que hai.
Nin con isto, tampouco quero dicir que os do BNG sexan mellores ou peores cos que entraron. Algúns hai que mellor se quedaran na súa casa; a proba é que lles foi como lles foi, e agardo que non lles vaia peor.

Anónimo dijo...

Está visto que cada quen pode elexir dar o 50% dun salário tan digno como estes que comentamos ao BNG, ao PP, ao PSOE ou á congregación relixiosa X.

Seguimos nas mesmas: é lícito que os políticos dedidan os seus salários?

Despois andan doentes pola abstención...

¡Que vergoña! dijo...

Unha traballadora da Sanidade diplomada en maxisterio é un profesor de matemáticas cunha excedencia do seu instituto son os dous encargados polo BNG para o control do ente.

¿Como se van enterar estos dous de detalles técnicos, de aspectos legáis, de alta contabilidade ou tan sequera de simple periodismo?

Ista é a idea sectario que ten o bng dos servizos públicos, lugares onde colocarse e lugares onde sacar cartos para financiar o chiringuito.

¡Qué vergoña!

Unknown dijo...

Quéixanse dos Kikos ou do Opus e eles funcionan igual. Os partidos son auténticas sectas nas que un Kiko Argüello que nin toca a guitarra e chega aí enriba marca o paso do resto de afiliados/adeptos. Listas abertas, aire limpo, xa. Ou isto vaise ao carallo coa corrupción rampante.
O de asesor de conselleiro tampouco está mal pago, non chega aos 7.000 pero limpan case 5.000. E non fai falta nada: mirade ao "xenio" Javier Dorado. http://www.soitu.es/participacion/2009/05/31/u/andresrguez_1243760239.html
Vivalaausteridá oiga!