Alguén vaille creer a Fernández Bermejo que dimitiu? O xa ex ministro de Xustiza perdeu a ocasión de presentar unha dimisión de verdade pondo o seu cargo a disposición do presidente Zapatero instantes ou todo o máis tarde horas despois de que o cazaran nas patacas matando venados con Garzón. Non só non fixo tal cousa, senón que se enrochou dicindo que tiña moito que traballar por España. Que pasa agora? Rematou o choio? Entroulle a preguiza? A opinión de que non pode tolerar que lle entren a saco na súa vida privada só se entendería se, coa dimisión que presenta agora, anunciase que se vai retirar a facer licor de herbas no convento de Oseira.
Como non é así, haberá que pensar que a dimisión é o seu disfraz deste antroido, pero o que realmente ocorreu foi un cese coma outro calquera. Non nos enganemos, Zapatero díxolle: “Compañeiro, tes dúas opcións. Dicir que dimites ou recibir a miña orde de cesamento”. A presión exercida dende as propias fileiras do PSOE xa era insoportábel nos últimos días. A Bermejo ninguén podía velo máis sentado no Consello de Ministros. E, ademais, por que non aproveitar as campañas electorais de Galicia e de Euskadi para tentar de comerlle algún cabalo aos contrincantes do 1 de marzo? O xadrez da política eche así.
5 comentarios:
Evidentemente, esta é unha maniobra para servirlles a Touriño e a Patxi cadansúa carambola electoral. Mira por onde: Bermejo négase a dimitir cando tiña que facelo e faino agora, seis días antes das eleccións. É tan burda a cousa que até lles pode saír gato por lebre porque corren o risco de que ninguén llelo crea. Para isto serve ostentar o poder en España. para manipular a realidade.
E no canto da Sra Tareixa Paz, qué raio espera para dimitir? Ou o Sr Quintana para destituila?
Polo que vexo, meus queridos amigos, vostedes aínda pensan que hai diferencias entre Emilio Feijoo, Alberto Touriño e Anxo Pérez Núñez. Mais alá da común afición a mangar coa que nos aflixen tódolos políticos, quero dicir. Bueno, home: que a Virxe de Fátima lles conserve a inocencia.
E Touriño con Beatriz Sestayo, nº 3 pola Coruña? Fai falla un pouco de hixiene democrática.
Nuevo Ministro de Justicia: el gallego Francisco Caamaño Domínguez
Publicar un comentario