lunes, febrero 09, 2009

Defender a lingua non é delicto

Será que volven tempos de ignominia? Mal debemos andar cando se volve a ver a Xosé Manuel Beiras rodeado de policías armados que miran para el como se fose un extraterrestre. O ex líder do BNG ofreceu hoxe unha mostra de dignidade política personándose diante da Comisaría de Santiago para apoiar aos que pedían a liberdade dos detidos onte na manifestación contra o idioma galego, argumentando que “defender a lingua non é delicto”.
Que pensará Quintana cando vai no coche oficial e escoita pola radio esta noticia?

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Que se fixe Feixóo para que sirven as súas argalladas contra a lingua. Para resucitar a Beiras e facer que suba o BNG nas próximas eleccións. Aínda ha ter que volver Fraga.

Anónimo dijo...

Defender a lingua non é delicto.Os cantazos si... Mercar vieiras non é delicto...si son tóxicas , si. Seica o Beiras non está para matices...

Anónimo dijo...

Home, Anónimo, de verdade pensas que se pode meter no mesmo caso unha cousa e maila outra?

Anónimo dijo...

15 de febreiro: Manifestación Galiza Non se Vende
Febreiro 6th, 2009. Por Salvemos Monteferro en Xeral

As persoas que berramos GALIZA NON SE VENDE expresamos a nosa máis enérxica protesta ante o desolador panorama que deixa este goberno disfrazado de progresista coas súas políticas ambientais e sociais que están arruinando Galiza, destruíndo a súa paisaxe, os seus recursos naturais, o patrimonio cultural e a biodiversidade. Políticas ambientais e sociais que significan a continuación das de gobernos anteriores no triste camiño de entregar o país, os seus recursos e a súa identidade, ás grandes empresas multinacionais e aos grandes intereses económicos, utilizando o gasto público para alimentar este obsoleto, inxusto e insustentabel modelo económico e social.

Porque outro xeito de facer é posibel, a cidadanía galega sairá á rúa xunta (e revolta), o dia 15 de febreiro nunha grande manifestación nacional en Compostela, que partirá ás 12 da mañá da Alameda, baixo o lema:

GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE


A lista dos obxectivos e puntos de denuncia é, por desgraza, longa e variada.

Céntranse no corazón magoado da nosa realidade natural e social: Esquecemento interesado das persoas máis necesitadas economicamente, marbellización do litoral, recheos e contaminación das rías, degradación dos ríos, plano acuícola devastador das zonas costeiras mellor conservadas, portos deportivos que enmascaran urbanizacións e apropiación privada da costa, caos eólico, destrución e privatización da terra pola cobiza de graniteiros, louseiros e outras minarías; campos de golf, eucaliptización, cultivos transxénicos, industrias nocivas e perigosas, parques industriais desproporcionados e sen planificación, sistema de transportes irracional, depredador e insostíbel; urbanismo salvaxe, deterioro dos núcleos históricos das vilas, especulación xeralizada, macroáreas metropolitanas engulidoras e centralizadoras do territorio, extinción programada da agricultura e da pesca artesanal, abandono e destrución do rural, pobreza de espazos naturais protexidos e nulo respeito polos que hai, desprotección do patrimonio cultural, especialmente do arqueolóxico…

As persoas que berramos GALIZA NON SE VENDE expresamos as nosas ganas de vivir e de recuperar e potenciar os espazos e coñecementos que nos serviron durante séculos, para que nós e as persoas que veñan despois teñamos un futuro garantido. Por iso artellamos unha rede de colectivos e proxectos realmente alternativos e conscientes, ante a incapacidade e covardía duns gobernantes que renuncian a deter esta tolemia, para procurarnos estratexias válidas para poder seguir vivindo na nosa terra e da nosa terra sen necesidade de esmagar ao resto do mundo e ás xeracións futuras.

As persoas que berramos GALIZA NON SE VENDE temos moi claro que non imos quedar indiferentes ante falsos discursos de cidadanías e democracias cando se nos criminaliza por ser cidadás e cidadáns e expresar o que pensamos, non imos quedar indiferentes cando nos seus discursos baleiran de contido as palabras, mentres agochan detrás actuacións cheas de parcialidade.

Por todo isto é necesaria a presenza de todas e todos o domingo 15 en Compostela, na Alameda ás 12:00 do mediodía.

GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE

Terra viva e vida digna para tod@s!

Anónimo dijo...

Se Beiras estivera no machito, dubido que se acercara á comisaría.

Anónimo dijo...

Se volve o Beiras ben empregada estara a lea

Anónimo dijo...

Se volve o Beiras ben empregada estara a lea

Anónimo dijo...

A ausencia de Quintana e mais miserable pois ali estaban detidos tres pacificos activistas (disfrados de vacas) que son militantes do BNG