lunes, febrero 23, 2009

Diván electoral

Touriño empeza a última semana da campaña electoral dicindo por fin algo do que realmente pensa. Que lle gustaría gobernar con maioría absoluta (a quen non?) e que atura os nacionalistas só na medida en que lle son necesarios para presidir a Xunta de Galicia. Polo demais non é preciso ser psicoanalista para percatarse de que o líder dos socialistas galegos está cultural e sentimentalmente máis lonxe de Quintana, e non digamos de Paco Rodríguez, do que poda estar de Alberto Núñez Feijóo, por muito que as apariencias indiquen outra cousa.
A fin de contas, ter que pasar polo diván dunhas eleccions tan indefinidas como as que van ter lugar o domingo tamén pode servir para que se agudicen as contradiccións. E non vaia ser que se agudicen tanto que o 2 de marzo acordemos con gobernos de coalición PSOE-PP tanto en Euskadi como en Galicia. Chámenme tolo, si, que o que ri último ri dúas veces.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Agora mási que nunca hai que votar Bloque, señor Conde. Todo o demais é a Santa Compaña do españolismo. Galiza precisa máis nacionalismo e máis independenza. Touriño e Feijóo que falen castelán e fagan política en Madrid.

Anónimo dijo...

Cando se pon, mire que di paridas, señor Croques.

Anónimo dijo...

Que máis da PP que PSOE, se case dormen na misma cama, o que pasa cara a galería hai que facer moito teatro. Teñen que perdurar este sistema que xa está caduco.
Non vai por mal camiño Sr. Perfeuto, non está tolo, con tal de seguir xantando con garfos de prata ou de ouro, son capaces de todo.
É como o outro día no mitín de F. González en Vilagarcía, falaba como un tolo contra os bancos, contra todo neoliberalismo, e el foi o primeiro que comezou a privatizar, e agora está nestes intres de intermediario na venta do Grupo Prisa a un grupo de USA, menudo sinvergoña, menudos sociolistos do carallo.

Anónimo dijo...

Palmou, Barreiro, Cuiña Junior, un paso ao frente!
Hai que soltar xa o lastre españolista e constituír o Partido Nacionalista Galego! Os tempos son chegados!