Din os dos Bloque, mediante o seu lema electoral, que queren máis. De momento está claro que o que queren é máis postos na Administración pública. Se é verdade o que lles acaban de lembrar os funcionarios da Xunta, a través xunta de persoal de servizos centrais, a convocatoria de 336 prazas de persoal fixo para as galescolas e residencias de maiores dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar non reúne as “garantías legais de igualdade, mérito e capacidade no acceso ao emprego público”.
Esa xunta de persoal está formada por representantes dos sindicatos CC-OOO, CIG, UGT e CSI-CSIF, o que non impidiu que a dirección central da CIG se pronunciase xa dicindo que non está en contra das contratacións convocadas pola Vicepresidencia de Anxo Quintana. Debe ser difícil estar na misa e repicando.
Non sei quen terá máis razón o se alguén non a ten en absoluto, pero a min o que me choca é que o BNG faga exactamente como fixo o PP mentres estivo no poder: tratar de colocar os seus no último instante, non vaia ser que as urnas se torzan. Máis información en La Voz de Galicia.
4 comentarios:
La Voz de Galicia contra a CIG
Repetidamente “La Voz de Galicia” está a utilizar o nome da CIG para difundir calumnias sen se ter posto en contacto aínda, a día de hoxe, co sindicato nin ter a CIG nada que ver coas acusacións que se imputan.
Hoxe, día 5 de febreiro de 2009, por exemplo, aparece na primeira páxina deste xornal difamacións que, supostamente, se basean en informacións recompiladas pola CIG para “identificar con nomes y apellidos a una treintena de candidatos del BNG que fueron colocados en servicios de la Xunta”. Isto é totalmente falso, xa que nin a CIG, no seu conxunto, nin as súas federacións de ensino e administración recolleron nunca ningunha listaxe deste tipo.
Que fiabilidade pode ter un medio de comunicación que afirma que “la central nacionalista CIG, a través de su boletín de enero, se sumó a las críticas a los procesos selectivos...”, cando nin a CIG como Confederación, nin ningunha das súas federacións sacou ningún boletín en xaneiro no que poña nada disto.
Como ben sabe este xornal, calquera tipo de organización ten os seus organismos e responsábeis das diferentes áreas. La Voz de Galicia non se puxo en contacto en ningún momento coa CIG, co que debemos supoñer que foron eles os que inventaron o dito boletín ou deron creto a calquera comunicación anónima que lles chegou, sen contrastala coa propia central sindical.
Desde a CIG, levamos respondendo as falsidades que está a lanzar este medio contra a CIG e contra as traballadoras e os traballadores do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar que seguen sendo vilipendiadas/os, aínda que teñan aprobado unha oposición e se teñan que presentar e aprobar outra, para desempeñar o mesmo traballo e converterse en laborais fixas/os. Reiteradamente, fomos censurados, sen posibilidade de exercer o noso dereito á lexítima defensa, conculcándose o dereito dos galegos e das galegas á unha información veraz e rigorosa.
Comparativa de oposicións profesor de secundaria, grupo A Educación e atencion educativa grupo A de Vicepresidencia, comparen e se atopan algo que dicir diganno:
OPOSICIÓNS PROFESOR SECUNDARIA GRUPO A
CONCURSO MÁXIMO 13 PUNTOS
max 7 puntos antiguedade: 0'7 por ano traballado
max 4 formacion académica: 100 horas 0’5 puntos, 1 punto por doctorado
max 2 por outros méritos : publicacions etc
OPOSICIÓN DUAS PARTES :
1 desarrollo dun tema ( temarios de 70 temas)
2 programación, unidade didáctica e defensa oral ante o tribunal
Tribunal, 4 membros a sorteo e 1 nomeado pola administración
OPOSICIÓN ATENCION EDUCATIVA EN VICEPRESIDENCIA GRUPO A
CONCURSO MAXIMO 13 PUNTOS
Max 10 puntos por antiguedade: 10 por ano traballado
Max 3 por formación : curso de 10 horas 0’5 puntos
OPOSICIÓN DÚAS PARTES
1 test de 40 preguntas, 4 respostas alternativas, dun temario de 33 temas
2 suposto práctico
Tribunal?
http://www.igualdadebenestar.org/convocatorias/
Con 1 ano de traballo no Consorcio e un curso de 60 horas de formación do Consorcio obtense 13 puntos, o máximo no concurso, nin o traballo similar noutras administracións nin os cursos doutras entidades ou outra formación teñen este valor, a experiencia laboral no Consorcio é 10 puntos por ano e noutra administración pública 1 punto por ano. Con estes bímbeos a Voz da malicia fai a súa campaña.
"ISO NÓS NON O FACEMOS" -famosa frase dalgúns que antes moito replicaban pero que hoxe teñen que calar.
Os do establishment da CIG (eses que se chove non se manifestan) pénsanse que @s representantes d@s traballadores dun determinado sector, coma o da Administración Pública, non son CIG.
A CIG non é só @s que están no seu curruncho "calentiños" en San Lázaro, son tamén @s que votamos nas eleicións na Xunta, que pese ás presións do "aparato" seguen a denunciar os abusos políticos.
Algúns deles, que non lle teñen que agradecer nada a ninguén, que denunciaban antes co PP, seguen a denunciar hoxe con aqueles que dicían "iso nós non o facemos". Ou sexa que neste caso La Voz cita ben "a CIG" xa que as súas fontes tamén son CIG. ¿Ou non?
Publicar un comentario