viernes, febrero 20, 2009

O despacho de Touriño

Hoxe ABC volve cargar contra Touriño. Conta José Luis Jiménez na páxina que abre a sección de España que o mobiliaro co que se equipou o despacho do presidente da Xunta, logo das obras efectuadas no 2006, ten un custo no mercado superior a 200.000 euros.
Tamaño prezo débese a compra mediante “contrato segredo por razóns de seguridade” de varios mobles de nogueira escura, estanterías, mesas, etc. deseñados polo catalán Jaume Tresserra, coñecido por amoblar casas de importantes personalidades e iates de gran luxo. Engade ABC que falta por saber o que custou a alfombra da firma Nani Marquina que pisa o presidente. Estará vivindo Touriño na burbulla do luxo con cargo aos presupostos da nación (galega, por suposto)?

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Cando ainda non se vé a tan citada luz do final do tunel, cando Solbes di que o ano que ven vai ser ainda pior que o que recén escomenzamos, os cidadáns asisten ó escándalo arripiante do mal facer dos políticos, que, a no tardar, levantarán ainda por riba as súas voces pidindo a recuperación do prestixio social do servizo público.
A abstención e á única resposta que lle queda ó xa descreido cidadán.
A longa crise da medo, mais ainda estandos nestas mans, as dúas, a esquerda e a dereita.

Anónimo dijo...

información fiábel a que manexa, señor Croques. J.L.J., nada menos.

Anónimo dijo...

Sr Conde: non estaría vostede por un casual, xa que pertence ao xubilariado, no mitin que o sr Quintana deu de socato e por sorpresa en Oia a 500 xubilados que pensaban que ían de festa a Portugal.Sospeito que non. Mágoa de crónica que perdemos...

Anónimo dijo...

moncler
nike travis scott
fear of god
off white
cheap jordans