Dille hoxe o candidato socialista á presidencia da Xunta a César Casal, en La Voz de Galicia, que “a preocupa-
ción dos cidadáns tén que coincidir coa preocupación do seu presidente”. E non debería ser xustamente ao revés? Tamén asegura Touriño que “non se comprou, nin se van comprar, nin aparecerán nunca por San Caetano cadeiras de 2.000 euros”. Que tome nota Ferrovial, e que garde no caixón o presuposto (que xa o poderá volver a sacar cando pasen as eleccións).
Tamén proclama Touriño a súa condición lingüística: “Yo soy castellanohablante en lo personal”, asegura. E “touriñés” no público, faltoulle engadir. Vaia andacio castelanizante que lles entrou aos dirixentes do PSOE. Para que logo digan que a manifestación de Galicia Bilingüe non tivo éxito ningún.
Menos mal que Sarille, o meu amigo Xosé Manuel Sarille, pon as cousas no seu sitio cunha entrevista que lle deu a Isabel Bugallal e que aparece hoxe en La Opinión. Debería lela moita xente, para que se vaia entendendo o que pasa co problema lingüístico.
3 comentarios:
Yo es que te le soy muy fino.
Daba gloria escoitar hai uns minutos a Touriño no Telexornal hablándole en castellanito. E a vicepresidenta Clint Eastwood repartindo inversións "del Gobierno de la Nación". Meteriase no Bloque a María Teresa?
Touriño da un paso ao fronte desprestixiando á democracia e a clase política. O seu menospréceo polo galego só esconde a súa incultura e a súa falta de responsabilidade como presidente. ¡que noxo!
Publicar un comentario