jueves, febrero 12, 2009

Quilombo electoral

Pon os pelos de punta ver e escoitar a realidade que mostra Carlos Taboada sobre o voto emigrante no seu documental Quilombo electoral, realizado hai xa tres anos e que segue a ter plena vixencia, a pesar de que nin TVG, nin TVE nin Tele5 quixeron nunca emitilo.
En vista do resultado, decidiu colgalo na rede e, grazas a iso, por fin podemos velo (premer aquí). Esta é a explicación dos motivos que levaron o autor da reportaxe televisiva a facela publica pola vía de YouTube e do seu propio blog: “Levaba anos pensando na conveniencia de colgar na rede este traballo e creo que xa chegou o momento. Xa pasaron algo máis de tres anos dende a súa realización e moita xente, sobre todo amigos meus, xa tiveron ocasión de velo. O tempo non pasa en balde e agora lembrando os motivos que me levaron a Bos Aires a producir e realizar esta peza teño que dicir que xa non son os mesmos que o que me motiva agora a colgalo na rede. A miña primeira intenciòn era demostrar como o noso sistema electoral propiciaba o engano...agora confórmome con mostrar. Sinceiramente este traballo non valeu de nada... ningún partido político (a pesares das súas promesas) nin ningún medio (a pesares dos seus esforzos) consideraron oportuno a súa divulgación ou emisión. Na miña inxenuidade non puiden discernir que tanto partidos como medios, sen ser a mesma causa teñen moito en común. Sei que me vou a meter en líos pero tanto me ten...dentro de pouco meses teremos nova cita electoral en Galicia e o sistema está podre. A ninguén lle interesa cambialo. Eu prefiro os líos que a podredumbre...”.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Tendes unha recente entrevita a Carlos Taboada, o autor deste documental, nunha páxina galega chamada Cabozo (www.cabozo.com)

Para vela teredes que rexistrarvos, máis é moi doado, só piden un nome de usuario e unha conta de correo.

A páxina ten un funcionamento un pouco distinto ao habitual. Unha vez rexistrados veredes á dereita os grupos dos que vos fan membros automaticamente. Se picades sobre o círculo branco, a esquerda dos nomes dos grupos, entrades o contido dese grupo.

Para ir ao grupo onde está aloxada a entrevista teredes que ir a opción "únete a grupos de cabozo" e picar sobre o grupo "AchegasCabozo" así os unides ao grupo e poderedes ver o seu contido que é a entrevista. Eu perdinme un pouco o principio.

Decateime da entrevista por "Vieiros" , recoméndovola, non ten desperdicio.