domingo, febrero 08, 2009

A violencia dos idiomas

Non teño, polo de agora, máis información da manifesta-
ción de Galicia Bilingüe e as súas consecuen-
cias, ca que acabo de ler na edición electrónica de La Voz de Galicia. Abóndame para percatarme de que seguimos sendo un país deacougante. Por un lado, a España ultramontana, intransixente, de charanga, touros e pandereta. Por outro, os que sempre levan a pior parte.
E, no medio unha Policía Nacional, que parece mellor entrenada para mallar nas costas de catro ducias de rapaces que para resolver crimes, perseguir narcotraficantes ou evitar que a violencia doméstica ou sen domesticar siga medrando.
Cóntanme que houbo polis que pegaron só por escoitar falar galego. E vexo nun video que colgou La Voz de Galicia que hai energúmenos que berran "Dalles, joder, dalles" cando ven os policías mallar nos rapaces. Haberá algún idioma que pague a pena defendelo a este prezo?

11 comentarios:

Anónimo dijo...

Ouvin falar a algúns dos de Galicia Bilingüe na TVG e nunha emisora local Os dous falaban un galego moi axeitado. ¿E logo non será que o que queren é xustamente unha Galicia bilingüe e non unha España de charanga e pandereta?.Xa sei as razóns dos sociolingüistas e o da diglosia etc etc. Tanto ten. Polo menos teñen dereito a se manifestar sen que ninguén veña amolalos. Digo eu...

Anónimo dijo...

Cando empezaremos a chamarmos as cousas polo seu nome?
O que pretende Galicia Bilingüe ten un nome: apartheid.
Hainos de cor de pel, relixiosos, etnicos,etc
Iste que se pretende é liguístico.
Xa se sabe como rematan estas cousas!

E hai que recordar unha vez máis que son eles os que se empeñan en non cumprir a lei

Anónimo dijo...

Doña Gloria Lago, señora fina y con "charme".

Xan paisano dijo...

¿Como imos tratar de boicotear o lexítimo dereito á manifestación dos que non pensan coma nós?
¿Somos gardiáns da revolución iraní?
Por favor, debemos convencer e vencer coa razón e non coas armas do fascismo. Nese caso, todos seriamos derrotados.

Ventorachado dijo...

Pero estes elementos de Galicia Bilingüe que carallo queren. Fédeme todo isto a cousa rancia e casposa. Sae naquel intre Rosa de España con aquel manifesto de "intelectuais", e provocan un enfrentamento neste país.
Si, ese “Manifiesto por la lengua común” que estaban e están a promocionar certos intelectuais como Savater , Vargas Llosa etc. e erguido politicamente pola UPyD da Sra. Rosa de España. Os únicos que estaban en Santiago son uns completos ignorantes e provocadores polo mero feito de que saben moi ben que no seu día o Tribunal Constitucional avalou a constitucionalidade das lexislacións nesta materia en tódalas comunidades autónomas.
Se é certo que os "descerebrados-rubalcaveños" lle pegaban a quen falaba galego, isto xa é moi grave., quere dicir que nas "academias-lavadorascerebrais" lles siguen ensinado o tufo franquista. Así nos vai.O que te rondarei morena ante o que nos ven enriba de catro millóns de parados e conflitos sociais. Os delincuentes de toda estrofa, desaparicións de menas, pederastería etc. iso que lle den. Carallo pero que ben aprenden a dar tundas aos que piden reivindicacións sociais, que inclusive pode ir os seu pais nesa "mani", que lles importa se teñen o coco comido.

Os Sres. do bilingüismo que traten de coidar o castelán que se lle vai a merda con tanto angloxanismo:
“footingg”“sándwich”, “Champións Ligue” ,“casting”,"film”,“Halloween”, "Ping”,“comic”, ” plum-cake”, “kleenex”.“feelings”, ” after-shave”,"bacon”, ” tupper-ware”,“lunch”,” ticket”,“pub”, ” stress” etc....etc..
¿Será este o castelán que defenden?

que coiden ben o castelán que xa non falan “cristiano”, e non se metan coas linguas oficiais das comunidades que son ao mesmo tempo un riqueza cultural da abondosa pluralidade do Estado Español.

Anónimo dijo...

Para non haber un problema lingüístico, na politica, andan os animos mui exaltados. Acabará senda a xente a que comence a ter problemas, porque ata agora estes solo están nos discursos.

Luis dijo...

Quero que me deixen expresar miña opinión, polo que defendo o dereito de que expresen os outras aquelas que non comparto.
As pedara non son razoamentos, son agresions.

bemsalgado dijo...

GALICIA ES BILINGÜE,

afirman, a gritos,

quienes, negandose a hablar más que el castellano,

al mismo tiempo,

nos quieren recordar, a toda costa, que


"GALICIA es ESPAÑA,

y al que no le guste QUE SE VAYA".



( Texto -salta a la vista- en riguroso y exquisito bilingüe, en homenaje a los 'sufridos' manifestantes, Dª Rosa Diaz en particular, una víctima más -de última hora- de la imposición del 'galego'. )

(Fotos en http://bemsalgado-voubou.blogspot.com/ )

Anónimo dijo...

Con todo o que ten chovido, e seguimos sen nos decatar de que a política anda polo medio, nen máis nen menos.
A Rosa de España importa-lle o galego e o castelán unha auténtica merda, ela quere viver do conto, como tamén quere vivir do conto Fernando Savater (que non é o pai de Letizia Sabater, ou é con V?), porén este ex-ácrata agora monarquizado prefira, como sempre, que outros dean a cara mentres él apaña euros en conceito de conferencias e artigos.

Agora, se do que se trata é de crear de xeito artificial un problema ou fenda social, digamos que Rosa Díez, ex-conselleira de Turismo do Goberno Basco co PSOE, a mesma que desde o seu cargo denunciou e levou ao xulgado ao humorista do ABC Mingote por chotear-se dun lema de campaña do seu departamento, Rosa acaba de comezar a soltar corda dun ovillo que veremos cómo remate.
Obrigado, Rosa.
E semella que, como ven sendo habitual, a esquerda e a pobre e descerebrada extrema esquerda carecen de elementos para interpretar a realidade. Con acións coma de onte, a dereita do PP e Rosa de España terán que estaren ledos xa que algúns traballan de balde a prol da súa campaña política, e non deixa de ter a súa graza que elementos lusistas (unha grafía máis ou menos imposta por inteletuais que viven embaixo da parra vendimada) saían á rúa a defender un galego que eles non pratican. En fin.
E, se ademáis tiveran un momento para pensar, talvez se decataran de que os elementos máis espabilados do PP e do partidiño de Rosa de España son dous ex-PCEs, que coñecen ben todos os tics da esquerda, a saber o señor Arias e o señor Cancio, e ese tipo de xente aproveita todo o que hai na nasa, incluído a escasa capacidade de análise que ten, en xeral, a esquerda e a extrema esquerda.

Anónimo dijo...

Se facemos un balance do camiño andado na normalización do galego haberia que concluír que a cousa non vai tan mal ou algún de vds pensaría hai 25 anos (falo dos veteranos) que verían aos sectores máis clasistas e pijos de Vigo facéndose as víctimas e manifestándose en Compostela polos seus dereitos lingüísticos e ademais apoiados por Rey fernández- La Torre, club Financiero de Vigo, e outros que tal bailan?
É pena que o discusiño final non llo encargaran a Manquiña para que todo resultara máis patético aínda.

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,