viernes, febrero 13, 2009

Xoán Gato e Antonio Pernas

Terra Galega, a mini forza política coa que Xoán Gato aspira a cociñar algo na política galega, leva varios meses sen pagar o aluguer do baixo que ocupa a súa sede en Santiago, segundo publica hoxe El Correo Gallego. Os grandes partidos débenlle millons e millóns de euros que nunca pagan aos bancos e non por iso saen nos xornais. En calquera caso, que confianza poden dar os que non cumpren o que prometen nin pagan o que deben.
E logo ven o modisto Antonio Pernas e di, no mesmo xornal, que a súa utopía sería unha Galicia sen clase política. Ou sexa, gobernada por el e por uns cuantos máis coma el, e, a ser posíbel, sin ter que pasar polas urnas. É curiosa a inclinación política que mostran certos apóstolos do apoliticismo.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Ai, se lle contara eu algunhas couas de Terra Galega, mellor dito, Terra Talega, en Marín, privincia de Pontevedra, con aquel candidato nas municipais... e con aquel chico que viña de viver en Marbella, disposto a facer grandes negocios nunha vila que, a día de hoxe, carece de Plano de Ordeación Urbana, e, da man da coalición de Progreso, BNG-PSOE, tampouco semella que estean polo labor.
Cando digo que non hai ese Plano, quero dicer que leven máis de 15 anos así, e que en Marín, como en todo o Morrazo (non é a patria dos políticos de toda cor, senón unha península), deixar que o urbanismo teña como modelo a ausencia do mesmo, só poderá levar a desfeita que se pode contemplar no litoral que, xusto agora, un chisquiño antes das elecións, vai camiños de ser legalizada (un paseo por Ardán é-lles moi clarificador)

Anónimo dijo...

Estes Pernas non é máis g. porque non ensaia.

Anónimo dijo...

E o de Gato é a máis clara mostra do que faría se, por unha conxunción dos astros, chegara a gobernar. Deus nos colla confesados!