Na foto, Gonçalo Amaral
A prensa e a Policía británicas e, sobre todo, os pais de Madeleine MacCann acaban de propinarlle un duro golpe ao policía portugués Gonçalo Amaral, que ata agora era responsábel de investigar a desaparición da nena británica, ocorrida no Algarve o pasado 3 de maio. Alipio Ribeiro, director nacional da Polícia Judiciária, cesou a mediodía de hoxe a Amaral nos seus cargos de director da citada Policía en Portimâo e responsábel de conducir a investigación do caso de Maddie.

O seu cesamento debeuse especialmente, pero non unicamente, ás declaracións feitas polo polémico policía portugués a Diario de Noticias. Recollidas polos xornalistas Paula Martinheira e José Manuel Oliveira, estas declaracións foron publicadas polo xornal lisboeta no día de onte, rezumando auténtico desprezo non só polo comportamento dos medios de comunicación británicos senón tamén no tocante á actuación da Policía inglesa sobre o caso de Madeleine e os seus pais. "A Polícia británica tem estado unicamente a traballar sobre aquilo que o casal MacCann pretende e lhe convém", foi unha frase pronunciada por Gonçalo Amaral, pero non a única. Outra máis: "Essa situaçâo está completamente posta de parte, nâo tendo qualquer credibilidade para a polícia portuguesa", referíndose ao e-mail anónimo que foi enviado á web do Príncipe Carlos de Inglaterra acusando a unha ex empregada do The Ocean Club de ter raptado a Maddie en vinganza por ser despedida do seu traballo nese lugar de vacacións. O policía cesado tamén lle dixo ao DdeN que "esa história do rapto por vingança é mais um facto trabalhado pelos MacCann". Ou que "nâo é um e-mail, ainda por cima anónimo, que é fácil saber de onde partíu, que vai distrair a nossa linha de investigaçao".
O caso é que Gonçalo Amaral acabou batendo contra o seu propio muro, unha prensa que el propio tentou manexar en Portugal, pero que lle saíu rebelde e ata nemiga en Inglaterra. O xa ex responsábel do caso policial máis célebre deste momento no presentaba precisamente un perfil impenetrábel. Amaral foi albo de informacións moi polémicas sobre a súa suposta responsabilidade nun caso anterior de menores de idade desaparecidos nos que, segundo foi logo denunciado, houbo práctica de torturas para lograr confesións de culpabilidade e algún xornalista ata publicou referencias a unha suposta afección súa a beber máis da conta e a non traballar demasiadas horas cada día. Ata agora case no fixera a penas declaracións que non foran para queixarse de que dixeran del que andaba mal vestido. "Pero se gasto chaquetas de Hugo Boss", dixo unha vez.
Non se sabe aínda quen vai ser o seu sucesor. A ver se todo serve para que o caso avance cara á unha solución rápida. Oxalá que a nena estea aínda viva, como sosteñen os pais. E que apareza.

No hay comentarios:
Publicar un comentario