lunes, octubre 01, 2007

En sanidade, medianiños


No seu conxunto, España ocupa o lugar número 14 dos sistemas de saúde de Europa, segundo deu a coñecer hoxe en Bruselas a Health Consuner Powerhouse (HCP), unha organización de orixe sueca, con sede en Estocolmo, Bruselas e Canadá, que analiza as atencións sanitarias e compara os resultados para deseñar ferramentas de información ao consumidor, e que foi fundada por Johan Hjertqvist, reformador e creador de ideas da política sanitaria en Suecia.
Logo de estudiar as situacións sanitarias dos 27 estados membros da Unión Europea, máis Nooruega e Suiza, a HCP chegou á conclusión de que Austria é o país que mellor atende os seus enfermos, seguida por Holanda, que foi líder no ano 2005, e por Francia, ganadora en 2006. Para facer este ranking evalúa 27 indicadores organizados en cinco categorías: dereitos dos pacientes e información, tempo de espera nas consultas, resultado dos tratamentos, xenerosidade do sistema de saúde e acceso aos medicamentos.
Seguindo este criterio, España logrou 624 puntos, sobre os 1.000 posíbeis. "España debe tratar o problema relativo ao tempo de espera, así como a falta de información, incrementando a transparencia da información sobre os hospitais a través de indicadores de calidade. Para logralo sería aconsellábel que se inspirase nos exemplos do Reino Unido e Dinamarca. A información sobre a calidade pode non só facer que aumente a movilidade senón tamén facer que disminúa o tempo de espera", manifestou Arne Björnberg, director de Investigación do Índice de Consunmidores da Sanidade Europea (EHCI, siglas en inglés).
Pola súa parte, Johan Hjertqvist, presidente de HCP, opinou que "España ten un alto índice de infeccións resistentes aos antibióticos. A posibilidade de adquirir calquera tipo de antibióticos sen receta médica pode parecer atrativa dende o punto de vista do consumidor, pero a propagación de infeccións mortais é un prezo moi alto que se paga por isto".
O ranking da HCP, correspondente a 2007, quedou estabrecido da seguinte maneira: 1 Austria, 2 Holanda, 3 Francia, 4 Suiza, 5 Alemania, 6 Suecia, 7 Noruega, 8 Finlandia, 9 Dinamarca, 10 Bélxica, 11 Luxemburgo, 12 Estonia, 13 Chipre, 14 España, 15 República Checa, 16 Irlanda, 17 Reino Unido, 18 Italia, 19 Portugal, 20 Eslovenia, 21 Grecia, 22 Malta, 23 Eslovaquia, 24 Hungría, 25 Romanía, 26 Lituania, 27 Polonia, 28 Bulgaria e 29 Letonia. E, se concretaramos máis, que lugar lle correspondería a Galicia?

1 comentario:

Anónimo dijo...

Pois xa pode ir vostede facéndose unha idea...

Almiral Mouchez

(Apertas a todos, especialmente a todos aqueles amigos dos que non sabía desde hai tempo. Boas noites, boa sorte)