martes, octubre 16, 2007
Casetas de Turgalicia para os amigos?
O 2 de outubro apareceu no DOG un anuncio da Sociedade de Imaxe e Promocón Turística de Galicia, S.A. (Turgalicia) convocando un concurso aberto "do servizo consistente na realización dunha caseta de Turgalicia para doce feiras de turismo do ano 2008", por importe 1 millón de euros.
O curioso do caso é que resulta sospeitoso que non se respectara a tramitación ordinaria para presentar este tipo de ofertas. O anuncio en cuestión marcou a data límite para presentalas no 5 de outubro, é dicir, tres días despois de ser publicado. Coida alguén posíbel presentar en 72 horas o deseño dunha caseta que represente a Galicia en doce feiras, co correspondente prezo? Vendo cousas destas, malia levan os malpensados que sempre sospeitan que este tipo de ofrecementos públicos esconden unha formalización contractual dirixida a quen xa estaba no allo da proposta. Ademais, o tal concurso botou man do orzamento de 2006, que evidentemente xa estaba pechado, para cubrir importe do millón de euros.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Este cantamañanas do Rubén...
Empezaron polo "aguinaldo" dos 15.000 euros. Veu logo a fastuosa viaxe do conselleiro de Industria con toda a súa cohorte a Tokio. Seguíu a promoción de salarios "minimileuristas" (xa ve, don Perfecto, que lle leo blog) e agora isto das casetas para os amigos.
Definitivamente, cal é a diferencia entre Bloque, PSOE e PP?
A diferencia é Blanco. Agora traballa máis... moito máis.
Publicar un comentario