viernes, octubre 19, 2007
Médicos do CHUS auséntanse sen deixar quen atenda as súas prazas
A finais de setembro, o Servizo de Aparato Dixestivo do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) deixou sen atender a varios pacientes debido a que o xefe do departamento, Enrique Domínguez Muñoz, e o facultativo especialista da área de Dixestivo Xulio Iglesias García ausentáronse de Santiago sen deixaren quen cubrira as súas ausencias.
Familiares de varios enfermos queixáronse no servizo de Atención ao Paciente sen que se saiba ata agora se o xerente do hospital tomou algunha medida. Un dos afectados pola situación creada a un familiar seu, Xoán Xosé Álvarez Carril, é director do departamento de Planificación Enerxética do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), que depende da Consellería de Imnovación e Industria da Xunta de Galicia.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
7 comentarios:
Nada que facer, ó final non hai máis que pedirlle o pacientes "paciencia"
Isto da sanidade pública é o gran fracaso de todos os gobernos. Por un lado é verdade que temos un dos mellores sistemas de asistencia sanitaria de Europa, bastante ben dotado de medios materiais (grandes hospitais, instrumentaxe, etc., o que poderiamos chamar o "hardward" do sisetma). Traballan na seguridade sanitaria mesmo grandes profesionais da Medicina e da Enfermería. Pero logo fallamos no que podería parecer que sería capaz de resolver un bo "alcalde": a organización, a xestión.
O caso que se comenta aquí, insistentemente repetido por todo o país, resolveriao mellor calquera capataz dunha empresa construtora. Por que na seguridade social pasa o que pasa? Sinxelamente porque non hai vontade de facer as cousas como hai que facelas. Que me vou dous ou tres días a un congreso ou a unha paparota? Non pasa nada. Xa traballarei algunha hora de máis cando volva. E mentres tanto que agarden os enfermos e sufran tamén os seus familiares.
Se non chega o día en que alguén lle meta man a isto sen dolo, seguiremos botando a perder o mecanismo de benestar social máis importante que temos.
Unha pena.
Fai uns dias andaban dando a matraca co o carallo de López e agora nin asoma. Non si si e boto de menos ou o botaba de mais. O certo é que dame igual.
Perfecto, ¿falaremos algún día das prevendas dos médicos recibidas dos laboratorios?, da mercadería sumerxida, dos viaxes a congresos que non son outra cousa que retribucións encubertas...
¡¡¡É certo!!! ¿Qué foi do López?
Sei que o miraron a pasar por Aiaz, mais tamén por Quiroga e por Doade...
Visto que López volvió (e ninguén pudo evitalo), procedo a narrar una anécdota cierta como la vida misma y pertienete al pos que nos cocupa. Me encuentro a un médico conocido en el avión:
-¿De donde vienes?
- De Río de Janeiro, de un Congreso.
- ¿Y que tal fue?
- Fatal. Nos llovió mucho.
vasco moscoso:
Se non fose polo galego (que parece mentira para un brasileiro) diría que tí es López, pola propaganda que lle fas.
Mais quixera él.
Publicar un comentario