lunes, octubre 01, 2007

Pérez Varela manda recado


Pérez Varela, no centro, con Peter Eisemann , arquitecto da Cidade da Cultura, e Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago.



Francamente significativa a entrevista que lle fai o xornalista Xosé Precedo ao incombustíbel Xesús Pérez Varela e que publica hoxe El País. Para empezar, o titular: "Núñez Feijóo está implicado en La Cidade da Cultura como lo estamos todos". Vaia aviso a navegantes! Se hai queima, aquí arde máis de un, parece ser a sibilina mensaxe que lle manda o admirador de Carmiña Burana ao sucesor de Fraga.
En realidade o que parece é que Pérez Varela anda autosubministrándose o virus de Gaiás, que el pensa que lle pode servir de vacina contra o andacio que sen dúbida vai extender o funcionamento da recentemente creada comisión de investigación do Versalles de Fraga. Empezou publicando aquela longuísima diatriba en dúas entregas, en El Correo Gallego, e continúa agora concedendo estas declaracións ao xornal da progresía galega –Público aínda segue sendo só un bo gratuíto que se vende a 50 céntimos– deixando entrever que hai que poñer o ollo no parche. Valia a seguinte mostra de pregunta e resposta:
P. Usted ha expresado su orgullo por la Cidade da Cultura, justo al contrario de lo que dijo Alberto Núñez Feijóo, quien reconoció que su partido no se sentía orgulloso de la tramitación. ¿Se siente respaldado por el PP?
R. Hablé con Feijóo y me dijo que sus palabras tenían 20 matices. Luego admitió que no conocía la tramitación del proyecto. Creo que el señor Feijóo, que además era miembro del Gobierno cuando se aprobó una parte de la obra, está tan implicado con la Cidade da Cultura como estamos todos. La verdad es que yo tengo que decir que estoy orgulloso de haber colaborado, y quien la puso en pie fue Manuel Fraga, que tenía las ideas muy claras. En el Gobiero estábamos unidos, lo que no quiere decir que no hubiese recelos por temor a perder votos.
Por certo, unha pequena pero importante corrección a El País. O arquitecto coordinador do proxecto da Cidade da Cultura non era o cuñado da que daquela era conselleira de Familia, Pilar Rojo. Era e segue sendo o seu marido, Alfredo Díaz Grande, Freddy para os amigos, entre os que se conta o ex ministro e actual líder do PP Mariano Rajoy. Dase a casualidade, ademais, de que Freddy non só tivo responsabilidades na Cidade da Cultura senón que tamén foi o arquitecto de varias obras levadas a cabo polo Ministerio de Interior mentres que foi ministro Rajoy. Por exemplo, a Comisaría de Policía de Vilagarcía.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Este homiño pode mandar o recado que queira, pero el e o seu aptrón, Fraga, van ter que apandar co que lles toque. Dirixir o ventilador cara a Núñez Feijóo é unha maneira de delatarse a si mesmo. Debería estar caladiño, e que traballen a comisión e a Xustiza.

Anónimo dijo...

Deixemos en paz ao gran musicólogo especialista na cantante patria Carmiña Burana. Para un erudito que temos non facedes máis que metervos con el! Moita envexa é o que hai.

Anónimo dijo...

Al hablar de relaciones familiares viene a mi memoria su comentario de semanas atrás referente al nombre del yerno del Excmo. Sr. D. José Manuel Gabeiras Montero que fuera citado por D. Carlos Aimerich vinculado a las instalaciones de REGANOSA y a los sorprendentes tropiezos surgidos en la tramitación de tal proyecto. Pues bien, para satisfacer su curiosidad le diré que se trata del Ingeniero de Minas D. Guzmán Solana Gómez (Santoña, 1946), que tras su paso por CAMPSA y el INH, fue consejero delegado de Gas Natural (1996), vicepresidente ejecutivo de Repsol YPF (1999), presidente ejecutivo de Enagás (2000) y desde el 2005 consejero dominical (sic) de Gas Natural.

El hecho de que su suegro dirigiese el movimiento opositor a la planta de regasificación que más daño podía hacer a los intereses del grupo Gas Natural, rompiendo el monopolio Enagás-Gas Natural, no deja de ser seguramente sino una casualidad de las muchas que iluminan nuestras vidas, como aquel fortuito encuentro sobre una mesa de disección de un paraguas y una máquina de coser.

Como también es seguramente casual que una cuñada de D. Guzmán Solana, Dña. Patricia Gabeiras Vázquez, abogada del Comité Cidadán de Emerxencia, trabaje en el despacho de D. Miquel Roca i Junjent, asesor jurídico de Gas Natural.

¡Cuántas casualidades iluminan nuestra ingenuidad!

Anónimo dijo...

Aver Festina lente, a ver: Dende o fondo do meu corazón, apresurándome amodo, non sei a que ven todo ese rollo do xeneral Gabeiras cando o que se está é a falar de Pérez Varela. Como non sexa unha mensaxe segerda que lle mandes ao Perfecto Conde, xa me dirás. En todo caso, está moi ben iso de que te inclines polos latinazos.
Saúdos