viernes, octubre 19, 2007
Aymerich esvarou sobre a cabeza de Alonso Montero
A biblioteca que lle vendeu Xesús Alonso Montero á Xunta vai camiño de converterse en algo parecido á de Alexandría, pero con máis manipulación política. A Carlos Aymerich, voceiro do BNG no Parlamento, non lle importou dala por desaparecida e non pedíu de milagre que se puxera a buscala o CSI do bipartito, e o xornal La Voz de Galicia tampouco dubidou en darlle curso á trécola levado seguramente pola súa actual teima de arrear sobre todo o que se move na capital de Galicia.
El Correo Gallego, xornal de Compostela que sempre se distingue por seguirlle a corrente a quen está no poder, tardou só unhas cantas horas en publicar o lugar onde están os libros, manuscritos, documentos, xornais e revistas de Alonso Montero. En total, arredor de 17.000 –máis publicacións periódicas que libros– e están convenientemente gardados no Centro Superior Bibliográfico de Galicia, que ten a súa sede no número 61 da rúa compostelá do Horreo, a moi escasos metros do lugar parlamentario dende o que se pronunciou Aymerich con máis vontade de largar o que fose que de manter o rigor que deberían comprender as súas palabras cando fala ex catedra. Dase a casualidade que o Centro Superior Bibliográfico de Galicia depende da Consellería de Cultura, departamento que dirixe Ánxela Bugallo. Polo tanto, tan difícil lle resultaría ao deputado, tamén nacionalista, averiguar que pasaba e onde estaba a biblioteca de Alexandría, digo de Alonso Montero? Non sería que Aymerich preferíu disparar ao ar e ver se lle caía algo na cabeza ao vendedor dos libros, que sempre foi e segue sendo un personaxe co que os do Bloque parecen pasalo ben poñéndoo na picota?
Por se houber moitas dúbidas para responder a última pregunta, Carlos Aymerich, máis que embainala cando se víu desmentido radicalmente pola realidade, o que se lle ocurríu foi abanear novamente a espada dicindo que hai que responder á pregunta de por que se compraron eses libros. Pois que se responda. A iso e a todo o que faga falta.
Non é que queira deixar en evidencia o voceiro do Bloque, pero o que el non atopou tan preto de onde se move normalmente a súa vida política, decubríuno Croques só con cruzar a rúa. Os libros, as revistas, os documentos, os manuscritos e os xornais que perteneceron a Alonso Montero e que foron adquiridos con destino á futura Biblioteca Nacional galega están perfectamente clasificados e almacenados á espera dese destino, gardados en caixas de cartón. Unha delas aparece na fotografía. A inscripción AM quere dicir Alonso Montero e os números corresponden aos exemprares catalogados que están dentro dela.
Anda que como as investigacións parlamentarias sexan tan curtas e tan veraces coma que levou a cabo Aymerich –e deu pr boa La Voz de Galicia– sobre os libros de Alonso Montero, aínda habemos ir aviados.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
13 comentarios:
Este listillo, discípulo predilecto do opusdeísta Meilán Gil, xa meteu o zoco en moitas ocasión. Citemos algunhas: dar o visto bo ao vállame deus Valedor do Pobo; avalar o da pintanza dos 15.000 euros; etc.
E o peor de todo é que ten unha voz horrible.
Digo eu que se non sa´bía onde estaban as caixas, malamente ten idea do que teñen dentro e, por tanto, cando pregunta por qué as compraron e por enredar, non por que teña algunha dúbeda da pertinencia da compra. Respóndaxelle, por qúe non, como di o blogueriro Perfeuto. Pero, postos a preguntar e abrir caixas teña coidado o señor Aymerich non sea que abra as caixas dos tronos.
Con xente con tanto rigor e seriedade como o Aymerich, o Bloque vai de cu e marcha atrás. Se non, ao tempo.
O único que vexo é unha mala ostia por parte do Sr.Aymerich a Xesús Alonso.Pero quen lle dera chegar a este listillo e progresista de postal á altura das solas dos zapatos de A.Montero.Lle quixera ver ao listillo se tiña os "huevos" ven postos, como os que tivo Xesús naquela longa noite de pedra. Nin por asomo. Amin os de "postal" dánme moito noxo.
Os do Bloque non pode ver a Alonso Montero. Iso é unha realidade, quizais derivada do vello enfrontamento que sempre mantiveron vivo o citado catedrático escritor comunista e Francisco Rodríguez. E fai ben o Conde en lembralo, pero o que non di é que el foi un dos alumnos predilectos de don Xesús nin que militou xunto a el no Partido Comunista. Quizais é, polo tanto, analista pouco obxectivo desta cuestión.
E tamén se cadra é por iso que non plantexa o que está no miolo do problema. Alonso Montero vendeu a súa biblioteca cando era conselleiro de Cultura outro ex alumno seu, o ínclito Xesús Pérez Varela. Por outra parte, non resulta algo chocante que un comunista de postín coma el, en vez de donar os seus libros e documentos para que pasasen a engordar o patrimonio popular da cultura galega, decidira vendela a un prezo que non foi precisamente simbólico a esa aínda virtual Bibliteca Galega?
Se cadra fai ben Carlos Aymerich preguntándose por que se compraron –a ese prezo– eses libros. Eu se fose el, indagaría até chegar ao fondo. Iso si, faceríao con máis tino que cando deu por desaparecida a tal biblioteca.
Me parece que el último anónimo busca fantasmas y alienta rencillas. Investíguese, complementense las adquisiciones si hay ausencias notorias, etc., pero no se pongan en circulación datos falsos (supuestas desapariciones) y, sorprendidos en la metedura de pata, se pretenda arreglar poniendo en duda el valor que contienen.
Creo que es un error de Perfecto el meter por medio a Alonso Montero que, desde que vendió los fondos, no tiene por qué saber en dónde se encuentran. Intentar descalificar al bloguero por haber militado en las filas del PC, al lado de don Xesús, me parece una solemne estupidez; tan grande compo pretender que el Pérez Varela, sospechoso de colaboración en el 23F, adquiriese los fondos por connivencia con su viejo profesor comunista.
El bloquero trabajó para el Bloque en Ferrol y todavía trabaja para "A Nosa Terra" hoy. Sin embargo no para de darle mandobles a Quintana y sus cuatres. Por lo que lo he leido, contradicciones incluidas, si Perfecto Conde es sospechoso de algo es de absoluta independencia, algo bien raro hoy en día.
En el debate de la Ciudad de la Cultura parece que todo lo que embarre vale. Y me temo que, al final, los políticos volverán a pactar las tablas, como los jugadores de ajedrez, y los gallegos no nos enteraremos de nada.
Sei que Alonso Montero tiña poderosas razóns familiares que lle urxiron a vender a súa biblioteca por esa cantidade tan alta a Pérez Varela. É algo humano e comprensible, e eu compréndoo.
Pero tamén é certo que, facendo esa operación espúrea, xa non está lexitimado para ir pola vida presumindo de pureza comunista, polo que debería deixar de convertirse en martelo de herexes de xentes como Risco ou Cunqueiro.
Eu así repectaríao integramente.
Terían que ser moi poderosas, ademais de familiares, esas razóns para que se poida comprender ben a transación dos libros de Alonso Montero. Coido que a consellería de Cultura debería facer público o contido exacto do que apartou o vendedor, prezo pagado, etc.
Razóns familiares e poderosas para venderen cousas teñen moitas persoas e non todas teñen a sorte de atopar un comprador público xeneroso. Non vaia ser que, entre o vendido, haxa material de recoñecido dominio público que agora apareza vendido por un comunista emblemático.
Saberemos a verdade? Quizais iso e non outra cousa é o que busca o deputado Aymerich.
Pois se iso é o que buscaba o ínclito deputado señor Aymerich, debía obrar con máis rigor e con máis coherencia, dicindo as cousas polo seu nome e non actuando hipocritamente, tirando a pedra e agochando a man. Quizais a súa aprendizaxe a carón do Opus lle deparou certo estilo que, cando lle aflora, eu xulgo deleznable, como ocurre neste caso.
De Alonso Montero tamén fun o suficientemente crítico na miña mensaxe precedente.
E sego dicindo que as súas foron razóns familiares poderosas, pero tamén moi íntimas, polo que eu respectar tal intimidade.
Conste que, por outra banda, Alonso Montero nunca foi nin é santo da miña "devoción" (palabra que uso co permiso do señor Aymerich, xa me entenden).
Vale. Alonso Montero tiña poderosas razóns familiares para vender a súa biblioteca a un goberno de Fraga. Podemos decilo como disculpa. Vale. ¿Cándo vai disculpar ao resto da humanidade o señor Alonso Montero por pecar contra outros mandamentos?. Non vale usar dúas varas de medir. Entendo que Basilio Losada vendera a súa biblioteca, él non anda piandoa contra Fraga como Alonso Montero, él non da lecións de roxerío a todo Cristo, él non dí, como Alonso, que "é marxista" e que quixera morrer comunista (cada quen morre como lle peta, pero hai que ter mal gosto pra quer morrer comunista...).
Esa é a diferencia: piar ou non piar, gagala ou non cagala.
E, agora, imos a un pequeno detalle da venda da biblioteca de Alonso Montero á Consellería de Cultura que manexaba Pérez Varela: Alonso vendeuna en dous bloques, un bo e un bastante malo. Do bloque bo non falo porque non sei, pero do bloque malo de libros, sí, e direi que entre as xoias que foron para a Cidade da Cultura estaba "Trece badaladas", do camarada autor Suso de Toro. Isto quer decir que Don xesús Alonso Montero vendeu a prezo de libraría os libros que as editoriais lle envían de balde para que lles bote un ollo e, se ten a ben, comentalos nas páxinas de La Coz de Galicia. Todo isto sabeo don Daniel Buján, xefe que foi do Centro Superior Bibliográfico de Galicia e futuro director da Biblioteca Pública de Santiago.
Señor Director, vostede que traballou en Interviú e facía xornalismo de investigación, ¿por qué non localiza as actas da Comisión de Valoración que decidía qué se compraba e por cánto se adquiría?. Esos sí que son documentos interesantes, señor Director. Sobre todo porque entre os "documentos" que se adquriron están, nen máis nen menos, que dous arpóns noruegueses para cazar baleas..., e non é broma, señor Director.
Non escurezamos a cagada de Aymerich.
Publicar un comentario