Óscar Pereiro, o noso gran corredor de bicicleta, por fin xa recibíu o maillot jaune que lle corresponde como gañador do Tour 2006. Nun acto que tivo lugar no Consello Superior de Deportes en Madrid, foille entregado por Christian Prudhomme, director da famosa competición ciclista francesa, e por Patrice Clero, presidente da empresa organizadora do Tour.
A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, que sinte polo deportista de Mos unha admiración moi especial, a súa directora xeral para o Deporte, Marta Souto, e a alcaldesa de Mos, María Xesús Escudero, non resistiron a tentación de retratarse con Óscar nunha foto que se cadra é histórica.
7 comentarios:
Tamén sae o fuguilla do presidente da Federación Galega de Ciclismo, Sabino. É o friki que semella estar en plan "fotoxop". Hai que documentarse amigo Conde.
Iso da admiración especial da conselleira polo ciclista, que quere dicir? Hai que lelo entre liñas?
Home, o rapaz é guapiño e ten unhas pernas!
Isó é, entre liñas non. Entre as pernas.
Se a conselleira fose conselleiro, ¿faríades estes comentarios?.
Estes e máis aínda. Como se ve que ves pouco por este blog. Que teñen de malo estes comentarios?
Simpático ciclista de Mos.
Publicar un comentario