viernes, octubre 05, 2007

Valle-Inclán galego?

Deep Trought, unha das gorxas máis fondas que acostuman visitar e comentar este blog, deixoume esta maná a seguinte mensaxe: "Ayer leí el libro que escribió para el Concello (de Santiago) su nieto bibliotecario (bueno y portuno). Un dato: el Partido Galeguista defendía la galleguidad de la obra de Valle (quizás a su pesar). Sin embargo, hoy la línea "oficial" de la cultura galleguista mantiene que ni Valle ni Torrente son escritres gallegos". O libro ao que se refire é Valle-Inclán en Compostela, escrito polo seu neto Javier del Valle-Inclán Alsina e publicado recentemente pola Concellaría de Cultura do Concello de Santiago, que por certo está rexida polo nacionalista Néstor Rego Candamil.
Dear Deep Trought: Vostede plantexa unha polémica tan vella como interesante. A suposta galeguidade dos nosos escritores que escriben en castelán. Eu, a bote pronto e sen ningún ánimo de anoxar a Paco Rodríguez ou a Xavier Alcalá, nin a ningún dos tropecentos comisarios da lingua que viven á conta do contribuínte, diríalle que me parece unha ximnasia tan estúpida como a de erguer as saias dos anxos para mirar se son machos ou femias. Se Valle Inclán, Torrente, Cela, Camba ou Fernández Flórez non son escritores galegos, que carallo serán Alfredo Conde, Iolanda Castaño ou, poño por caso, Luís González Tosar? E lamento dicir isto que sei que vai contra á corrente impetuosa do politicamente correctísimo que tenta arrastrarnos.
Que pasaría se Valle nacera en Palafruguell e vivira eternamente enamorado de L'Empordà como lle pasou a Josep Pla, e non vale retrucarme que o autor de La huída del tiempo tamén escribíu Els Pagesos, por poñer dous exemplos? Ou se Valle fose Pío Baroja. Negaríanlle a carta de cidadanía literaria os cataláns e os vascos? Os vascos non o teño claro, pero os "polacos" teriano nun trono case tan alto como o da Moreneta

31 comentarios:

Anónimo dijo...

Boas tardes a todos.

Na miña opinión particular, non ten sentido cuestionar a galeguidade de Cela, Torrente ou por suposto Valle-Inclán...

Outra cousa -aí nin entro nin saio- é que ao falar de literatura galega, se opte polo criterio filolóxico, que identifica unha literatura coa lingua na que esta se expresa.

Son Valle, Cunqueiro e Torrente escritores galegos? Sen dúbida.

A súa obra forma parte da literatura galega? Pois vostedes dirán...

(Desde logo, estou convencido de que Galicia vivirá, para sempre, nas súas palabras; é dicir, dentro deles)

Grazas pola súa atención.

Ata mañá, e boa sorte a todos.

(Tanta como merecen)

Almiral Mouchez

Dubidoso metódico dijo...

Xa, o criterio filolóxico... funciona só se temos en conta os escritores que só escribiron en lingua galega.

Pero se pensamos un pouco, que facemos cos escritores bilingües que escribiron a súa obra en galego e en castelán? Pódese entender Rosalía sen a súa obra en castelán? Dubídoo. De feito, Francisco Rodríguez na súa "Análise sociolóxica de Rosalía de Castro" considera a súa obra en castelán. E o mesmo se pode dicir de Álvaro Cunqueiro ou de Otero Pedrayo ou de Vicente Risco ou de Blanco Amor ou de Bieito Iglesias ou de Alfredo Conde ou de...
É coherente, como se fai nos manuais de bacharelato, obviar o feito de que escribiron tamén obras en castelán? Non se pode acodir ao argumento tramposo de que se a "prohibición" ou de que se non sei que. O feito é que escribiron tamén en castelán porque, ante todo, eran escritores, e tal condición estaba por riba da lingua na que escribían e das súas circunstancias.

Pero tamén o asunto se complica se acodimos a autores monolingües en castelán ao 99,99%, como Murguía ou Brañas. Falaban de Galicia, sobre Galicia e para Galicia, ... pero en castelán.

Se acodimos ao plano internacional pasa algo semellante. Nabokov que é: un escritor ruso ou norteamericano? En realidade, se utilizamos o criterio filoloxista non habería literatura norteamericana, senón unicamente literatura inglesa, non? E que pasa con Kafka: checo ou alemán? E que cos escritores africanos ou asiáticos que escriben en inglés ou francés. Forman parte das literaturas inglesas e francesas polo simple feito de escribir en tales linguas? Non habería logo literatura(s) africana(s)?

A realidade é así de dura, amigos, gústenos ou non. Non sei como, pero os que entenden disto deberían reconsiderar a simple ecuación: literatura galega = literatura en galego.

Dubidoso metódico dijo...

Disimulen os erros de redacción. As présas, xa se sabe...

Perfecto Conde dijo...

Estimado Dubidoso Metódico:
Ás veces eu tamén son dubidoso e dubido, por exemplo, de se paga a pena que siga escribindo todos os días neste blog. Léndoo a vostede, a verdade é que esa dúbida desaparece. Aínda que só fose por recibir neste recanto do pensamento libre unha argumentación ta intelixente e ricaz coma de vostede, claro que paga a pena seguir dándolle de comer a Croques.
Felicítoo sinceramente e prégolle que nos alegre o espírito e nos engrase a mente deixándose caer decote por estas páxinas.
É un pracer lelo a vostede.
Moitas grazas.
Perfecto Conde

Dubidoso Metódico dijo...

Virei, virei logo baixo este nick, xa que fun tan ben acollido. O que si que non sei é se estarei sempre á altura das súas desmesuradas espectativas.
E sega escribindo, por favor, que boa falta fan xentes que se atrevan a ollar alén da peluxe do embigo.
O próximo whisky de malta vai á súa saúde.

Xoán de Neipín dijo...

Home, no caso de Valle, coido que non debe haber dúbidas. O autor de "Tirano banderas" claro que é escritor galego aínda que non escribise en galego. O propio Alfonso R. Castelao consideábao deste xeito. "Toda Galiza está no seu corpo", dixo cando morreu Valle, do que pensaba que universalizou o idioma galego escribindo en castelán o que pensaba en galego.
Quizais nos casos de Torrente, Cela, Camba ou Fernández Flórez a realiddae sexa algo diferente. Non o sei ben.

Anónimo dijo...

coitados irlandeses...nin Joyce, nin Shaw, nin Yeats, nin Keats, nin Wilde, nin Beckett, nin Swift, pertencen a literatura irlandesa...
Ega

Dubidoso Metódico dijo...

Efectivamente. E Irlanda, tamén Irlanda. E a lista alargariase ad infinitum...

xiaoroel dijo...

Tema interesante. Ao que vexo, os diferentes "posteadores" teñen posto sobre a mesa as principais liñas de argumentación ao respecto.

Desde o meu punto de vista o probleme é só un pseudoproblema prantexado desde a confusión de dous conceptos que non teñen por que coincidiren no 100% do seu alcance e da súa entidade.

Todos eses autores citados pertencen á Cultura Galega (permítánseme as maiúsculas para significar un corpus delimitado) que pode ser expresada en otra linguas (español, latín, portugués, francés, sueco, etc.), pero non todos pertencen ao Sistema Literario Galego que só abrangue a literatura escrita en lingua galega.

Murguía ou Valle pertencen á cultura galega, pois a súa bagaxe relacional co mundo e os homes segue os pradigmas da cultura propia da Galiza. Galeguidade por todas partes. Pero a súa obra está dentro dos pará metros do sistema literario español, subsistema español (fronte aos subsistemas mexicano, arxentino, etc.).

Confundirmos lingua, cultura e etnia non é científicamente correcto (amais das perigosas consecuencias políticas que se poden derivar de tal confunsión). Os antropólogos e os lingüistas desde a Segunda Guerra Mundial para acó veñen alertando do perigo desta inconsistencia teórica (xa Vendryes nos anos vinte do século pasado erguía a voz científica contra a lingüística alemana naci, baseada na radical confusión de Kosina).

Cultura e sistema literario, son conceptos diferenciados. Maior o campo do concepto "cultura" do que o "sistema literario" é só unha parte.

No tocante aos escritores que escreben nunha lingua que non é súa (deixando fóra o caso dos diglósicos/bilingües de territorios como Galiza ou Cataluña, dentro dun estado con lingua oficial diferente á propia), está tamén dilucidado o concepto de "extraterritorialidade", sobre o que non me vou agora extender por non ser pertinente para a principal liña de argumentación: a diferenciación entre Cultura e Sistema Literario.

Aí está o quid da cuestión.

Un saúdo:

Xiao Roel

Anónimo dijo...

Tamén un coñecido e tradicional argumento o de Xiao, moi razonable de certo,e moi académico pero; a noveliña de vaqueiros que publicou hai anos, creo que Fernandez Ferreiro...¿ a que cultura pertence?...Paul Auster en galego pertence o sistema literario galego?...¿Pódese dar o caso de que moitas obras escritas en galego por galegos pertenzan ao sistema literario galego pero non á cultura galega?..Non sei...
Roi

Anónimo dijo...

Só agradecervos a altura que está a tomar este debate.

Anónimo dijo...

Boas tardes a todos

Incluso os que, sabendo que a lingua -que se constrúe coas palabras- é a máis alta expresión dunha cultura, teremos que aceptar nalgún momento... que non é a única.

Por tanto, ata os que sentimos o noso idioma como parte do noso sangue, do noso aire e do noso alento, talvez debiriamos admitir que pode haber cultura galega... noutras linguas.

Ou é que non tiñamos cultura -no sentido máis amplo do termo- antes de ter unha lingua romance?

Permítanme un chiste malísimo:

Non forman parte da nosa cultura os mudos?

Almiral Mouchez

Xan de Neipín dijo...

Almiral Mouchez:
O seu nin é chiste nin é malíisimo. É un razonamento absolutamente lóxico. Efectivamente, os mudos forman parte de pleno dereito da nosa cultura. E, con máis razón aínda, os escritores galegos que escriben en castelán. Todo iso dos sistema literario galego non deixa de ser un invento político-empresarial para xustificar unha solapada maneira de exercer certo "apartheid". O que hai é cultura, historia, literatura, economía galegas, pero que quere dicir sistema literario galego? Unha lista de escritores marcada dende a "inteligentzia" nacionalista (válianos Deus!)?

xiaoroel dijo...

Non. o concepto de sistema literario está clarísimamente artellado sobre a lingua vehicular da expresión literaria. E non ten nada a ver co nacionalismo nin con gaitas políticas. A cultura reflicte un xeito de estar no mundo, de interactuar con el, fóra de linguas, fora de emisións fónicas. Abrangue todas as actuacións máis alá do puramente individual.

Sistema literario reférese en primeiro lugar a un idioma e en segundo lugar a unha serie de riscos temáticos, estilísticos, etc. propios de todos os sistermas literarios.

Bon son mesturábeis, aínda que estexan interconectados.

Un saúdo:

Xiao Roel

dubidoso metódico dijo...

Xa, pero eu non o teño nada claro, señor Xiao.

Estamos falando de literatura en concreto, non de cultura en xeral.

Daquela, aplicando o seu razoamento, habería que falar de literatura galega e de sistema literario galego. Pero isto canta como o eixo dun carro, paréceme a min.

En todo caso, que facemos cos escritores bilingües? Teñen un pé no sistema literio galego e outro pé no sistema literario español nunha sorte de esquizofrénica personalidade? E isto de SLG é pertinente aplicado a épocas pretéritas? Habería SLG propiamente dito no século XIX?

Non sei, pero eu creo que hai que facer máis fincapé no "autor" (a despeito de Foucault) e na "obra".

No fondo de todo isto subxaz un problema incómodo: a presenza do castelán na cultura e en moitas actividades de todo tipo que se fan en Galicia. Unha incomodidade que se resolve co cómodo expediente historicista de falar de "lingua propia de Galicia" (coa polisemia que comporta a palabra "propia") e de "lingua ?" (máis ben non hai termo).

Certo é que o galego é orixinario ("propio" neste sentido) da vella Gallaecia, e que o castelán chegou ou trouxéronno (impuxérono) máis tarde.

Mais hoxe en día, cincocentos anos despois, o castelán é igual de "propio". Gústenos ou non. Hai moita xente que, polos máis variados motivos, tivo, ten e terá o castelán como lingua "propia", vivindo igualmente en Galicia como os que falamos e escribimos en galego. Gústenos ou non. Isto é así.

E tras este problema incómodo late a utopía do "monolingüísmo", que habería que revisar dalgún xeito, a ser posible favorecendo máis o galego por causas obvias.

Non sei, doutores ten a santa nai igrexa, e xa vai sendo hora de que se poñan a pensar alén dunha comodidade que, sendo "pura", se revela máis ben ineficaz.

deep trought dijo...

Acabo de leer en El País de hoy que Pujol tampoco apoya que los escritores catalanes en castellano acudan a la Feria de Frankfort. Lo bueno es que El País titula la noticia "Pujol apoya que sólo vayan a Francfort autores catalanes" (literal,ni siquiera habló de literatura catalana ni de "sistema literario catalán". Si fuera como el impreciso titular dice, mi admirado Herralde tendría un premio de consolación, pues Cataluña podría llevar a la Feria a Enrique Vila-Matas, a Eduardo Mendoza, a Molina Foix.
Por cierto Jorge Herralde mete a los autores catalanes traducidos al castellano (como Quim Monzó) en su colección "Narrativas hispánicas". Qué pasaría en Galicia si un editor gallego publicara solo en castellano y encajara "el sistema literario gallego" en "Narrativas hispánicas"?
Jo, que lío.

deep trought dijo...

Acabo de leer en El País de hoy que Pujol tampoco apoya que los escritores catalanes en castellano acudan a la Feria de Frankfort. Lo bueno es que El País titula la noticia "Pujol apoya que sólo vayan a Francfort autores catalanes" (literal,ni siquiera habló de literatura catalana ni de "sistema literario catalán". Si fuera como el impreciso titular dice, mi admirado Herralde tendría un premio de consolación, pues Cataluña podría llevar a la Feria a Enrique Vila-Matas, a Eduardo Mendoza, a Molina Foix.
Por cierto Jorge Herralde mete a los autores catalanes traducidos al castellano (como Quim Monzó) en su colección "Narrativas hispánicas". Qué pasaría en Galicia si un editor gallego publicara solo en castellano y encajara "el sistema literario gallego" en "Narrativas hispánicas"?
Jo, que lío.

Vasco Moscoso de Aragao, Capitao de Longo Curso dijo...

Estou con Xiaoroel: Cultura e sistema literario, son conceptos diferenciados. Maior o campo do concepto "cultura" do que o "sistema literario" é só unha parte.
Cataluña foi convidada a feira de Frankfort baixo o epígrafe "Cultura Catalana", e o debate derivou hacia a lingua, a literatura.
Os escritores catalans, galegos e vascos que escriben ou escribiron en castelán terán que ir a feira de Frankfort presentados por Madrid, pola Esperanza Aguirre ¿ou non?. ¿É iso o que lle espera aos nosos escritores galegos en castelán? Pois por este camiño doña Espe vai a facerse cunha boa nómina de autores.

filomeno2006 dijo...

Don Gonzalo Torrente Ballester defendió la Unidad del Archivo de Salamanca. Don César Antonio Molina, prologuista del libro "Torre del Aire", del gran escritor ferrolano.

Anónimo dijo...

O señor Filomeno enzorrobella todo co asunto da política: ¿que ten que ver as posicións políticas para pertencer ou non ao SLG? ¿Hai que ser nacionalistas ou progresista ou a hostia en verso para poder ter carné de tan selecto clube?

Vasco Moscoso de Aragao, Capitao de Longo Curso dijo...

O que lle pasa o asunto cando o debate e longo e que pode esquencerse a cuestión orixinal, que foi ¿Valle-Inclán galego?. O afán de brevedad de don Perfeuto nin siqueira deixa ver dito si fala do "escritor" galego, pero pode supoñerse. Entón, nin xuizos políticos y
nin SLG (que certamente soa a clube restrinxido ou a sociedade mercantil (con fin de lucro). Volvo a miña teima e pregunto. Si Galicia fora a invitada a Feira de Frankfort baixo a epígrafe "Cultura Galega", cál sería a nómina de autores, vivos o mortos que deberíamos levar?. Concretemolo debate. Fagamos unha lista-ficción.

deep trought dijo...

Filomeno, al parecer a tu pesar, "Los gozos y las sombras "La saga fuga de JB" o el cuento de la Sirena son parte de la cultura gallega, defendiera lo que defendiera su autor en uso de lus libertades democráticas. Otras obritas que andan por ahí no pasaran a la historia ede la cultura gallega por muy militantes que sean las manifestaciones nacionalistas de su sutores. DIXEM.

filomeno2006 dijo...

Las datos que he apuntado sobre el gran Torrente son demostrativos que era, al igual que Valle y Cela, un GALLEGO UNIVERSAL.

Anónimo dijo...

Quixera propor que só fora escritor ou escritora galega aquela persoa que recebera subvencións da moi amante do deporte da bicicleta, cara Ánxela Bugallo.
Concordo en que escritores galegos son só aqueles que escreben en galego, tirando, claro, do criterio filolóxico. É un xeito de defender a unha cultura minoritario e periférica e, sobre todo, de impedir que outros escritores apañen os cartos de acó, que son nosos e en parte da Unión Europea.
Claro que o criterio non sempre serve para todos. Poñamos un caso. Frei Martín Sarmiento, un bo tipo de bo corazón, escrebeu en galego?. Pois aí está con seu Día das Letras Galegas ao lombo.
E cando un escritor galego do sistema literario galego auténtico, escrebe en castelán para gañar-se unha pelas no Premio Nadal, traiciona a Galiza ou traciona só a Doleres Vilavedra, nai de todos os sistemas literarios galegos?.
E, digo eu, se a literatura galega é tan só a que escrebe calquer en galego, por qué a Biblioteca Nacional de Galiza que continúa a levantar a boa e xenerosa de Ánxela Bugallo (que lle poñan ao chollo un carril-bici), recolle e recollerá a obra de calquer becario bretón escrita en galego e, ademáis, oh Deuses celtas e celtíberos, aquela producida por escritores galegos en calquer lingua ou por rumanos sobre Galiza?.
A ver, Dolores Vilavedra, qué ten que dicer a isto?.
E o Cortello da Cultura Galega, mentres desata paixóns encontradas nos xulgados do Social, non ten nada que dicer?.
Non, se así imos.

filomeno2006 dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Anónimo dijo...

Nada, Filomeno, nada. Tes que mellorar a túa retranca. Se non cha collen é pola túa culpa.

pepito grillo (ubi bene, ibi patria) dijo...

Es divertido leer que todavía hay quienes no son capaces de diferenciar entre "escritor gallego" y "escritor en gallego"

¿Fue Joseph Conrad un "escritor inglés"? ¿un escritor polaco que escribía en inglés?

Nota bene: Jozef Teodor Konrad Korzeniowsky, llamado Joseph Conrad fue -según Larousse- un novelista británico de origen polaco ¡nacido en Berdichev, Ucrania! ...

Más madera!!!

Anónimo dijo...

Tan gallego como el gallego......

Anónimo dijo...

Un dos millores escritores vivos da literatura española escribe en francés: Jorge Semprún.
Pero ,por desgracia, ao antigo ministro de cultura de Felipe González todos o encadran na literatura francesa.

filomeno2006 dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,