miércoles, octubre 03, 2007
Gárgolas e Carides
O famoso negro literario de Fernando Sánchez Dragó xa volve a ter traballo. Podía encargarse de preparar unha versión nova de Gárgoris y Habidis, basada na conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María Xosé Caride, que podería titularse Gárgolas e Carides.
Dígoo porque a conselleira, se responde á petición que lle fixo o PP, vai ter que comparecer no Parlamento por pasar, na segunda quincena de agosto, varios días de vacacións nun chalet de Camariñas no que foi utilizado un camión alxibe do Concello para encher de auga a piscina que disfrutaron ela e os seus acompañantes. O asunto foi recoñecido polo propio alcalde socialista de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso de León, cando admitíu nun pleno, que tivo lugar a semana pasada, que un camión de propiedade municipal levou a cabo seis desprazamentos ao citado chalet no día 22 de agosto e tres viaxes máis o día 23 para transportar 10.000 litros de auga que serviron para encher a piscina. A propia conselleira Caride admitíu máis tarde que pasou dous días na casa dun coñecido en Camariñas, convidada polo alcalde, pero dixo que non sabe como se encheu de auga a piscina.
De seguir por este camiño, María Xosé Caride pasará pronto a engordar o capítulo das debilidades dalgúns dirixentes socialistas á hora de utilizar para o seu uso privado determinados medios públicos. Todo aquilo que comenzou no sur de España cando Alfonso Guerra mandou que o fora sacar dun atascamento un Mystere do Exército e que logo continuou o propio Zapatero movilizando aeronaves oficiais para ir de compras ao londinense Harrod's ou escoitar unha actuación da súa muller, Sonsoles Espinosa, en Berlín. A María Xosé Caride, por outra parte, a polémica non lle chega de novo. Como diría Sofía Mazagatos, está no "candelabro" por mor da praza que conseguíu na Universidade de Vigo, pola autovía do Barbanza e por algunha cousa máis. A Touriño os ananos aínda non empezaron a medrarlle, pero as conselleiras gotéanlle como as gárgolas, vistosamente adornadas ou non. Gárgolas e Carides, en fin.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
10 comentarios:
Eu sigo ca misma leria: ¿Quén carallo é López?
Está levando auga á piscina da conselleira.
Y, llegado allí, la regurgita como las gárgolas??
Xa está ben. Si os bombeiros nos tiñan lumes que apagar ¿por qué non podían facer prácticas co corpo serrano e xuvenil da conselleira?
Perfecto que é home de mundo, sabe que bañarse significa moitas cousas.
Querería, por tanto, a Conselleira a auga para bañarse, pregunto
Estimado Vasco Moscoso de Aragao, Capitao de Longo Curso:
Tras la cabal observación de los estupendos dibujos de López retumban como recuerdos ya vetustos tres palabras, siempre las mismas: armonía, energía, camino... ¿Le sugieren algo?
Quizá es el trazo, la intención, el gesto detenido en el dibujo...la melancolía del texto...Pero siempre la energía, el camino, la armonía.
No sé si le sirve de ayuda. Seguiré cavilando porque estoy seguro de que al final de ese camino que es armonía y energía, o viceversa, descubriremos el rostro sin duda amable de López
Quédolle moi agradecido, castigat ridendo mores (age quod agis), a música que vostede describe sóname moito, eu diría que a ritmos orientais e cadenciosos. Atreveríame a dicir que vostede e dos que son capaces de tocar a armónica e a guitarra ó mesmo tempo.
Pensarei nas pistas que me dou da identidade do López.
¿Quén carallo é López?
Moito se fala da fotoxenia da Bugallo, pero a min a Caride tamén me parece tanto ou máis fotoxénica.
Si señor Roel, temos que empezar a falar en serio.
Vostede darialles un 10 á Caride e a Bugallo, e a Villarino e a López Besteiro, que aínda están de bon ver, príngese...
Non sexamos machistas, señor Bastián. Eu falei só de fotoxenia, que é unha forma respectuosa e non ofensiva de admiración. Vostede, en troques, xa ven coa cousa esa da puntuación, como se as mulleres participasen nun concurso de gando. Eu dese xuri non quero formar parte.
Publicar un comentario