martes, octubre 09, 2007
Francfort, e se fose Galicia?
Hoxe comenza a Feira Internacional do Libro en Francfort coa polémica servida. Este ano a convidada de honra é a cultura catalana, que acude só con autores que escriben en catalán. Cento corenta actos literarios e académicos, 65 espectáculos e 15 exposicións, sobre unha superficie de 171.790 metros cadrados, na que serán expostos máis de 388.000 libros e pola que circularán arredor de 800 artistas participantes na celebración máis importante do libro.
Hoxe en El País, Josep Bargalló, director do Instituto Ramón Llull e coordinador da presenza catalana en Francfort, di que "nesta feira trátase de mostrar a literatura que nos singulariza como cataláns, a que nos é propia e que xunta os diversos territorios de lingua catalana". E, cando o entrevistador lle retruca preguntándolle se escritores como Juan Marsé ou Eduardo Mendoza (que escriben en castelán) son cultura catalana, Margalló, que é nacionalista, responde: "Si, pero cultura española tamén. E Quim Monzó tamém, aínda que igual o discute... ou non. En calquera caso, é o que dicía o outro día o ex presidente da Generalitat Jordi Pujol: Rilke e Kafka son checos, pero non forman parte da literatura checa senón da alemana porque escriben nesa lingua. Quen escolle unha lingua para escribir sabe que está escollendo unha literatura. E dende o primeiro momento tiñamos claro que non viñamos a Francfort explicar dúas literaturas".
Que pasaría se fose Galicia a convidada a Francfort? Resulta evidente que, se se aplicaran aquí os criterios da administración actual de Cataluña, a feira do libro máis importante do mundo tería lugar sen a presenza dos galegos que actualmente escriben en castelán que, ainda que non sexan Valle-Inclán, Cela, Torrente, Camba ou Fernández Flórez, algún haberá que mereza a pena e sen ter que recurrir a Marta Rivera de la Cruz.
Os lectores poden dicirme que esta polémica xa tivo o seu curso neste blog hai poucos días, pero eu non resisto a tentación de volver a plantexala á luz da feira francfortiana. Os que quieran participar teñen a palabra. Por exemplo, temos nós un Juan Marsé? Un Eduardo Mendoza? Unha Cristina Peri Rossi? Que é a nosa Luísa Castro?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
16 comentarios:
Eu xa sei onde queredes ir dar coa apertura de fíos coma este. Estades a facerlles o caldo á dereita recalcitrante, que non é outra ca de Feixóo e de tan gallego como el gallego. Vosotros veredes.
A min paréceme moi ben o que está facendo os cataláns, e oxalá o fagamos os galegos algunha vez. Escritor galego e quen escribe en galego e cultura galega a que sustenta o noso idioma. Todo o demais son distintas formas do colonialismo español.
Vamos, paréceme que xa está ben, os argumentos están claros e dende fai tempo, e de nada sirben se non se quere escoitalos.
Imos rasgarnos as vestiduras porque supoñamos haxa uns escritores nados e residentes en Galicia que escriban en español e o fagan admirabelmente, e por escribir nesta lingua española, queden sen ir a feira internacional.
Pois as cousas claras amigos, a responsabilidade non sería dos organizadores que decidiron levar só a escritores en lingua galega. Senón da organización española que non os recoñece, deberían ir na representación española.
E o demais son gaitas
Felizmente, nós non temos casos como os de Juan Marsé ou Eduardo Mendoza, e as nosas Cristina Peri tampouco existen. Luísa Castro é un caso aparte.
Aínda a pesar do mal que nos podan estar indo certas cousas, os escritores que viven e crean en Galiza (Rivas, Suso de Toro, Ferrín, etc.) todos escriben en galego e fanse traducir logo ao castelán ou a calquera outro idioma. Hoxe sería difícil que se deran casos como os de Manuel Murguía, Camba ou Fernández Flórez. O sistema literario galego está abondo desenvolvido e a conciencia cultural e política dos creadores abonda para que o uso do galego estea totalmente admitido, adoptado e promovido.
Nestas circunstancias, escribir en castelán en Galiza é algo semellante a escribir en inglés, en francés ou en calquera idioma. De feito hai escritores deses idiomas que viven total ou parcialmente na nosa terra e que empregan a súa lingua para seguiren traballando na súa literatura. Como Manolo Rivas, que se foi un ano vivir a Dublín, e alí seguíu escribindo en galego.
Sobre a pregunta de quén é Luisa Castro, paso amplamante.
Semella claro que para ser escritor en galego ou escritora, hai que ter dous chollos, profe resulta ser o máis apetecido. Iso se es escritor, que como sexas poeta...
Logo é conveniente abacelarse ben en dous sistemas literarios, que iso fano todos. Escreber en galego e tamén en castelán, e sacar a novela en ambolosdous idiomas ao mesmo tempo, caso de Lois Rey Núñez coa súa novela sobre Urbano Lugrís.
Logo, se queres ser escritorazo ou escritoraza, amárrate ben ao pao maior dun grupo super-mega-multimedia, por exemplo PRISANOSTRA, e agarda a que che caean libros de encarga sobre o Camiño de Santiago.
Para solucionar esta penosa situación, está desde tempo imemorial a Fundación Barrié de la Maza, pero hoxe está máis moderno apañar cartos na Consellería de Cultura. Unha conferencia na diáspora americana; un detallito en Brasil co tema manido da lusofonía; unha viaxe a NY, a ver rañaceos de verdade... Sí, definitivamente, o noso sistema literario da moito de sí. Por iso Luisa Castro, que sabe latín clásico, vive agora por estos pagos galegos e trincou hai anos un pastón por "coordinar" un cd de poetas galegos recitando vaia vostede a saber qué, entre os que se contaron as descoñecidas voces de Alfredo Conde, Salvatore García Bodaño e así.
En fin, que o que quería decir é que hai que ser "transversal" e deixarse de gaitas mornas ou frías.
Xogámonos o noso futuro como Nazón sen Estatuto.
E o López -o a López-, elle galego o galega?
Estes rompegüevos que andan xogando con esa merda de preguntar onde vai ou quen é López poden reventar este foro agora que empeza a estar interesante. O administrador debería metelos a rego e, se for preciso, facer que fosen en bora.
Poi que me fagan ir en bora ou a Bora Bora, pero eu teño que saber quen é López. Ou Lópeza.
É curioso que sempre haia esta polémica coa literatura galega (= escrita en galego), e non con outras expresións artísticas, cando hai ben pouco a Consellería de Cultura levou ó Popkomm de Berlín, como representantes da música galega a Faltriqueira, Berrogüeto e Lamatumbá (expresanse en galego), a Deluxe (expresanse en inglés e en castelán) e a Catpeople (expresanse en inglés). Catpeople pertence á musica galega ou á música inglesa, norteamericana, novaceandesa, australiana ou naqueles paises no q ue o inglés sexa lingua de seu?. Porque o inglés tampouco é a lingua propia do Estado español (por agora)
Eu, que levo moitas millas navegadas, xa estaba no utro post preguntando si estaría ben que Esperanza Aguirre levase a os escritores en castelán que non son quen para ser amparados polas culturas das distintas nacionalidades do Estado.
Don Perfeuto, por certo, ten que contaxiar a súa tolerancia a algún foreiro anónimo, ese que, si fora preciso, eso sí (¿quen din cando é preciso?) quere que nos envíen en bora. Por certo, Xan de Neipin, a Bora Bora apúntome tamén eu.
Bora- Bora......lusista ?
E máis as Bímini e as Bikini, ou non?
Para o anónimo rompegüevos:
Eu convidaba ó López a un bo xantar, maiormente por saber quén raio é. Levo unhas semanas recollendo pistas neste blogo e cada ves atópome máis atribulado:
que si é de terras de Miranda; que si navegóu polo Sidoiro; que si toca armoniosamente a jitarra; que si toca a harmónica con enerxía; que si é ou non é o ferrolán Siro López...
Nova teoría: ¿E si ven sendo a rapasiña que o Sr. García Sabell fixera desaparecer da foto con Sr. Valle Inclán?
Es divertido leer que todavía hay quienes no son capaces de diferenciar entre "escritor gallego" y "escritor en gallego"
¿Fue Joseph Conrad un "escritor inglés"? ¿un escritor polaco que escribía en inglés?
Nota bene: Jozef Teodor Konrad Korzeniowsky, llamado Joseph Conrad fue -según Larousse- un novelista británico de origen polaco ¡nacido en Berdichev, Ucrania! ...
Más madera!!!
Podíase formar unha comisión de escritores galegos (= en galego) para que fosen de xira promocional a Bora Bora, ás Bímini e ás Bikini. Todo convenientemente sufragado pola Consellería de Cultura. Quen se apunta?
Bora- Bora ? Gosto!......Tora- Bora ? Nao gosto.....!
Lista de escritores adheridos:
... continuará
Publicar un comentario