domingo, octubre 07, 2007

Amarrou en Reganosa o octavo gaseiro


Minutos despois das tres da tarde de hoxe, rematou de atracar no peirao de Reganosa en Punta Promontoiro, ría de Ferrol, o octavo barco gaseiro que descagra na polémica regasificadora. Trátase do LNG Cross River.
Os veciños de Mehá que están pechados no salón de actos do Concello de Mugardos acudiron con pancartas a protestar á beira da fábrica, onde se xuntaron con eles numerosas persoas que se desprazaron dende Ferrol, seguindo a convocatoria realizada polo Comité Cidadán de Emerxencia. Coas pancartas e a través de berros, os concentrados expresaron dúas ideas básicas: Planta de gas fóra da ría e A ría é nosa e non de Reganosa.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Situacións como esta, xustifican o emprego da violencia politica, cando fallan todos os resortes de seguridade para a poboación.

Anónimo dijo...

¡Ya sólo falta otro "Prestige" y otro "Tireless".......!

Anónimo dijo...

Clausuraron unha pranta xemelga en Brindisi (Italia), onde semella que fixeron falcatruadas parecidas ás de Galicia.
Por outra banda, me parece unha frivolidade o chamamento á "violencia política". ¿Qué é violencia política? ¿Fallaron xa todos os resortes?.
Contra a planta de Mugardos, un mínimo de seriedade, porque é moi doado facer estes chamamentos e que despois paguen o pato os veciños.

Anónimo dijo...

Notas pra non mofarse máis da xente:

As autoridades locais de Brindisi (é decir, o equivalente ó concello de Mugardos) e as autoridades regionais da Apulia (é decir, o equivalente ó goberno da Xunta de Galiza) opóñense á construción da planta de gas no porto de Brindisi.

A Comisión Europea achegóu o derradeiro Agosto unha nota ó Ministro de Industria de Italia sinalando que a planta de gas de Brindisi non cumpría coa normativa europea e que Italia sería sancionada consonte á lexislación.

Ú-las similitudes con Mugardos?

Respectado periodista: esquecéu xa a conveniencia -inda que enoxosa- da verificación dos datos e as fontes?

Anónimo dijo...

Que razón teñen os veciños de Mugardos¡ e Que triste resulta que tardasen tanto tempo en darse conta¡
Precisamente agora que hai un goberno "de esquerdas", alomenos unha parte, é cando soan as voces contra a planta.
Triste, compañeiros, triste que non deixemos que unha Galicia progresista se consolide antes de empezar a darlle caña.
Cando non é o alzamento nacional é a exaltación emocional