Machadada fatal no gerundismo. Así titula hoxe o portugués Ferreira Fernandes a súa columna que aparece en Diario de Noticias. Lembra e comenta un caso que eu non dubidaría en calificar de boa práctica política. O gobernador de Brasilia, José Roberto Aruda, asinou o seguinte decreto: "Decreto número 28314. Art. 1º - Fica demitido o Gerúndio de todos os órgâos do Governo do Distrito Federal."
O xerundio, como di Ferreira, é a modo de un tempo verbal que non fai, vai facendo. Touriño non goberna, vai gobernando. Quintana non canta o himno, vaino cantando. Feixóo non respecta a Fraga, vaino respectando. A única excepción do xerundismo quizais sexa Antón Losada, que non é que vaia sendo un túzaro. É que é mesmamente túzaro.
Houbo un tempo en que os publicistas –agora gostan de seren chamados creativos– non paraban de usar o xerundio. Fecendo país, creando ideas, alongando a vida... Valíalles calquera cousa con tal de que fora xerundio. Había un, amigo meu, que sempre se cabreaba comigo porque lle dicía que era da panda do xerundivos. Agora non é que lles pasara o andacio, pero botan menos man dos xerundios.
Tamén lles pasa o mesmo a moitos escritores que non son quen de artellar dúas frases subordinadas sen que leven outros tantos xerundios. Non vou dar a lista deles porque menguaría aínda máis a nómina dos que aínda me queren ver diante, pero celebro moitísimo o decreto do gobernador de Brasilia. A ver se se anima Méndez Romeu a mandar á firma algo parecido, pero que non empece dicindo considerando...
6 comentarios:
Que bo este post, amigo Conde. Estaba hoxe en vea e saiulle redondo, perfecto.
A persoa que lle deixou o chalé ao Presidente Touriño para veranear a carón da Lanzada non é anticuario, é o Señor Garriga do Carballiño (como se desenvolve o Pachi, eh?), e comezou dedicándose aos seguros, as axencias de viaxes, para despois seguir coa inmobiliaria, xa sabe de todo, ainda que ultimamente ten moito que ver co tixolo
Certamente, meu amigo, algunhas pezas do teu blog son pra poñerlles un marco. Onte, ainda a primeira hora da tarde, semellaba que vostede andaba estreñido. Abro o blog pola mañanciña ben cedo e atópome con dous post que vanme axudar a rematalo dia.
Ánimo tamén ao López, sexa quen sexa.
Do you know, dear Perfect?,
- Ayer leí el librito sobre Valle que escribió para el concello su nieto bibliotecario (bueno y oportuno). Un dato: el Partido Galeguista defendía la galleguidad de la obra de Valle (quizás a su pesar). Sin embargo hoy la línea "oficial" de la cultura galleguista mantiene que ni Valle ni Torrente son escritores gallegos.
Estadesme a tolear, ¿qué raio é iso do López, a harmonía, a enerxía, o carallo vintenove na Habana? ¿E a jitarra e a harmónica? ¿Tentades faser unha orquesta, unha Peris do Noro? ¿Son mensajes no clavo de D. Perfeto?
¿E o latín? ¡Manda truco! Acó xa descontrolo. Ainda que podo retrucar o Dominus boviscum (¿era así o dos bois do amo?) non teño tan certo o Ave María Purísima (sejuro que é latín polo milajro).
Dende o primeiro día que o miréi degoro por coñeser o Lopez. O Siro non mo parese xa que é mais falagueiro.
Sexa quen sexa, que viva o López... pero ¿non podía mandarnos un recadiño por ter unha pista e desacougar un cachiño?
A ver se a miña pista lle vale. Para min que o tal López é nativo das terras de Miranda.
Publicar un comentario