miércoles, octubre 17, 2007

Embaixadora galega ben pagada

Acaba de anuncialo o PPdeG. A socialista María Xosé Porteiro, flamante delegada da Xunta de Galicia en Arxentina, vai gañar máis ca un conselleiro, case 7.000 euros ao mes, nun país no que o promedio salarial non chega a 600 e nunha cidade, Buenos Aires, na que ir ao cine custa entre 1,70 e 2,50 euros, pagar unha entrada do Teatro Colón de 1 e pico a 30 euros, ir ao fútbol entre 3,5 e 11 euros, comer unha pizza pouco máis de 1 euro, unha boa parrillada para dúas persoas a partir de 3,5 euros, almorzar nunha cafetaría abondo menos de un euro, facer un percorrido de oito minutos en taxi menos de dous euros, comer á carta a partir de tres euros, comprar o xornal pouco máis de 3o céntimos e dormir nun hotel de cinco estrelas 190 euros, 110 se é de catro, 40 de tres, 22 de dúas e 15 de unha estrela.
Non parece logo que a primeira "embaixadora" galega que nomea Touriño vaia pasar fame no país onde se come a mellor carne do mundo e se beben algúns dos mellores viños tintos, os de Mendoza, e tamén dos blancos, os de Salta. Porteiro é, ademais, persoa ilustrada e vivirá no paraíso das librarías da rúa Corrientes, aínda que xa non son o que foron, e nas boutiques de Maipú, por exemplo, e por lugares nos que seguen abertos centros comerciais que conservan preciosos murais de Luís Seoane. Non sei se aínda vivirá o Fechorías, un galego peculiar que era dono dun restaurante de postín do mesmo nome polo que pasaba o tout Buenos Aires da política e da farándula. Con tanto carto que vai gañar a Porteiro se cadra ata podía montar nun lugar coma ese o seu despacho oficioso. Houbo un tempo pasado no que un embaixador de España case chegou a facelo, pero Fechorías botouno da súa casa de mala maneira. Desexámoslle mellor sorte á embaixadora galega.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

María Xosé Porteiro é todo un caso de nulidade política ascendida sen méritos ás maís altas cuiñas diplomáticas. Algo semellante ao portavoz do PSOE no Parlamento galego, Ismael Rego, que leva non posto sen se lle entender nada desde hai uns anos.
Claro que María Xosé pode ser demasiado e rematar por provocar un conflito diplomático. E agora que falamos de diplomáticos... ónde fica aquel embaixador da Xunta, Miguel Cortizo, que cada día se parece máis a Zaplana?.
Retornemos a María Xosé. Que se saiba, esta muller non ten outro mérito que o de ser política profesional do PSOE, exatamente igoal ca Xosé Antón Perozo, escritor que gaña premios literarios en autonomías, deputacións e concellos gobernados polo PSOE. Ela e máis él foron comentarista na Cadena Ser durante o verán de modo que cada día atrapaban entre ambos, sen formar parella, pois case o produto interior bruto anual dun comarca rural galega en declive.
Perozo leva anos asesorando ao alcalde de Santiago de Compostela, Sánchez Bugallo, alcumado cando era do MCG como "Nitro", algún día -cando pague o señor director- contareilles a razón, e non lle vai mal ao rexedor, e mira que os consellos deben ser consellos da Señorita Pepis, pero, bah, o que mola agora é falar da embaixadora plenipotenciaria galega na Arxentina. E os do Bloque montando "galescolas"... e os do PSOE montando embaixadas. Non me digan. Non hai color. Pero o rostro élles o mesmiño.

Anónimo dijo...

Ela é unha das escritoras que a Consellería de Cultura e o chamado Sistema Literario Galego recomendaban, desde Frankfurt e con cartos públicos, traducir. Os comentarios fáganos vostedes.

Anónimo dijo...

Eu tamén me teño preguntado polos méritos desta señora. E sego preguntándome...