Esta podía ser unha foto histórica. De esquerda a dereita, José Barata Moura, Vitorino, José Jorge Letría, Fausto, Manuel Freire, Zeca Afonso e Adriano Correia de Oliveira.
Onte púxose á venda en Portugal un disco homenaxe a Adriano Correia de Oliveira, "o heroi dos cantores de intevençao da resistencia antifascista e do Portugal de Abril", segundo o definíu Miguel Azevedo no xornal lisboeta Correio da Manhâ. "O mais corajoso de todos, o primeiro a cantar os versos poribidos, a cançâo que punha em causa o regime e a guerra colonial", por dicilo con palabaras do poeta portugués Manuel Alegre, naceu en Avintes (Vila Nova de Gaia) o 9 de abril de 1942, e morreu no mesmo lugar o 16 de outubro de 1982.
Foi unha das grandes voces do Portugal e da xeneración de Zeca Afonso, co que gravou o seu primeiro disco, Fados de Coimbra, e con quen compartíu inquedanzas políticas e culturais. "O seu legado, como acaba de salientar Miguel Azevedo, poucas veces foi lembrado à altura da sua importáncia mas sempre teve a particularidade de despertar o fascinio de quem o descobre pela primeira vez. Ele cantava en qualquer sitio. Desde que houvesse uma viola ele até cantava em cima dum tractor".
Agora, temas como Trova do vento que passa, Tejo que levas as aguas, E alegre se fez triste, Para Rosália ou Rosa de sangue pódense volver a escoitar nas voces de Ana Deus, Raquel Tavares, Miguel Guedes, Tim, Vicente Palma, Nuno Prata e Margarida Pinto neste novo disco que nos devolve a figura do gran Adriano Correia de Oliveira que case sempre se servíu dos poemas de Manuel Alegre para facer as súas cancións.
"Bendita a época em que os músicos pensavam e cantavam", palabras de Ana Deus, que tamén dixo que "isso perdeu-se".
3 comentarios:
Bendita a época en que os músicos pensaban e cantaban... Seica agora, en vez de pensar, van aos platós de televisión e, no canto de cantar, contratan a Xurxo Suto para que os saque na Radio Galega.
Efectivamente é unha foto histórica. Están nela os grandes mitos da canción portuguesa que liderou Zeca Afonso e que foi, coa francesa e unha parte da italiana, a manifestación maís evidente e rica do que podía dar de si o compromiso artístico.
Grandola vila morena sempre!
Tempos aqueles, don Perfeuto, nos que o Zeca alimentaba o noso espírito por Compostela adiante. Lémbrase? Eu teño estado no seu despacho da prazola de san Miguel cando vostede dirixía dende ali os primeiros pasos da Gran Enciclopedia Gallega e os portugueses pasaban visitalo.
Perdoe que non me identifique. Vou vello, barrigán e até ocupo un carguiño de certa importancia.
Pero iso si, leo case todos os días.
Saúdos
Publicar un comentario